Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / LEÑA VERDE

LEÑA VERDE

Web:
http://www.acontratempo.com

Recollendo o testigo dunha formación escolar homónima que existira no concello de Pol durante os anos 50 e 60, Leña Verde inicia a súa actual etapa no 1994, xuntando a un grupo de amigos -dous deles membros da formación histórica- arredor da festa e da música tradicional. Co paso dos anos o grupo musical define a súa liña de traballo e unha estrutura que, con cambios nalgúns compoñentes, se mantén ata a actualidade. Deste xeito, e tras un traballo lento e progresivo, conséguese crear un repertorio propio que amplía pouco a pouco a súa difusión grazas a actuacións por todo o país e fóra del (especialmente en Portugal e Barcelona) e tamén ás gravacións discográficas (cun primeiro álbum -"Leña Verde de Pol"- de 1998, outro -"Lares"- editado no 2003 e o máis recente "A contratempo", publicado en decembro do 2010). A incorporación dunha sección de danza e baile en 1997 proporciona un compoñente fundamental que, non estando presente nas edicións discográficas, si ten un importante peso no directo.

A CONTRATEMPO

Xénero:
Folc
Ano:
2010
Discográfica:
Duradisc

Descrición

Terceiro traballo discográfico do grupo folk Leña Verde, con temas de orixe tradicional e outros de autor creados e arranxados tendo como referencia a tradición galega. A formación, en activo dende o ano 1994 cun carácter eminentemente instrumental, incorpora para este disco dúas voces que interveñen en tres dos 12 temas.

Intérpretes

Noemi Basanta e Begoña Coya: Voz, pandeireta e pandeiro.

José Blanco: Acordeón.

José Antonio Brañanova: Bombo. 

Luis Cedrón: Guitarra acústica.

Lucía Cedrón: Piano, teclados.

Jorge Freire: Contrabaixo.

Pablo Huertas: Acordeón.

Carlos Abraira: Gaitas (Do, Sib), tin whistle, triángulo.

Jesús Penelas: Saxo alto.

Eulogio Rivas: Guitarras eléctrica e acústica.

Javier Rodríguez: Saxo alto.

Darío Tella: Saxo tenor.

Óscar Trigo: Gaitas (Do, Sib), tin whistle, saxo soprano, piano e programacións. 

Rubén Trigo: Tamboril, tarrañolas, bombo, caixón, udu e shaker.

COLABORACIÓNS:

Naír G. Abelleira: Recitado en (1).

Dani Flaco: Guitarras eléctricas e acústicas en (7).

Bruno Villamor: Gaita en Do en (9).

Manuel Vázquez: voz en (12).

Xaneco Tubío: pandeireta en (12).

Pezas

1. A contratempo (1:42). NAÍR G. ABELLEIRA / ÓSCAR TRIGO

2. Albor en Hío (4:10). TRADICIONAL / ÓSCAR TRIGO

3. Vira o vento e muda a sorte (3:47). CARLOS ABRAIRA

4. Cantarela (2:59). TRADICIONAL / BEGOÑA COYA

5. Porto Rielo (2:30). ÓSCAR TRIGO

6. A Farruca (2:54). TRADICIONAL / JAVIER RODRÍGUEZ

7. Rumba das nenas (5:52). TRADICIONAL / ÓSCAR TRIGO

8. Lembranzas (4:04). JAVIER RODRÍGUEZ

9. O burriño (2:31). PEDRO LAMAS

10. Malpica (4:17). TRADICIONAL / ÓSCAR TRIGO

11. Auga en Marte (3:31). DARÍO TELLA / CARLOS ABRAIRA

12. Panadeiro de Berlán (4:58). TRADICIONAL / ÓSCAR TRIGO