Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

Segunda entrega de "Santa Gaita" no Recuncho da Palleta

lume na palleira okEste domingo, na sección o "Recuncho da Palleta" do "Lume na Palleira", conducido por Emilio Españadero, contaremos con Xaime Estévez que nos traerá a segunda entrega de "Santa Gaita", nesta ocasión centrada nos "Santos de Verán".

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

 

2º encontro Celme de Zanfona en Lugo

cartel a3_celme_de_zanfona_2022_webOs vindeiros días 3,4 e 5 de xuño terá lugar en Lugo o 2º encontro Celme de Zanfona, que traerá á cidade das Murallas tres días de concertos, clases maxistrais e mesas redondas ao redor deste instrumento milenario  ????????????????????????????
O encontro, que está coorganizado pola AGG, o CENTRAD, Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Área de Cultura do Concello de Lugo, desenvolverase baixo o epígrafe “A esencia da Zanfona Galega: Orixe, sons, textos e contextos” e pretende converter a Lugo nun punto de encontro de todas as persoas interesadas na zanfona, nun espazo de dialogo e de exposicións de ideas que siga xerando riqueza para o patrimonio musical deste pais.
????Durante a fin de semana haberá concertos, mesas redondas, conferencias e clases maxistrais de balde (para asistir ás clases maxistrais é preciso inscribirse a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ) As prazas son limitadas (15 persoas), a inscrición será por rigurosa orde de chegada das solicitudes e a data límite de inscrición é o 30 de maio!!!

Xigantes e Cabezudos no vindeiro Recuncho da Palleta

lume na palleira okEste domingo, na sección o "Recuncho da Palleta" do "Lume na Palleira", conducido por Emilio Españadero, contaremos con Gustavo Couto falándonos sobre os Xigantes e Cabezudos.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

A Tradescola achégase hoxe ao CEE Santa María de Lugo

cartaz cdtrad_stamaria_web pqA Tradescola achégase hoxe ao CEE Santa María de Lugo, para impartir unha nova xornada de música tradicional. Con estas xornadas, que contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, a Tradescola pretende achegar á comunidade escolar a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico a través dos concertos impartidos nos distintos centros.

Realizarase un concerto didáctico, que estará impartido polos mestres da Tradescola, Xabier Iglesias, Branca Villares, Lucía Eiros e Germán Díaz: No concerto amosaránselle aos alumn@s distintos instrumentos, ritmos, e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.

Dende a Tradescola trabállase a reo para poder transmitir os coñecementos das nosas tradicións da mellor maneira posible ás novas xeracións, para que saiban conservalos, respectalos e poñelos en valor.

Nova entrega de ReferentAs no vindeiro Recuncho da Palleta

lume na palleira okEste domingo, na sección o "Recuncho da Palleta" do "Lume na Palleira", conducido por Emilio Españadero, contaremos con Carme López e unha nova entrega de ReferentAs, desta volta con María Castro Romero como protagonista.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

Páxina 8 de 486