Novas
III REUNION DA AGG CA EXCMA. DEPUTACION DE PONTEVEDRA
Deput. Pontevedra / 06.06.05
Terceira reunión da AGG con D. José Juan Durán Hermida, vicepresidente da Excma. Deputación de Pontevedra celebrada o luns, 6 de xuño de 2005.A Deputación de Pontevedra, despois de estudar o proxecto presentado hai días pola AGG, aposta pola creación de unha escola única que integre, xunto a este, o da Asociación de Bandas de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra.
Mais información
IV FESTA RACHADA A BAÑA 2005 9 DE XULLO NA ÁREA RECREATIVA AGRA DE CHANS
Festivais, Foliadas, Romarías / 03.06.05
IV FESTA RACHADA A BAÑA 20059 DE XULLO NA ÁREA RECREATIVA AGRA DE CHANS
Os interesados/as poden poñerse en contacto con Emilio Lois no teléfono: 696 740 502
Mais información
Aprazada a reunión con J.J. Durán
Deput. Pontevedra / 02.06.05
Por causas alleas á nosa vontade a reunión prevista para o xoves 2 de xuño de 2005 co Deputado Delegado de Cultura da Excelentísima Deputación Provincial de Pontevedra, ven de ser aprazada ao luns 6 de xuño de 2005.
Reunión entre a AGG e a AGBPPP
Deput. Pontevedra / 01.06.05
Reunión entre a AGG e a AGBPPPNa noite do martes 31 de maio de 2005 tivo lugar unha reunión entre
representantes da Asociación de Gaiteiros Galegos e a Asociación
Gallega de Bandas de Gaitas y Percusión de la Provincia de Pontevedra.
Mais información
Encontros de Música Tradicional no Carboeiro (4 de xuño de 2005)
Festivais, Foliadas, Romarías / 31.05.05
E.L. (encontros limitados de música tradicional)4 de xuño do 2005
No Mosteiro de Carboeiro ( Silleda)
Dende a sesión "vermú" ata que o corpo aguante...
Haberá churrasco, bocatas, alcohol vario e acampada
E Tamén haberá artesáns, contacontos, cegos, xogos, títeres...e por suposto moita música e baile tradicional!!!
Mais información
I ROMARIA DA MÚSICA TRADICIONAL EN PONTEVEDRA
Deput. Pontevedra / 30.05.05
Compañeiros,
Á vista da situación, e atendendo ás numerosas solicitudes de sócios e simpatizantes convocamos-vos á I
Romaria da Música Tradicional en Pontevedra que terá lugar o vindeiro sábado 11 de xuño de 2005, a partir das 11:00 e até as 22:59 horas na Alameda de Pontevedra. Toda a información actualizada no Portal da Asociación de Gaiteiros Galegos www.gaiteirosgalegos.com
Aqui tes mais información
Segunda reunión con José Juan Durán Hermida
Deput. Pontevedra / 27.05.05
O pasado xoves 26 de maio de 2005 tivo lugar unha segunda reunión co Deputado Delegado de Cultura, D. José Juan Durán Hermida, e a Asociación de Gaiteiros Galegos.Durante a mesma a AGG insistiu na paralización do convénio asinado entre a Deputación de Pontevedra e a Asociación Gallega de Bandas de Gaitas y Percusión de la Provincia de Pontevedra, aportando as mais de 11.000 sinaturas recollidas que avalan a nosa proposta.
Mais información
Páxina 433 de 438