PRIMEIRA MULLER LICENCIADA EN GAITA
Lorena Freijero, viguesa de 24 anos, graduouse no Conservatorio Superior de Música de Vigo na licenciatura de gaita. Algo que a simple vista parece un simple título é na realidade todo un feito histórico, xa que é a primeira muller que conseguiu graduarse nesta especialidade en toda Galicia.Comezou a tocar a gaita con tan so sete anos, e aos 9 xa estaba matriculada no Conservatorio de Vigo con Carlos Nuñez como profesor, con quen xa tocou nalgunha ocasión. Lorena síntese moi orgullosa e afirma que para tocar a gaita mais que a forza, o que importa é a práctica e que todo o mundo ten a posibilidade de aprender, tanto homes como mulleres.
En canto o seu futuro, esta nova titulada afirma que a súa ilusión era licenciarse e dedicarse a esto profesionalmente, dando clases no conservatorio, ainda que non descarta ningún outro proxecto que poida xurdir.
CAMPAMENTO DE VERÁN 2007
A Asociación de Gaiteiros Galegos, en colaboración coa Alberguería Os Biocos da Vía Nova, organiza un campamento de verán para nen@s, “AVENTURA CASTREXO ROMANA”, que se vai a levar a cabo entre os días 21 e 26 de Agosto, ambos incluídos, en Castro Caldelas (Ourense).Esta actividade está dirixida a nen@s con idades comprendidas entre 8 e 15 anos. A duración será de 6 días en réxime de pensión completa con aloxamento en cuartos múltiples con liteiras. Porase tamén a disposición dos nen@s un autocar para o traslado ata o campamento, que sairá dende Santiago o día 21, facendo paradas nas cidades de Lalín e Ourense, nesta mesma orde.
Ademais de estar en contacto coa natureza e coñecer un pouco mais a historia dos pobos castrexo e romano, neste campamento os nen@s terán a oportunidade de realizar diferentes actividades relacionadas co mundo da música tradicional, supervisadas pola Asociación de Gaiteiros Galegos.
O prezo total do campamento é de 160€ por nen@, que se pagarán mediante un ingreso en conta. A inscrición farase chamando ó teléfono da Asociación de Gaiteiros Galegos, 986 847 074 en horario de 8:00 a 15:00 horas, antes do 31 de Xullo de 2007. Animádevos!!
PHOENIX, ESPECTÁCULO MULTIMEDIA
O vindeiro sábado, 7 de Xullo, na Carballeira das Ermidas(Concello da Lama), terá lugar a participación de Xosé Manuel Budiño no espectáculo multimedia PHOENIX, onde Budiño lle porá, cun concerto, a música ás fotografías de X.M.Albán.A festa comezará ás 18:00 h cunha romería popular con pulpeiras é gaiteiros para animar o ambiente, mais tarde, ás 23:00 h poderemos disfrutar do espectáculo audiovisual con videocreacións en directo de F.I.N.
Se queredes mais información, podedes atopar un video-presentación en youtube, buscando Albán + Phoenix.
RUADA DA "RAPA DAS BESTAS" EN SABUCEDO
O vindeiro domingo 8 de Xullo, a partir das 19:00 horas en diante, teremos a oportunidade de disfrutar da Rua da Rapa, que terá lugar na Carballeira de Sabucedo (A Estrada).Este serán está organizado pola Asociación Cultural Tear de Llerena dentro das actividades relacionadas coa "Rapa das Bestas 2007" que está declarada Festa de Interés Internacional.
As actuacións previstas son as seguintes:
- Pandeireteiras de Barro de Arén (Cerdedo)
- Os Abrentes (Cerdedo)
- José, o gaiteiro do Piñeiro
e por suposto, tod@s @s que vos apuntedes!!!! Animádevos a asistir.
"VENTE VINDO" NOVO DISCO DE FÍA NA ROCA
Fía na Roca ten á venda o quinto disco, "Vente vindo", catorce temas cantados na súa maior parte, e gravada seguindo un proceso novo, participativo e moi vivo.Levaban tres anos sen gravar, porque como explicou na presentación do cedé Xosé Ramón Vázquez, «somos un grupo libre e independente, que traballamos sen presión comercial nin discográfica. Non temos présa, e menos no panorama actual, no que os grupos escóllense en probas de selección». Tamén deixou clara unha cousa que parece que asenta no sector musical galego: «Temos que esquecer traballar só en Galicia, debemos proxectarnos fóra e máis aló do Estado».
Con ese espírito emprenden unha etapa nova, coa voz de Sonia Lebedynski por primeira vez na maioría das pezas. Iso non significa que renuncien aos principios e as orixes do grupo, que pasan por facer música actual partindo da tradicional e arriscando artisticamente con cada novo paso na súa traxectoria.
"Vente vindo" gravárono en catro días en Angueira, froito dun traballo colectivo, de colaboracións duns e doutros, con arranxos e composicións novas, con Pablo Barreiro de técnico de son e responsable da gravación, nun concerto sen público nin luces, pero con todo o que fai falta para sacar un produto co que están satisfeitos e con gañas de ir de xira todo o verán.
Máis artigos...
Páxina 441 de 486