Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Discografía / DANIEL BELLÓN & DIEGO MACEIRAS

DANIEL BELLÓN & DIEGO MACEIRAS

UNIÓN DAS TERRAS

Xénero:
Folc
Ano:
2007
Discográfica:
Phonos

Descrición

Como sabedes, Daniel Bellón & Diego Maceiras gañaron a séptima edición do concurso folk de Radio Obradoiro que se celebrou no Teatro Principal de Santiago de Compostela o pasado 17 de marzo de 2006. Gracias a esto, gañaron o dereito de gravar un disco cos gastos de gravación incluídos. Despois de gravar nos meses de xullo e setembro no estudio Phonos da Estrada, este dúo preséntanos un traballo discográfico: “Unión das Terras”. Este traballo é unha mostra de composicións propias e temas de diversas culturas e zonas xeográficas (Arxentina, Rusia, Francia, Oriente Medio ou Portugal), que foron adaptadas para gaita e acordeón aproveitando a gran diversidade de rexistros que posúen estes instrumentos. Neste proxecto participaron algúns músicos de renome como Xosé Lois Romero tocando a pandeira, Álex Blanco coa guitarra acústica e Xabier Díaz aportando a voz. Daniel Bellón & Diego Maceiras nos propoñen unha viaxe de case sesenta minutos a través do mundo traspasando fronteiras de todo tipo, mostrándonos o mellor de cada lugar e cultura, pero co carácter e o sabor galego que sempre caracterizan ás súas melodías. Intérpretes: Daniel Bellón: gaitas en do, do#, sol, re grave, re agudo, la e si b. Diego Maceiras: acordeóns cromáticos. Colaboracións: Álex Blanco - Guitarra acústica Xosé Lois Romero - Pandeira Xabier Díaz - Voces Produción: Phonos, Daniel Bellón e Diego Maceiras Gravado no Estudio Phonos, A Estrada (Pontevedra), nos meses de xullo e setembro de 2006.

Pezas

  1. Prieguiceira. ERNEST0 CAMPOS
  2. Libertango. ASTOR PIAZZOLLA
  3. Outeiro Verde. DANIEL BELLÓN
  4. Melide. TRADICIONAL
  5. Once por Catro. DIEGO MACEIRAS
  6. Canción de mar. DIEGO MACEIRAS
  7. Corridinho. TRADICIONAL PORTUGUESA
  8. Meiga Morena. Música: DIEGO MACEIRAS. Letra: MANUEL CAMPOS
  9. Lac&Tango. RAÚL LACILLA.
  10. Xudías Rusas. TRADICIONAL XUDÍA e DIEGO MACEIRAS.
  11. Alalá de Monterrei. TRADICIONAL e DANIEL BELLÓN.
  12. Pontesampaio. TRADICIONAL, H. MANCINI, NINO ROTA.
  13. Postal para Dominique. PEDRO LAMAS.