PEPE VAAMONDE GRUPO
AVIOUGA
- Xénero:
- Folc
- Ano:
- 2002
- Discográfica:
- DiscMedi
Descrición
O gaiteiro Pepe Vaamonde interpreta co seu grupo temas tradicionais e compostos por el mesmo. Primeiro traballo como grupo folc, aínda que el xa publicara outro cd como gaiteiro solista. Unha aposta moi creativa e orixinal impecablemente interpretada.Intérpretes:
Xesús Vidal: baixos.
Pepe Vaamonde: gaitas galegas, frautas de pico, low whistle.
Nacho Tobío: acordeón.
Pipo Alvariño: guitarra acústica, guitarra española, piano.
Andrés Vilán: percusións.
Produción: Pepe Vaamonde Grupo.
Edición: DiscMedi.
Pezas
- San Froilán. PEPE VAAMONDE.
- Gurriandal. PEPE VAAMONDE.
- A Santeira. NACHO TOBÍO/TRADICIONAL CANADIANA.
- Marchas cun golpe. TRADICIONAL.
- Os amantes da Barbanza. PEPE VAAMONDE.
- Alalá de Pradías. PEPE VAAMONDE.
- Xota 76/Saltareira. PEPE VAAMONDE.
- Caninquedo. PEPE VAAMONDE.
- Adeus. TRADICIONAL.
- Oitavén. TRADICIONAL.
- Marcha procesional de Ponteareas. PEPE VAAMONDE/TRADICIONAL.
- Aviouga. PEPE VAAMONDE.
ONDE NACE O VENTO
- Xénero:
- Folc
- Ano:
- 2005
- Discográfica:
- DiscMedi
Descrición
No 2005 edítase o segundo traballo discográfico de Pepe Vaamonde Grupo (PVG) “Onde nace o vento” baseado no seguinte elemento da natureza, o vento. Cunha producción máis elaborada presenta unha novidade con respecto ao disco anterior, a inclusión de pezas cantadas. Isto abre unha nova vía que realmente dá maior prexección ao grupo.
Neste disco colaboran Xurxo Fernández e María Vidal coa voz en “Ares de Montillón” e “Alalá de Toutón”, John Joe Kelly (Flook), John McSherry, Xavier Cedrón e Roberto Somoza.
Pezas
1.Protodanza
2.As donas do vento
3.Ares de Montillón
4.Sopros do mar
5.Muiñeiras
6.Xotando
7.Vendaval'
8.Alalá de Toutón
9.Aturuxeira / Area
10.Meu neno querido
11.Xota de Folgoso
INTROTERRA
- Xénero:
- Folc
- Ano:
- 2009
- Discográfica:
- Pko Studio
Descrición
No ano 2009 edítase o terceiro traballo discográfico do Pepe Vaamonde Grupo (PVG) “Introterra”, o máis completo en canto a producción e son. Este disco, adicado á terra e á música de raíz galega, presenta unhas pezas moi elaboradas afondando nas cancións cantadas en estilos moi propios da tradición galega (muiñeiras vellas, xotas, …) e novos camiños que están por explorar, como podemos comprobar na última pista do disco, “Dúas olladas” –música de cámara de corte clásico composta para piano e gaita, interpretada e gravada en directo.
Este é sen dúbida o traballo máis maduro e ambicioso, por isto, decidiron gravalo en PKO STUDIO (Boadilla del Monte - Madrid) e así amosar as posibilidades e o son dos instrumentos acústicos, xunto con unha exemplar execución instrumental.
Colaboran neste disco Francisco Javier Feijoo CHISCO nas voces, María Vidal e as Pandereteiras dos Vilarachos, Abraham Cupeiro, Carlos Bastón e Brais Monxardín.
Pezas
1. Introterra
2. Toutón
3. Antaruxas
4. Brincadeiras
5. Xota do entroido
6. Ollos
7. Monte Pindo
8. Xota de Vilarón/Xota da Coruña
9. Tirilán