Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / IVÁN COSTA

IVÁN COSTA

ÁVREGO

Xénero:
Solistas
Ano:
2006
Discográfica:
Edicións do Cumio

Descrición

O gaiteiro moañés Iván Costa ofrécenos en solitario a súa impronta artística e interpretativa nunha obra onde conxuga 7 recompilacións con outras 7 composicións, onde instrumentos como a zanfona e a gaita, ou mesmo as percusións coma o charrasco, o pandeiro, o tamboril e o bombo son tanxidos exclusivamente por el.

"Emulando aqueles Longa Duración (LP) de vinilo con dúas caras, organizo este traballo distinguindo, por unha banda, as melodías compiladas de cancioneiros e gaiteiros tradicionais e, por outra, as miñas propias creacións."

Edición: Edicións do Cumio.

Pezas

  1. Carelle. Repertorio de MANUEL LAGO.
  2. Campolameiro. Repertorio de MANUEL CASAL.
  3. O Marreco. Repertorio de ANTONIO REPRESAS.
  4. Fandango. Arquivo de PERFECTO FEIJOO.
  5. Mazurca e cantos de Pandeiro. Arquivos de XOAN MONTES e PERFECTO FEIJOO.
  6. Murás. Repertorio de RAMIRO o capador.
  7. Cantos de Fisterra. Arquivo PERFECTO FEIJOO.
  8. O poleiro. IVÁN COSTA.
  9. Xota para Ourense. IVÁN COSTA.
  10. Alborada para a pequena. IVÁN COSTA.
  11. A Cachimba Dourada. IVÁN COSTA.
  12. A Lagarteira. IVÁN COSTA.
  13. Xota do Besbello. IVÁN COSTA.
  14. Gaita de Melchor. IVÁN COSTA.