Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Discografía / A REQUINTA DE XIÁN

A REQUINTA DE XIÁN

A REQUINTA DE XIÁN

Xénero:
Grupos de música tradicional
Ano:
2002
Discográfica:
Edicións do Cumio

Descrición

Este disco é o froito dunha labor de recuperación dos instrumentos do Ulla, e en particular da requinta, iniciada hai tres anos por “A requinta de Xián” e que abrangueu a práctica totalidade dos requinteiros vivos. A maior parte do repertorio pertence a unha das máis famosas requintas do Ulla: “Os Airiños do Ulla”. Tampouco faltan pezas recollidas a outras “requintas” e a diversos informantes con diferentes vinculacións ó folclore ullán. Destacar tamén, o detallado folleto explicativo incluído nesta publicación. Este CD pertence á colección “Os nosos gaiteiros”, coa colaboración e asesoramento da ASOCIACIÓN DE GAITEIR@S GALEG@S.
Intérpretes:
Pablo Carpintero: gaita solista, requinta, pínfano, gaita de fol, acordeón, cunchas e voz.
Xavier Canabal: requinta, pínfano e voz.
Santi Otero: requinta, pínfano e gaita de fol.
Txema Carretón: gaita de fol.
David Botana: gaita de fol.
Iñaki Fuentenebro: gaita de fol.
Paula Otero: caixa.
David Pardo: bombo.
Verónica Otero: pandeireta.
Pandeireteiras do Obradoiro de Cultura Tradicional ULTREIA: voces.
Rosa Sánchez: aturuxos.

Produción: Edicións do Cumio. S.A.

Edición: Edicións do Cumio. S.A.


Pezas

  1. Entrada con Charrascos. Pasodobre e muiñeira. Do repertorio de OS AIRIÑOS DA ULLA.
  2. Valse e polca. Do repertorio de A REQUINTA DE CARCACÍA.
  3. Xota coreada. Recollida en Noente (Ledesma, Boqueixón).
  4. Muiñeira. Do repertorio de A GAITA DE VEDRA.
  5. Pateado e muiñeira. Do repertorio de OS AIRIÑOS DA ULLA.
  6. Marcha procesional. Recollida en Vea (A Estrada).
  7. Muiñeira. Do repertorio de OS AIRIÑOS DA ULLA.
  8. Marcha e muiñeira. Do repertorio de OS AIRIÑOS DA ULLA.
  9. Mazurca e rumba. Recollida en Vedra/ Do repertorio de A REQUINTA DE CARCACÍA.
  10. Muiñeira coreada. Recollida en Dodro.