Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Discografía / SETE SAIAS

SETE SAIAS

SETE SAIAS

Xénero:
Folc
Ano:
2007
Discográfica:
Pai Música

Descrición

O dúo Sete Saias xurde no seo do Conservatorio de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo, concretamente na aula de arpa dirixida por Rodrigo Romaní. Marta Quintana e Clara Pino son a súas compoñentes, dúas mulleres galegas que amosan no seu traballo a orixinalidade, a beleza e o contrapunto nas arpas e nas voces. A paixón pola música é común a ambas compoñentes de Sete Saias, algo que queda claro vendo o seu paso por diversos grupos e corais antes de ingresar no citado Conservatorio de Música Tradicional de Vigo. Neste primer proxecto musical abarcan no só a música tradicional, que é a principal fonte de inspiración deste traballo, senón tamén a música de autor, contando con temas propios. Ademais, contan coa colaboración de grandes artistas como é o caso de Rodrigo Romaní (autor dalgúns dos temas e arranxos), Xosé Manuel Budiño, Xosé Lid y Fernando Abreu nun total de trece temas producidos xunto a Segundo Grandío. Así mesmo contan tamén coa participación do pintor portugués afincado en Vigo, Xavier Magalhaes, que elaborou a portada e contraportada do presente traballo, o que o fai ademais dunha obra musical unha obra pictórica. Sete Saias son: Marta Quintana: Arpa e Voz. Clara Pino: Arpa e Voz. Músicos: Violín: Begoña Riobó Violonchelo: Alfonso Abel Bouzouki, requintas, etc.: Xosé Liz Percusión: Roi Adro Clarinete: Fernando Abreu Programación en Rompendo a Marea: Xosé Manuel Budiño Gravado por Segundo Grandío e Pablo Casal Mesturado e masterizado por Segundo Grandío Producido por Segundo Grandío e Sete Saias Gravado, mesturado e masterizado nos estudios Casa de Tolos Edición: Pai Música

Pezas

  1. Alalá das Mariñas. TRADICIONAL
  2. Bágoas de Azar. Letra e música de Clara Pino, inspirada nunha canción tradicional irlandesa
  3. Rompendo a Marea. RODRIGO ROMANÍ
  4. Maneo de ulla - Fandango de Redondela. TRADICIONAL
  5. Menina das Sete Saias. TRADICIONAL
  6. No Mar Ausente. MARTA QUINTANA
  7. Solaina. Letra de AVILÉS DE TARAMANCOS e música de RODRIGO ROMANÍ.
  8. Polos teus Ollos. Letra de ÁLVARO CUNQUEIRO e música de RODRIGO ROMANÍ.
  9. Ramo Verde. TRADICIONAL
  10. The Girl I Left Behind Me. TRADICIONAL
  11. The Siglo Fancy. TRADICIONAL
  12. Fía Na Roca. TRADICIONAL
  13. Rompendo a Marea. RODRIGO ROMANÍ