Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

I Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA

Os días 8 e 9 de xullo terá lugar o I Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA gaitas de fol do noroeste en Poio-Pontevedra co que se pretende crear un espazo para estudo da nosa gaita no marco do noroeste peninsular no que convive con outras gaitas de diferente morfoloxía, dixitación e sonoridade.
Mais información.

Ler mais. I Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA

 

Seminario sobre palletas e pallóns para gaita galega

O pasado sábado 17 de xuño tivo lugar en Melide o Seminario sobre palletas e pallóns para gaita galega, impartido por Rubén e Antonio González e Xosé e Álvaro Seivane.

Este evento, organizado pola AGG co patrocinio da Deputación de A Coruña e coa colaboración do Concello de Melide, ofreceu a oportunidade de escoitar a uns dos grandes protagonistas da evolución da gaita galega nos últimos anos. Como estaba anunciado falouse de temas como a importancia da escolla da cana, o coñecemento do instrumento ao que van destinadas as palletas e pallóns, a incidencia dos factores atmosféricos, trucos para mellorar a afinación, etc.

Ao seminario acudiron numerosos artesáns e intérpretes do mundo da música tradicional quen tamén puideron expoñer as súas preguntas e dúbidas ao final da charla. Pero, se algo quedou claro, foi a mensaxe transmitida polos mestres: os gaiteiros de hoxe en día téñenlle moito medo á palleta. Isto fai que os artesáns teñan que facer por eles un traballo que non lles corresponde, que o dificulta enormemente e que pode mermar o resutlado final: a acomodación da palleta ao xeito de tocar de cada gaiteiro.

Bases para o concurso VII Memorial Ricardo Portela 2006

Publicamos as bases do concurso VII Memorial Ricardo Portela 2006 que se celebrará en Pontevedra o vindeiro sábado 15 de xullo.
Podedes consultalas en formato pdf clicando aquí.

GRANDE PRESENTACIÓN E CONCERTO ABERTO NO CASINO DE LALÍN

O dia 17 de xuño do 2006 ás 16 horas se presenta a revista Etnofolk e o libro "Orquestras populares das Mariñas" (Betanzos).
Ás 19 horas haberá un concerto a cargo do Combo Folque, os vocalistas Begoña Fdez, Inés Portela e Xan Herrera, nenos e nenas da Escola Folque Infantil. Interpretarase o "Tango Estudio de Pintura" do profesor Pedro Pascual acompañado por Benxamín Otero ao oboe, Dario Gonzalez ao vibráfono, Carlos Quintá ó diatónico e Cris Presas ao violoncello. RTamén estarán presentes os gaiteiros Xan Herrera e Pablo Pacior, o duo de violino e zanfona Pauline Maasik e Mauro Senin e a aula de flautas do CMTF, entre outros.

Ás 22 horas terá lugar unha Cea no Restaurante " As vilas" de Lalín (inscribete na secretaria do CMTF) e a partir das 23.30 horas Jam sesión no Casino.

Organiza: Conservatorio de Música Tradicional e Folque.
Promove: Circulo Recreativo / Patronato Cultural de Lalín

V FESTA RACHADA A BAÑA, 1 XULLO 2006

O proximo 1 de xullo na Área Recreativa Agra de Chans e dende as 13:00 h. Contaremos coa presenza dos grupos:

-Os Pequenos da Baña.
-Grupo de gaitas Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo).

Haberá un xantar campestre, podedes traer a comida, coma se adoitaba facer nas romarías tradicionais.

Mais información.

Ler mais. V FESTA RACHADA A BAÑA, 1 XULLO 2006

Páxina 462 de 486