Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Discografía / CRISTINA PATO

CRISTINA PATO

Web:
http://www.cristinapato.com
Aclamada pola critica internacional como gaiteira e pianista, a ourensana Cristina Pato leva unha activa vida profesional adicada ao mundo da musica popular galega, que a levou a grandes escenarios de España, EEUU (Carnegie Hall 2006, Lincoln Center 2007, Nova York, Chicago Symphony Hall, Chicago 2007, Metropolitan Museum 2008; Seiji Ozawa Hall, Tanglewood, Massachussetts 2006), Portugal (Festa do Avante, Lisboa 2003), Reino Unido (Celtic Connections, Glasgow 2004), Francia, Italia (Etnofestival, San Marino 2002), Alemania (Ibero-Amerikanisches Institut, Berlín 2003) e México (Palacio de Bellas Artes 2004) e a colaborar en xiras internacionais de artistas da talla de The Chieftains, Yo-Yo Ma e Silk Road Ensemble (invitada polo compositor Osvaldo Golijov), Orquesta Sinfónica de Galicia, Orquesta Sinfónica de Tenerife (dirixida por Victor Pablo Perez) e a prestixiosa Chicago Symphony Orchestra (dirixida por Miguel Harth-Bedoya).

A sua carreira profesional inclue tres discos no mercado como gaiteira solista (Tolemia (1999), Xilento (2001) e Misturados (2007), The Galician Connection (2010) ) e dous como pianista acompañante (From Russia To Brazil, 2006), máis dunha vintena de colaboracions en gravacions de outros artistas entre as que se encontra "Yo-Yo Ma and Friends; Songs of Joy and Peace" (Sony BMG, 2008), e máis de 400 concertos as suas costas moitos deles gravados e emitidos por medios de comunicación tales como BBC, TVG, CNN ou RTVE e aclamados por medios graficos como The New York Times, El Pais ou The Scotsman.

Cristina compaxina a sua carreira como gaiteira cos seus concertos de piano clásico en auditorios como o do Festival Liszt de Rio de Janeiro (Brasil, 2001), o Lincoln Center de Nova York (EEUU, 2005), o Queen Sofia Spanish Institute (Nova York, 2006) ou o Festival Via Stellae de Santiago de Compostela (Xullo 2007). Neste ámbito da música clásica posue a Titulación Superior de Piano (1999 con Mención de Honra), a Titulación Superior de Teoria da Música, Transporte e Acompañamento (2001) e a Titulación Superior de Música de Cámara (2003 con Matrícula de Honra) todas elas polo Conservatorio Superior de Música do Liceu de Barcelona, baixo a tutela dos profesores Luiz de Moura Castro, Carmen Martínez e Lourdes Pérez Molina. Ademáis de realizar o Master en Artes Dixitais da Universidad Pompeu Fabra de Barcelona especializándose en Composición (música dixital, electroacústica); o seu proxecto final de dito master, Ansiedad, xa se expuso dentro da mostra internacional BAC03 (Barcelona Arte Contemporáneo) e no Auditorio de Galicia (Premio Jóvenes Artistas 2003).

En Maio de 2008 recibe o título de Doctor of Musical Arts pola Mason Gross School of the Arts da Rutgers University (NJ, EEUU) becada pola Fundación Barrié de la Maza. Ese mismo ano a Mason Gross School of the Arts da Rutgers University concedelle a Edna Mason Scholarship e o premio Irene Alm Memorial Prize á excelencia como investigadora e intérprete.

Na tempada 2006-2008 Cristina Pato consolida o seu compromiso coa música contemporánea realizando as estreas absolutas de obras tales como "From Air to Air" (de Osvaldo Golijov) co Silk Road Ensemble e Yo-Yo Ma (Carnegie Hall, Nova York, Septembro 2006); opera de camara "The Outlaw and the King" (de Mark Zuckerman) na Rutgers University (New Jersey, Decembro 2006); a obra "Norte" adicada a gaiteira (de Montserrat Torras) no New England Conservatory (Boston, Abril 2007); o "Trio Guernica" (de Octavio Vazquez) no Via Stellae (Santiago de Compostela, Xullo 2007, estreno nacional),o "Piano Concerto" (de Octavio Vazquez) coa Orquesta Sinfonica de Galicia (Palacio de la Opera, A Coruña, Novembro 2007); e a obra sinfónica "Rose of the Winds" (de Osvaldo Golijov) con Yo-Yo Ma e a Chicago Symphony Orchestra (Symphony Hall, Chicago, Abril 2007). No ano 2006 Cristina Pato xunto con Raquel Pato e Xan Padron, produce, compón e grava a banda sonora da película "El Hombre de Arena", estreada en Novembro de 2007. No 2008 colabora con Yo Yo Ma na gravación e promoción do seu disco "Yo Yo Ma and Friends; Songs of Joy and Peace" actuando en directo para programas da televisión norteamericana (Colbert Report, Early Show) e convirtese en membro oficial do Silk Road Ensemble. Co Silk Road Ensemble tocou na Asamblea Xeral das Nacions Unidas, no Harman Center, no Carnegie Hall, no Chicago Symphony Hall e no 50ª aniversario do Lincoln Center (concerto retransmitido pola PBS no seu programa Live from Lincoln Center).

TOLEMIA

Xénero:
Folc
Ano:
1999
Discográfica:
Zouma records

Descrición

É o seu primeiro disco, producido por Xoán Carlos Fasero, que é ademáis quen toca a guitarra, acompañado ao piano por Raquel Pato, irmá de Cristina.


"Le puse Tolemia, que significa "locura" en gallego, porque es un disco rompedor. La gente verá que esto no es precisamente lo más gallego que han escuchado con una gaita. Está desde lo más tradicional, la muñeira, hasta el pop, el funky, la música brasileña, la africana... Voy abarcándolo todo, lo cual es una locura".

Pezas

01. Tolemia
02. Nana Das Donicelas
03. Afrika
04. Trullada De Melon
05. Muineiras
06. Crisis
07. Lozana
08. Noite De Lua
09. Alala (Jota Par Ourense)
10. Bonus - Tema escondido

XILENTO

Xénero:
Folc
Ano:
2001
Discográfica:
Zouma records

Descrición

XILENTO é o segundo disco de Cristina Pato. O significado é famento e ambicioso… Neste caso de saber e de explorar as raíces culturais que unen a Galicia co resto do mundo. Algo así como a súa actitude ante a música e ante a vida.


Neste disco contou coa colaboración dos compoñentes de Madredeus e do coñecido músico de blues Javier Vargas, así como co violinista do grupo escocés de música celta Capercaillie, Charlie McKerron.


Xilento é unha palabra en ‘Barallete’, unha lingua inventada por afiladores de Ourense, que falaban músicos e canteiros da época, e que como acto de rebeldía solo entendían eles. Retaban así as prohibicións de aquel entón, entre elas falar galego.

Pezas

01. Os Sentidos
02. En O Sagrado En Vigo
03. Eu Chorei
04. Güirelé
05. Barrosanto
06. Vai De Amores
07. Os Teus Ollos
08. Amada Portuguesa
09. Celtic Blues
10. Escornabois
11. A Descerrajar
12. A Gaita De Melchor
13. Armada Portuguesa (Epílogo)
14. Los Sentidos
15. Y Lloré

THE GALICIAN CONNECTION

Xénero:
Folc
Ano:
2010
Discográfica:
Zouma records

Descrición

Nove anos despois do seu último disco en solitario Cristina Pato lanza o seu novo disco “The Galician Connection” en Febreiro de 2010. “The Galician Connection” é un disco íntimo, maduro e introspectivo que reafirma a fulgurante carreira de esta completa artista. É sen dúbida o disco que mostra a madurez dunha artista que soubo evolucionar. Coas colaboracións da incrible voz de Rosa Cedrón, o jazz-acordeón de Victor Prieto Trio, a profunda voz da mezzo canadiense Patrice Jegou, o violín de Javier Cedrón e o seu cuarteto de corda, o bouzouki de Carlos Beceiro e un longo etc. de amigos e artistas incluídos os membros da súa banda: Laura Amado, David G. Outumuro, Raquel Pato e Xan Padrón. O disco, gravado entre New York, Madrid, Galicia e Lisboa, é una produción de Cristina Pato para Zouma Records que cuenta con 12 temas de autor compostos por Cristina Pato, Victor Prieto, Xan Padrón, Rosa Cedrón e Raquel Pato entre outros. “The Galician Connection” é sen dúbida un disco moi persoal, sincero e intimista que conecta a gaita coa música contemporánea con temas como Caronte, Lamento ou Meniña Gaiteira, ao Jazz con Mundos Celtas ou Nos Altos de Washington ou aos clásicos norteamericanos con Sleepin’ Bee…sen olvidar a vertiente fresca e pop con temas como Rubias Envidias.” The Galician Connection” mostra tamén o outro lado de Cristina Pato acompañando ao piano as voces de Rosa Cedrón e a mezzo Patrice Jegou en temas compostos por Harold Arlen e Truman Capote, Raquel Pato e Rosa Cedrón (Sleepin’ Bee, Negro Caravel, Miña Nai Lúa). En “The Galician Connection” a gaita galega e o piano de Cristina Pato acércanse e conectan a música contemporánea, as vangardas ou o jazz… “The Galician Connection” é o comenzo dunha nova etapa na carreira dunha das artistas galegas con máis proxección internacional. Pioneira no trato e uso da gaita galega como instrumento global, Cristina Pato continúa dando a coñecer o instrumento galego por excelencia a través da música clásica contemporánea e da súa propia linguaxe.

Intérpretes

Rosa Cedrón, voz

Victor Prieto, acordeón

Patrice Jegou, voz

Javier Cedrón, violín

Carlos Beceiro, bouzouki

Laura Amado, voz

David G. Outumuro, percusión

Xan Padrón, sonidos digitales

Raquel Pato, piano

Cristina Pato, gaita, teclados y piano

Vince Cherico, batería

Blas Segura, bajo

Pezas

01. Mundos Celtas
02. Meniña Gaiteira
03. O Loito do Mar
04. A Sleepin’ Bee
05. A Pomba Dourada
06. Caronte
07. Miña Nai Lúa
08. Lamento
09. Rubias Envidias
10. Nos Altos de Washington
11. Arena y Aire II
12. Negro Caravel