Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / MENIÑOS CANTORES

MENIÑOS CANTORES

MENIÑOS CANTORES

Xénero:
Música infantil
Ano:
2005
Discográfica:
Pai Música

Descrición

Meniños Cantores é un traballo pioneiro realizado con colexios de Galicia e do Norte de Portugal. A iniciativa xurdiu da colaboración entre a organización educativa Ponte...nas ondas! e Casa de Tolos. A presentación por parte das escolas integrantes do colectivo Ponte...nas ondas! da canditatura ó Patrimonio Oral e inmaterial Galego-Portugués ante a UNESCO, foi a chispa que prendeu esta iniciativa. O traballo consiste nunha exploración do patrimonio musical común a Galicia e Portugal, así como unha pequena ollada a un futuro posible.
Para poder realizalo contou coa colaboración de profesores de música e alumnos de dezasete centros.
O traballo está formado por:
Un CD que inclúe:
-28 cancións.
-Pista interactiva con letras e partituras.
Un DVD que inclúe:
-Un documental sobre o proceso de realización do proxecto narrado en catro idiomas (galego, portugués, castelán e inglés).
-Un documental sobre os costumes e a tradición oral comúns a ambos lados da fronteira, narrado en catro idiomas como o anterior.
-Un videoclip por cada centro.
-Trinta e dous karaokes.
Un libro que inclúe:
-Letras das cancións.
-Lista dos participantes.
-Textos informativos sobre cada centro e o seu concello en catro idiomas (galego, portugués, castelán e inglés).

Todo isto é o resultado do traballo realizado por PAI-Música, Casa de Tolos e Ponte...nas ondas! dende principios do ano 2005.

Este proxecto constituirá un referente mundial do traballo con nenos e sobre o patrimonio oral e inmaterial. Son os nenos os que; mediante a súa interpretación da tradición, crean un patrimonio para o futuro.

Produción: PAI música.
Realización: Estudio Casa de Tolos.
Idea orixinal: Ponte... nas ondas!

Pezas

  1. Máis perto. SEGUNDO GRANDÍO/UXÍA SENLLE.
  2. Pirimpimpim. TRADICIONAL. Interpretada por CEIP O Pombal
  3. Malhao Minhoto. TRADICIONAL. Interpretada por EB 2,3/S Melgaço
  4. Regueifa. TRADICIONAL. Interpretada por CEIP A Gándara
  5. Ó rama da oliveira. TRADICIONAL. Interpretada por EB 2,3 Valença
  6. O Verdegaio. TRADICIONAL. Interpretada por IES Salvaterra de Miño
  7. Valentim. TRADICIONAL. Interpretada por APPACDM Areosa
  8. Eles non poden ver. DAVID PIÑEIRO PÉREZ. Interpretada por CPI Covaterreña-Baiona
  9. A humildade do menino. TRADICIONAL/FERNANDO LOPES-GRAçA. Interpretada por Meninos Cantores do Município da Trofa
  10. Dormen as barcas. ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO E MÓNICA MUÑOZ SOBRINO. Interpretada por CEIP San Salvador
  11. António, lindo António. TRADICIONAL. Interpretada por EB 2,3 Rio Tinto
  12. Bailando contigo. LUIS LECHUGA. Interpretada por IES Tomiño
  13. Jardineiras, “Feloreiras”. TRADICIONAL. Interpretada por Rancho Folcórico do Porto
  14. Alalá e Foliada. FAUSTINO SANTALICES/TRADICIONAL. Interpretada por CPI Altamira
  15. Manuel das Cabanas. TRADICIONAL. Interpretada por Eb 1 Louçao-Venade
  16. No niño novo do vento. ÁLVARO CUNQUEIRO/LUIS EMILIO BATALLÁN. Interpretada por CPI Manuel Suárez Marquier
  17. Vira do Minho. TRADICIONAL. Interpretada por EB 2,3/S Melgaço
  18. Farricoque...¿onde estás?. OLGA ÁLVAREZ GONZÁLEZ. Interpretada por CEIP Souto-Donas
  19. Ó linda Ana! TRADICINOAL. Interpretada por EB 2,3 Rio Tinto
  20. Papaventos – CEIP A Gándara
  21. Marinheiro – EB 2,3/S Vila Nova de Cerveira
  22. E ti telo, telo – CEIP O Pombal
  23. Regadinho – EB 2,3 Valeça
  24. Romeiros a São João de Arga – Eb 1 Louçao-Venade
  25. Triste Viuvinha – APPACDM Areosa
  26. Deberes...para eles – CEIP Souto-Donas
  27. Menina – EB 2,3 Vila Nova de Cerveira
  28. Canto de Roda – CPI Manuel Suárez Marquier