PABLO CARPINTERO
PABLO CARPINTERO
- Xénero:
- Solistas
- Ano:
- 1999
- Discográfica:
- Edicións do Cumio
Descrición
Con esta publicación, Pablo Carpintero interpreta repertorio de principios do século XX recollido en diferentes zonas de Galicia. Para elo, emprega unha gaita anterga da zona onde se recolleu cada tema ou, na súa ausencia, unha fabricada por un artesán nativo daquela zona; tamén dixitación e recursos propios dese lugar e para o acompañamento os instrumentos indicados polos informantes. Todo cun obxectivo común: transmitir as particularidades zonais (cada vez menos presentes na nosa música) ás novas xeracións de gaiteiros e gaiteiras. Este CD pertence á colección “Os nosos gaiteiros”, coa colaboración e asesoramento da ASOCIACIÓN DE GAITEIR@S GALEG@S.Intérpretes:
Pablo Carpintero: gaitas, requintas, bombo, bombo de mallada, sistro, cunchas, pandeireta e voz.
Ricardo Martínez: caixa e bombo de mallada.
Rosa Sánchez: aturuxos.
Producción: Edicións do Cumio. S.A.
Edición: Edicións do Cumio. S.A.
Pezas
- Muiñeira. Recollida na Limia.
- Xota. Recollida na Limia.
- Medio Paso. Recollida na Limia.
- Muiñeira e Alalá. Recollida en Pontevedra.
- Xota asubiada. Recollida en Pontevedra.
- Muiñeira. Recollida nas Terras da Ulla.
- Pasodoble. Recollida nas Terras da Ulla.
- Muiñeira. Recollida na Parandanta.
- Xota. Recollida en Arzúa e Terra de Melide.
- Muiñeira, Treboada e Chiqui-chiqui. Recollida no Baixo Miño.
- Cantar por Asturias. Recollida na Fonsagrada.
- Xota e Muiñeira. Recollida na Fonsagrada.