GAITEIROS DE SOUTELO DE MONTES
GAITEIROS DE SOUTELO DE MONTES
- Xénero:
- Grupos de música tradicional
- Ano:
- 1992
- Discográfica:
- Sons Galiza
Descrición
Recopilación de tódalas gravacións que fixeron Os Gaiteiros de Soutelo a mediados do século XX. Sen lugar a dúbidas é un dos discos imprescindibles para todo gaiteiro ou gaiteira tanto polo seu repertorio, como pola incomparable interpretación deste mítico cuarteto.Edición: Sons Galiza
Editado tamén por Sons Galiza como volume 1 da colección [i]Escolma de música galega[/i], en 1992.
Pezas
- Eicho de dar queridiña.
- Farruquiña chaman a porta.
- Muiñeira de Chantada.
- Foliada de Tenorio.
- Estroupeles troupele.
- Foliada de Luxán.
- A volta da festa.
- Fandango de Pontevedra.
- Alborada Rosalía de Castro.
TERRA DE MONTES (Imprescindible)
- Xénero:
- Grupos de música tradicional
- Ano:
- /06
- Discográfica:
- Ouvirmos
Descrición
Se hai uns gaiteiros lendarios na Galiza eses son Os Gaiteiros de Soutelo de Montes (1.919-1.936), e moi particularmente, o seu líder, Avelino Cachafeiro.Esta é a primeira vez que se compilan a totalidade dos seus rexistros sonoros realizados en Ourense en 1.928, entre os que se atopa a primeira gravación da popular Muiñeira de Chantada.
Os Gaiteiros de Soutelo considéranse o máximo expoñente do tradicional cuarteto de gaitas, así como un referente estético e musical para as xeracións de gaiteiros posteriores.
Intérpretes: Os Gaiteiros de Soutelo
Compositores: Tradicional / Popular/ Canuto Berea
Investigación musical: Juanjo Fernández.
Edición: Ouvirmos.
Coleción: A TIRACOLO.