SON DE SEU
MAR DE VIGO
- Xénero:
- Folc
- Ano:
- 2004
- Discográfica:
- Boa Music
Descrición
Primeiro traballo discográfico desta innovadora agrupación de xóvenes intérpretes da Escola de Artes e Oficios de Vigo. Son de seu é unha orquestra formada por arpas, zanfonas, gaitas, percusión, pandeiretas, voces, requintas e violíns. Neste traballo interpretan temas tradicionais e de composición conseguindo un son único e innovador. Intérpretes: Lorena Reinaldo: arpa. Alba Barreiro: arpa. Elena Paz: arpa. Josefa Fernández: arpa. Paula Oanes: arpa. Xulio Abal: arpa. Rosalía Rodríguez: arpa. Pablo Ces: percusión. Virxilio Rodríguez: percusión. Xose Anxo Pardo: percusión. Victoria Pérez: percusión. Eva González: percusión. Marilú Campos: percusión. Ana Belén L. Villar: gaita. Xose Manuel L. Sanromán: gaita. Xoan Carlos Pardo: gaita. Raquel Domínguez: gaita. Xaquín Xesteira (profesor): gaita. Paula García: zanfona. Paz Martínez: zanfona. Iván Costa: zanfona. Iván Abal: zanfona. Teresa Gómez: zanfona. Beatríz Freire: zanfona. Rodrigo Quián: requinta. Pilar Vieira: requinta. Xaime Rebollo: requinta. Nuria Méndez: violín. Miguel R. Argibay: violín. Alfonso Merino: violín. Begoña Riobóo: violín. Itziar Solar: canto e pandeireta. Raquel Valcárce: canto e pandeireta. Mabel Martínez: canto e pandeireta. Rosa Martínez: canto e pandeireta. Teresa Santamaría: canto e pandeireta. Ana Cuesta: canto e pandeireta. Xela Conde: canto e pandeireta. Ana Domínguez: canto e pandeireta. Mar Ameijeiras: canto e pandeireta. Sara Malvido: canto e pandeireta. Colaboracións: Aida Gamallo Fernández. Mónica Iglesias Rodríguez. Lourdes Queimadelos Díaz. Gloria Durán Pérez. Rita Paredes Cayó. Melania González del Solar. Profesores das aulas: Alfonso Franco: violín. Xosé Liz: requinta. Fco. Javier Feijoo: canto e pandeireta. Xaquín Xesteira: gaita e percusión. Anxo Pintos: zanfona. Rodrigo Romaní: arpa. Produción: Anxo Pintos e Rodrigo Romaní. Edición: Boa.
Pezas
- Mar de Vigo. (Danza de San Adrián de Cobres/Xota de Sequeiros). TRADICIONAL/ TRADICIONAL. Arranxo: Rodrigo Romaní.
- Grixoa. TRADICIONAL. Arranxo: Anxo Pintos.
- Liñares. TRADICIONAL. Arranxo: Xaquín Xesteira.
- Noite. ANABEL L.VILLAR. Texto: Eduardo Blanco Amor. Arranxo: Anxo Pintos.
- Maurus. ANXO PINTOS. Texto: Fco. Javier Feijoo. Arranxo: Anxo Pintos.
- Rumbas de Monzo e Vergara. TRADICIONAL. Arranxo: Rodrigo Romaní.
- A Pequerrecha (A pequerrecha/Rueada de Rebordelo/Muiñeira de Piornedo). OS CAMPANEIROS/TRADICIONAL/HERMENEXILDO FERNÁNDEZ. Arranxo: Xaquín Xesteira.
- Carmiña no Berbés (Ven bailar Carmiña/Pasodoble do Berbés). TRADICIONAL/OS MORENOS DE LAVADORES.
TRASTEMPO
- Xénero:
- Folc
- Ano:
- 2007
- Discográfica:
- Fundación Son de Seu
Descrición
Trastempo significa a consolidación discográfica da primeira orquestra de música folk de España. Sondeseu publicaba no ano 2003 o seu primeiro CD, "Mar de Vigo" e acadaba recoñecementos nacionais e internacionais como o da prestixiosa revista Folk Roots ou o premio do diario "La Opinión". Agora, cunha produción artística mimada ó detalle, e con toda a implicación posible dos responsables de cada unha das seccións, Anxo Pintos, Xaquín Xesteira, Xosé Liz, Francisco J. Feijoo "Chisco", Alfonso Franco e Rodrigo Romaní, nomes todos eles ben coñecidos dos afeccionados, ''Trastempo'' ve a luz cunha saída inicial de 3.500 discos vendidos e sen dúbida está chamado a ser un dos traballos máis referenciados do ano musical. Trastempo é un traballo composto por pezas interpretadas pola orquestra no seu conxunto, pero hai un espazo noque cada sección convírtese en protagonista, o que define unha variedade tímbrica que xa no primeiro momento chama a atención e a sensibilidade do oínte. Xunto con temas tradicionais e arranxos contemporáneos. Trastempo vai acompañado dun DVD no que se pode contemplar a forza, a extraordinaria enerxía que desprenden os concertos da orquestra ao vivo e que amosan a capacidade de esta xove formación para conectar co público na complicidade que só a música feita con cariño, con honestidade e con conciencia de estar a traballar sobre un patrimonio común, pode transmitir. SonDeSeu son: Dirección xeral Rodrigo Romaní Harpas: Director Rodrigo Romaní Xulio Abal Alba Barreiro Josefa Fernández Paula Oanes Elena Paz Lorena Reinaldo Pandereteiras: Director Javier Feijoó (Chisco) Xela Conde Ana Mª Domínguez Sara Malvido Rosa Martínez Gloria Pérez Lourdes Queimadelos Teresa Santamaría Itzíar Solar Raquel Valcarce Noelia Vázquez Gaitas: Director Xaquín Xesteira Raquel Domínguez X. Carlos Pardo Xosé M. L. Sanromán Ana Belén L. Villar Xurxo Antúnez * Beatriz Riobó * Requintas: Director Xosé Liz Fernando Pérez Jaime Rebollo Pilar Vieira Zanfonas: Director Anxo Pintos Iván Abal Liliana Carro Iván Costa Ana Fariña Paula García Teresa Gómez Paz Martínez Víctor Soto Percusións: Director Xaquín Xesteira Marilú Campos Pablo Cés Eva González Anxo Pardo Viqui Pérez Sandra L. Villar Violíns: Director Alfonso Franco Miguel R. Argibay Nuria Zunzunegui Alfonso Merino Begoña Riobó Jose Varela Héctor Rodríguez Produción: Fundación Son de Se Edición: Fundación Son de Seu
Pezas
- ALÉN. TRADICIONAL/ ARRANXOS RODRIGO ROMANÍ
- A CAMPOSA. XOSÉ ROMERO SUÁREZ / ARRANXOS RODRIGO ROMANÍ
- VALSE DE AROUSA. TRADICIONAL. ARRANXO HARPAS RODRIGO ROMANÍ / ARRANXO VIOLÍNS ALFONSO FRANCO
- FOLIADA DE NOSTIÁN. MELODÍA TRADICIONAL ADAPTADA POR RAMÓN GONZÁLEZ ENRÍQUEZ / ARRANXOS XAQUÍN XESTEIRA
- DE MOSTAD A MILLARES. TRADICIONAL / ARRANXOS REQUINTAS XOSÉ LIZ
- COSTUREIRIÑA. TRADICIONAL / ANXO PINTOS
- NUN CACHO DUN ANACO. XOSÉ ZAS
- NAMOREIR@. ANA BELÉN L. VILLAR / LETRA TRADICIONAL
- O PARAÍSO. TRADICIONAL. Arranxos Javier Feijoó (Chisco)
- NENA MORENA. XULIO ABAL
- RAMANALAMA. ANXO PINTOS
- O CANTAR QUE NUNCA ACABA. TRADICIONAL / RODRIGO ROMANÍ
BARLOVENTO
- Xénero:
- Folc
- Ano:
- 2010
- Discográfica:
- Fundación Son de Seu
Descrición
Barlovento vai dedicado a aqueles homes e mulleres que se sinten herdeiros dun patrimonio cultural froito das necesidades vitáis dunha sociedade moito mellor adaptada ao seu entorno que a que actualmente vivimos.
A recuperación da antiga navegación a vela, a reconstrucción das embarcacións de madeira que noutrora surcaron os mares e as rías galegas, o seu uso no deporte, no lecer, na educación dos mais novos, ejemplifican o importante papel que as tradicions poden xogar dende o punto de vista social, antropolóxico e tamén económico.
Como a musica mais evocadora, o son do vento nas velas arrola a volta a vida da rica cultura marítima dos nosos antecesores, mergullada nun presente de acentos propios e brazos abertos ao futuro.
Pezas
1. Melchor de Cumieira
2. Alalá de Padrón
3. Mencer no camiño
4. Aires de Moscarnoia
5. Romance de Mirabella
6. O Galo de Leirado
7. Canto de Arrierio na Lomosa
8. Tradiculata
9. Nadal de Caroi e Reis de Rinlo
10. Espadelada de Penosiños
11. Barlovento