Novas
Aturuxo 20
AGG / 17.08.22

Un ano máis traémosvos unha nova edición do Aturuxo "O Voceiro da AGG", xa podedes disfrutar del na súa publicación en dixital no enlace: https://issuu.com/agg./docs/aturuxo_20
Os contidos desta edición son os seguintes:
Editorial
A AGG: Actividades 2020
Tradescola. Curso 2019-2020
REPORTAXES:
Torneados, eskeuromorfismo e determinismo xeográfico nas gaitas de fol do noroeste peninsular. Pablo Carpintero
Anotaciones acerca del uso de la tronpa o mosuguitarra en el País Vasco Juan Mari Beltrán
O tambor: pasado, presente e futuro. Andrés Vilán
Recursos de improvisación para acompañamento con pandeireta. Alejandra Montero
O xeito de bailar en Zobra. Luís Prego
O xeito de bailar en S. Pedro de Carcacía. Unha ollada á paisaxe cultural do lugar. Julia Pozo
A Danza de Espadas de Redondela. Apuntamentos sobre a música e os músicos. Oli Xiráldez
Mulleres que contan… ou da importancia do traballo de campo na posta en valor da música de tradición oral. Xulia Feixoo
Introito: ás notacións das técnicas estendidas na gaita de fol do século XXI. Erick Feles
Non é a frecha… É o indio. Os límites da gaita. Cristian Silva
Da memoria xenética á técnica de gaita. David Bellas
A frauta travesa na música tradicional e folk da Galiza. Uxía García Conde
A fabricación aditiva nos instrumentos de vento madeira. Suso Gestal
ENTREVISTA: Xoán Manuel Tubío Fernández
HOMENAXE: Lola da Coruñesa
PARTITURAS: Tocando a Xosé Marentes
Esperamos que desfrutes da súa lectura e aprendizaxe.
Festival Fin de Curso da Tradescola!!
Varios / 20.06.22
O vindeiro mercores 22 de Xuño a partir das 19.00 h, celebraremos o fin de curso da Tradescola cun concerto de música e baile tradicional que terá lugar no Auditorio municipal Gustavo Freire de Lugo. Actuarán alumn@s dos grupos de adultos da Tradescola acompañados polos seus mestres.
Esperámosvos a tod@s para disfrutar da nosa cultura tradicional!!! Non faltedes!!! Entrada libre!! #tradescola #agg #findecursodatradescola #musicaebailetradicional
No vindeiro Recuncho da Palleta lembraremos a Rosa de Moscoso
Varios / 17.06.22
Este domingo, na sección o "Recuncho da Palleta" do "Lume na Palleira", conducido por Emilio Españadero, contaremos con Carme López, e con ela lembraremos a Rosa de Moscoso, moi importante e querida transmisora falecida recentemente. Contaremos ademais, para esa sentida homenaxe, coa participación do compañeiro Rodrigo Cuevas.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
Fin de curso Infantil e Xuvenil da Tradescola
Varios / 14.06.22
O vindeiro xoves 16 de Xuño a partir das 17.30 h, celebraremos o primeiro dos finais de curso da Tradescola cun concerto de música e baile tradicional que terá lugar no Fondo da Praza Maior de Lugo ( se chove será no Soto da Praza de Abastos de Lugo). Nesta actividade, que conta coa colaboración da Area de Cultura do Concello de Lugo, actuarán alumn@s dos grupos infantiles e xuveniles da Tradescola acompañados polos seus mestres.
Esperámosvos a tod@s para disfrutar da nosa cultura tradicional!!! Non faltedes!!!
Varios / 10.06.22
Dende a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s queremos manifestar o noso pesar polo pasamento de Rosa Garrido Casqueiro, “Rosa de Moscoso”, figura referencial no canto tradicional galego.
Muller de grande memoria e impresionante voz, exerceu de mestra xenerosa xunto coa súa irmá máis vella, Aida, quen tamén era unha gran pandeireteira. Pola súa casa en Moscoso (Pazos de Borbén-PO), pasaron dende os anos noventa un gran número de compiladores e compiladoras da tradición oral galega.
Participa soa ou coa súa irmá Aida numerosas veces no programa Luar da TVG, e ambas son protagonistas dun dos primeiros episodios do Alalá, emitido en marzo do 2006. No 2008 estréase o documental Tempo de Recolleita de Félix Blume, no que Rosa comparte protagonismo con compiladores da tradición coma Miro Regueira ou Xurxo Fernandes, e informantes emblemáticas coma Matilde Castro e José Rama de Limiñoa, ou as pandeireteiras belgas Ialma. Son precisamente as Ialma as que convidan a Rosa e a Aida a cantar nese mesmo ano 2008 no Teatro Moliére de Bruxelas.
Moitas das Escolas de Música Tradicional do noso país ensinan a día de hoxe o repertorio legado por Rosa e por Aida de Moscoso, e grupos coma Ardentía, Davide Salvado, Caldo ou Xabier Díaz teñen empregado repertorio delas nas súas gravacións. A propia voz de Rosa aparece nun corte do proxecto Músicas para Ovay, que o músico coruñés Xosé Lois Romero fixo para este proxecto do bailador Quique Peón.
Podedes saber máis cousas de Rosa e de Aida no programa Alalá do que foron protagonistas acompañadas tamén do compilador e músico Xisco Feijoo, Alalá nº 5 "Rosa de Moscoso" - TVG - YouTube
Tamén a podedes escoitar cantar no Soundcloud de Tempo da Recolleita: Stream música de Tempo Da Recolleita | Ouça a músicas, álbuns, playlists gratuitamente online no SoundCloud
Rosa de Moscoso, un referente do canto tradicional galego, sempre con nós.
Foto: Félix Blume (do documental Tempo da Recolleita)
Segunda entrega de "Santa Gaita" no Recuncho da Palleta
Varios / 10.06.22
Este domingo, na sección o "Recuncho da Palleta" do "Lume na Palleira", conducido por Emilio Españadero, contaremos con Xaime Estévez que nos traerá a segunda entrega de "Santa Gaita", nesta ocasión centrada nos "Santos de Verán".
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
AGG / 27.05.22
Os vindeiros días 3,4 e 5 de xuño terá lugar en Lugo o 2º encontro Celme de Zanfona, que traerá á cidade das Murallas tres días de concertos, clases maxistrais e mesas redondas ao redor deste instrumento milenario Xigantes e Cabezudos no vindeiro Recuncho da Palleta
Varios / 27.05.22
Este domingo, na sección o "Recuncho da Palleta" do "Lume na Palleira", conducido por Emilio Españadero, contaremos con Gustavo Couto falándonos sobre os Xigantes e Cabezudos.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
Varios / 26.05.22
A Tradescola achégase hoxe ao CEE Santa María de Lugo, para impartir unha nova xornada de música tradicional. Con estas xornadas, que contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, a Tradescola pretende achegar á comunidade escolar a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico a través dos concertos impartidos nos distintos centros.
Realizarase un concerto didáctico, que estará impartido polos mestres da Tradescola, Xabier Iglesias, Branca Villares, Lucía Eiros e Germán Díaz: No concerto amosaránselle aos alumn@s distintos instrumentos, ritmos, e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.
Dende a Tradescola trabállase a reo para poder transmitir os coñecementos das nosas tradicións da mellor maneira posible ás novas xeracións, para que saiban conservalos, respectalos e poñelos en valor.
Nova entrega de ReferentAs no vindeiro Recuncho da Palleta
Varios / 20.05.22
Este domingo, na sección o "Recuncho da Palleta" do "Lume na Palleira", conducido por Emilio Españadero, contaremos con Carme López e unha nova entrega de ReferentAs, desta volta con María Castro Romero como protagonista.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
Páxina 7 de 438





