XARÍN
GAITEIROS DO INCIO

- Xénero:
- Grupos de música tradicional
- Ano:
- 1999
- Discográfica:
- Zouma records
Descrición
Neste primeiro traballo discográfico, o grupo Xarín interpreta repertorio tradicional (maioritariamente recollido no Incio e arredores) con gaitas en distintos tonos, acordeón, percusións e frauta traveseira. Con el, os "Gaiteiros do Incio" queren simbolizar unha festa, como gaiteiros de sempre que queren vivir na sociedade actual.Intérpretes:
Suso (Xesús Luis Fernández Rodríguez): frauta traveseira, gaitas en do e si b, voz.
Alberto (Alberto Fernández Dacal): bombo, platillos, cunchas e voz.
Óscar (Óscar Sánchez Rodríguez): gaitas en do, re e sol, tamboril, pandeireta e voz.
Totono (Antón Valcárcel Vázquez): acordeón e voz.
Cosme (Cosme E. Pombo Rodríguez): gaitas en do, sol e sib, bombo, clave e voz.
Neme (Nemesio Pérez Díaz): tamboril, pandeireta, cunchas, maracas e voz.
Produción: Xarín.
Edición: Zouma Records.
Pezas
- Birindo.
- Danza do entrenzado de Allaríz. TRADICIONAL.
- Muiñeira de "Os Airiños". Do repertorio dos "Airiños da Antigua" (Ferrería do Incio).
- Valse do Carballal. Do repertorio de Xoán do Carballal.
- Carballesa do Incio. Do repertorio dos "Airiños da Antigua" (Ferrería do Incio).
- Baixando do monte.
- Nosa Nai. Recollida a Paco da Ferrería.
- Pasodobres do Carballal e Paderne.
- Se vas a París. Recollida en Salcedo (Póboa de Brollón).
- Pasodobre e muiñeira do Courel.
- Xota dos Airiños.
- Rumba de Ibias - A Pomba.