Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

CONCURSO DE PANDERETEIRAS/OS DA A.C. OS MUIÑOS DE OLIVEIRA

O concurso terá lugar o día 22 de Abril do 2007, ás 16:00 da tarde, no Auditorio Reveriano Soutullo en Ponteareas. O prazo de inscrición rematará o día 2 de Abril 2007, debendo enviar debidamente cumprimentada a folla adxunta que podedes descargar nas bases.

Bases do concurso

Ler mais. CONCURSO DE PANDERETEIRAS/OS DA A.C. OS MUIÑOS DE OLIVEIRA

 

XII Xantar Gaiteiro


O pasado domingo 25 de marzo, celebrouse no Restaurante Monte da Condesa de Santiago, o XII Xantar Gaiteiro da AGG. Coma sempre, demos boa conta de un cocido para, despois, empezar ca música que se prolongou ata as oito do serán.

Premede no enlace seguinte se queredes ver máis fotos.

Fotos do XII Xantar Gaiteiro.

ARZÚA - TERRA DE MELIDE



Este sábado, 24 de Marzo, o recuncho da palleta estará dedicado á zona de Arzúa-Terra de Melide, comarcas onde aparece a gaita de catro voces, da que falaremos a través da figura dun dos mellores gaiteiros da zona: Manuel Lago Sánchez, gaiteiro de Carelle, Sobrado dos Monxes, quen representa a perfecta imaxe do gaiteiro solista, como manda a tradición.

A gaita de catro voces tan característica desta comarca, ten o máximo de voces que pode ter unha gaita galega: 4 elementos sonoros con ronqueta e chillón.
O ronco emite a nota tónica (Do) do punteiro, dúas oitavas por debaixo. A ronqueta emite a nota tónica (Do) do punteiro, unha oitava por debaixo. O chillón emite a nota dominante (Sol) do punteiro, unha oitava por debaixo. Debido a todo esto necesítase unha gran maestría para tocala, pero deste tema coñeceremos mais no recuncho deste sábado.

II CURSO DE TÉCNICA E INTERPRETACIÓN DE GAITA GALEGA

Os días 10 e 11 de Abril e organizado polo Conservatorio Profesional de Música de Ourense, vaise celebrar o II CURSO DE TÉCNICA E INTERPRETACIÓN DE GAITA GALEGA, impartido polos mestres JUAN BARCÓN PEÑA e BRUNO VILLAMOR GAY.

O prazo de inscrición remata o 4 de Abril e no programa poderedes atopar toda a información necesaria para participar. Animádevos.

Programa do curso

Ler mais. II CURSO DE TÉCNICA E INTERPRETACIÓN DE GAITA GALEGA

CONCERTO PRESENTACIÓN VAAMONDE, LAMAS E ROMERO

O xoves, 22 de Marzo, tivo lugar o Concerto presentación do novo traballo de Vaamonde, Lamas & Romero ás 21:00 horas no Auditorio do Centro Cultural A Fábrica, en Perillo (Oleiros). Foi un encontro coa boa música galega que nos fixo pasar un bo serán.

Páxina 449 de 486