OS CAMPANEIROS DE VILAGARCÍA
OS CAMPANEIROS DE VILAGARCÍA (Imprescindible)
- Xénero:
- Grupos de música tradicional
- Ano:
- 2005
- Discográfica:
- Edicións do Cumio
Descrición
Os Campaneiros de Vilagarcía de Arousa naceron artísticamente, no ano 1926. Dominaron a gaita, e mesmo a construción de foles e palletas, consideraban que os ensaios eran a base para tocar ben. Eles mesmos ensaiaban cando xa ían vellos, daí a súa coordinación, o que lles ía dar a nomeada de que non había quen os tumbara. Pero se, de entre todo o que lle deron á música tradicional de Galicia, tiveramos que escoller unha cousa, coido que teriamos que elixir a súa creatividade, pois foi o grupo que máis pezas orixinais achegou ao repertorio gaiteiril, destacando sobre todo as polcas, compostas con verdadeira orixinalidade.O repertorio (ou reportaxe, como lles gustaba dicir a eles) que reflectimos neste traballo é, básicamente, o primeiro disco que editou a casa BELTER, de Barcelona, ao que lle engadimos tres pezas recompiladas en gravacions caseiras: polca, paupurrio e muiñeira. As tres son ben representativas do repertorio e do xeito de tocar do grupo e, aínda que non posúan a calidade de gravación que se pode conseguir cos trebellos dunha casa discográfica, a testemuña documental supera calquera carencia. Así tocaban e soaban Os Campaneiros nunha alborada, procesión ou romaría.
Este CD pertence á colección “Os nosos gaiteiros”, coa colaboración e asesoramento da ASOCIACIÓN DE GAITEIR@S GALEG@S.
Pezas
- A Coruxa.
- Alborada de Veiga.
- Vira o pé.
- A Virxe da Lanzada.
- Alborada a Galicia.
- A Cruz de Lobeira.
- O camiño do Santo Cristo.
- Lévame, lévame.
- A Xeitosa.
- Unha noite en Santo Cristo.
- Aires de Carnaval.
- A Carrasqueira.
- A Farruquiña.
- Muiñeira Picada.
- Polca de Vilagarcía.
- Muiñeira picada.
- Polca de Vilagarcía.
- Muiñeira.
- Paupurrio.