A ASOCIACIÓN DE GAITEIR@S GALEG@S (AGG) VEN DE ENVIAR UNHA PROPOSTA PARA INCLUIR AO BAILE TRADICIONAL NO PLAN INTEGRAL DE DANZA DE GALICIA NO QUE ESTÁ A TRABALLAR O AGADIC
O pasado 1 de marzo a Agadic presentou un Plan Integral para a Danza de Galicia. Nel explícase a necesidade dunha redefinición e revisión dos alicerces, intereses e necesidades para potenciar e manter o papel protagonista da danza entre a cidadanía.
Na AGG celebramos que se tomen iniciativas en defensa da cultura galega, pero consideramos que presenta unha enorme eiva ao non incluír no grupo de traballo representación algunha do sector do baile tradicional.
Por ese motivo, enviouse unha proposta para que se inclúa dentro dese grupo de traballo a algún ou algunha persoa ou entidade en representación do baile tradicional.
A AGG recibiu contestación por parte da Agadic, indicando que engadirán a información proporcionada ao informe que analizará o grupo de coordinación do Plan Integral para a Danza nas súas reunións (coa suxestión desta nova incorporación) e que seguirán informándonos dos seguintes pasos que se desenvolvan neste proceso.
A AGG ofreceu á AGADIC colaboración e asesoramento en todo o tocante ao noso baile tradicional.
Se queres ver a proposta enviada preme no título da nova.
Homenaxe ás mulleres da tradición no vindeiro Recuncho da Palleta
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Gustavo Couto que fará unha homenaxe ás mulleres da tradición.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
Enquisa para coñecer as consecuencias da crise da COVID-19 no sector da música e o baile tradicionais galegos
Un ano despois da irrupción da pandemia pola COVID-19, dende a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s cremos que é fundamental coñecer as consecuencias económicas derivadas da crise sanitaria no ámbito da cultura tradicional de base, peza fundamental no entramado socioeconómico do sector cultural galego.
Para elo queremos convidar a todas as entidades e persoas que traballamos neste eido a realizar o cuestionario ao que podes acceder ata o domindo 21 de marzo no enlace: https://forms.gle/e2P6zoWkepBc8rgz6, que ten como obxectivo coñecer a realidade do sector perante a crise do último ano.
No vindeiro Recuncho da Palleta presentaremos o libro "The Essence Of Our Traditional Sound" de Alexandre Cadarso "Cano"
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Ramón Dopico que nos ofrecerá unha conversa con Alexandre Cadarso "Cano" para que nos presente o seu novo libro "The Essence Of Our Traditional Sound"
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
Xosé Casal protagonista do vindeiro Recuncho da Palleta
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Xaime Estévez e unha nova entrega da serie sobre compositores de pezas para gaita, nesta ocasión con Xosé Casal como protagonista.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
Máis artigos...
- O XXV aniversario do Serán dos Namorados de Toutón no vindeiro Recuncho da Palleta
- O entroido no vindeiro Recuncho da Palleta
- No vindeiro Recuncho da Palleta presentaremos a segunda edición do libro "Ricardo Portela. Dúas palabras verbo da gaita galega"
- Alborada para Rosalía!! Anímate a participar!!
Páxina 18 de 486