Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Discografía / TIRULEQUE

TIRULEQUE

Web:
http://www.tiruleque.com
Na primaveira do 2002 nace como proxecto Tiruleque, consecuencia das inquedanzas musicais de seis rapaces, todos eles chegados do mundo da música tradicional.

Bebendo nas fontes desa tradición musical galega -tanto a través de recollidas como recurrindo aos cancioneiros- pero tendo tamén presentes outras moitas influencias, o grupo tenta fuxir de “etiquetas” que limiten a súa capacidade creativa, sentíndose simplemente identificado co termo “música galega” nun intento de clasificar o seu estilo. Neste aspecto, a máxima de Tiruleque é acadar o seu propio son, identificable tanto en temas tradicionais como nas composicións propias, campo polo que o grupo mostra unha maior predilección.

Nas suas actuacións están presentes instrumentos claramente unidos á música tradicional galega, mais empregados ao xeito propio do grupo. Reinterpretando en certa maneira a tradición, Tiruleque recurre a súa intuición musical á hora de arranxar melodías tradicionais e bota man da riqueza de instrumentos que esta música nos ofrece, pero dando un paso mais aló no uso das tonalidades e modos.

TIRULEQUE condensa nos seus compoñentes moitos anos de
experiencia dentro do mundo da música galega.

O grupo está formado por:
-- ANTÓN BUENO: contrabaixo, gaita, coros
-- ALEX FENTE: acordeón, coros
-- LUÍS GARCÍA: bombo con pratos, percusións, coros
-- MIGUEL HORJALES: caixa, percusións, coros
-- PABLO PINTOR: clarinete, gaita, pito galego, triángulo, voz
-- FERNANDO ROMÁN: saxo, clarinete, gaita, coros

Tiruleque

Xénero:
Folc
Ano:
2009

Descrición

Partindo da instrumentación e os sons tradicionais (cómpre lembrar que os seis integrantes do grupo son gaiteiros), Tiruleque abríuse a outras músicas e ritmos que enriqueceron o seu repertorio. Neste traballo atoparás composicións de seu e pezas tradicionais arranxadfas ao seu xeito, nas que os verás viaxar desde as muiñeiras, xotas, pasodobres ou rumbas do noso país, ata o klezmer, bossa nova ou mesmo o ska.

Tiruleque son:
-Antón Bueno Salto: contrabaixo, gaita e coros
-Alejandro Fente Balsa: acordeón
-Fernando Román Pérez: saxo soprano, clarinete, gaita e coros
-Pablo Pintor Sánchez: voz, gaita, clarinete, pito galego e triángulo
-Miguel Horjales Fraga: caixa, percusións e coros
-Luis García Corral: bombo con pratos, percusións e coros

COLABORACIÓNS:
- Ricardo Casás “Richi” (arranxo sección de ventos, saxo alto, zanfona)
- Lourenzo Castro “O Vendaval do Rosal” (trombón)
- Javier Trillo (trompeta)
- Lucía Viqueira (coros, pandeireta, aturuxos)
- Manuel Pintor, Paco Ulloa e Marta Horjales (coros)
- Jorge López (aturuxos)

PRODUCCIÓN: TIRULEQUE
EDICIÓN: Runa Records
PEZAS:

1-2.- Alvite-Queixas
3.- A Seña Lixandra
4.- Buscás
5-6.- SanSa
7.- Valzz de Teixeira
8.- Canto das mozas
9-10.- Sesión vermú
11-12.- Rillote'spadas
13.- Cen

Pezas