Novas
Consellería de Innovación e Industria
Anuncios, subvencións, oposicións... / 29.03.06
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Innovación e Industria ven de publicar, nos últimos días, unha serie de axudas que teñen a finalidade de potenciar o comercio e o sector artesanal galego.Este tipo de iniciativas poden resultar interesantespara os comerciais, industriais e artesáns vinculados á música tradicional galega. Por esta razón, habilitamos un apartado no portal da Asociación de Gaiteiros Galegos dende o cal se poden descargar os documentos relativos a estes e outros anuncios: “Descargas: Anuncios, subvencións, oposicións...”
Crónica do XI Xantar Gaiteiro
Reunións, actos, ... / 28.03.06
O pasado domingo 26 de marzo tivo lugar o convite que a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza cada ano ao comezo da primavera. O lugar escollido este ano foi o restaurante Punta del Este na cabeceira da comarca de Bergantiños, a vila de Carballo.O abundante cocido, o magnífico viño, traído directamente da Ribeira Sacra, e as fontes e fontes de orellas que pecharon o banquete animaron a velada dende o primeiro momento. Aínda non chegaran as filloas cando Antonio Mato Rial (fundador do cuarteto Os Matos de A Coruña) obsequiounos cunha exótica interpretación á harmónica de varias foliadas galegas, os aplausos non se fixeron esperar.
Servido o café e, se cadra, cohibidos ante á cantidade de senlleiros mestres gaiteiros esparexidos polas mesas, a xente retrasou o comezo da foliada.
Un momento máxico da xornada veu da man do gran mestre gaiteiro Manuel Viqueira Vieites, o Gaiteiro de Vilaverde (Ordes, A Coruña), quen amosou o seu carisma coa interpretación dunha das xoias do seu repertorio, unha muiñeira cargada de forza e sentimento que provocou, primeiro, un silencio de espectación seguido dun rebumbio de auténtica ledicia, onde, por suposto, non faltaron os aturuxos.
Pouco a pouco os asistentes fóronse animando a tocar e bailar co cal a festa continuou ata a noitiña.
A Associação Gaita-de-foles conmemora sete anos de vida
Festivais, Foliadas, Romarías / 27.03.06
O día 1 de Abril, a Associação Gaita-de-foles reunirá os socios e amigos para celebrar o seu séptimo aniversario.Conmemóranse Sete Anos de moito traballo, descoberta e memorias do instrumento que motivou o xurdimento da Associação: a Gaita-de-fole e os seus Gaiteiros.
Mais información.
Recuncho da Palleta do 25 de marzo de 2006
Lume na Palleira / 25.03.06
Este sábado 25 de marzo de 2006 no espazo "O Recuncho da Palleta" dentro do programa "Lume na Palleira" que presenta Emilio Españadero na sintonía da Radio Galega teremos unha lembranza ao primeiro presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos, D. Ricardo Portela Bouzas, tristemente falecido o 24 de marzo de 1992.
Ademais, presentaremos o novo e ambicioso proxecto que está a levar a cabo a AGG en colaboración coa editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas, contando coa presenza do artesán de gaitas e requintas Xosé Manuel Gil, de Ponteareas.
Carta do Colectivo en Defensa da Gaita
CDG / 25.03.06
Deputacións Provinciais e gaitas marcianasO Colectivo en Defensa da Gaita (CDG) quere amosar a súa gran preocupación polos feitos acontecidos recentemente trala sinatura dun convenio de colaboración entre a Asociación de Bandas de Gaitas da Provincia de Pontevedra (ABGPP) e a Deputación pontevedresa para a implantación de varias escolas que o único que van fomentar, segundo os antecedentes existentes, será a música de corte militar, propia de Escocia, e non a galega, tal e como acontece dende hai anos na Provincia de Ourense coa súa Escola Provincial de Gaitas en mans da Deputación ourensana.
Mais información.
Presentación do CD "ÁVREGO" de Iván Costa
Discografía / 23.03.06
Este sábado 25 de Marzo terá lugar a presentación do novo traballo en solitario do gaiteiro moañés.O acto celebrarase na Casa do Concello de Moaña ás 21:30 e nel intervirán Xan Cancelas, concelleiro de cultura do Concello de Moaña, Xosé Gil Dopazo, da Asociación de Gaiteiros Galegos, Candido Meixide de Edicións do Cumio e o propio Iván Costa.
A presentación rematará cunha intervención musical do gaiteiro acompañado por Sergio Cobos (percusión), Miguel Souto (percusión) e Iván Abal (zanfoña e gaita).
Carnés de socio
AGG / 23.03.06
Comprácenos enormemente que os socios da AGG xa esteades en posesión dos carnés. Confiamos en que todos os recibirades correctamente, de non ser así, por favor, facédenolo saber.Os carnés de socio representan a vosa afiliación e colaboración coa Asociación de Gaiteiros Galegos e o compromiso en prol da defensa dos valores da cultura e, en especial, da música tradicional galega.
No documento inclúese un número simbólico, número de socio, que resultará de gran utilidade á hora de facer consultas e dirixirse á nosa secretaría.
Na parte traseira poñemos á vosa disposición o contacto de algúns dos artesáns que, neste momento, están a traballar no eido da construción de instrumentos tradicionais galegos e contribuíron a financiar estes carnés.
Festival Interceltique de Lorient
Festivais, Foliadas, Romarías / 22.03.06
A medida que se achega o verán vanse coñecendo os pormenores da celebración dun dos festivais con máis sona de Europa, o “Festival Interceltique de Lorient”, que terá lugar dende o 28 de xullo ata o 6 de agosto na vila gala. Xa temos novas acerca de cal será a representación galega neste evento.Mais información.
Esta noite hai unha fía
Concertos / 22.03.06
Este sábado 1 de abril ás 20:00 horas terá lugar 'Esta noite hai unha fía’, gala do 10 aniversario de ‘O fiadeiro’.Terá lugar no Teatro Sala de Concertos do Centro Cultural Caixanova en Vigo.Pódense facer as reservas a partir do 20 de marzo, ben telefonicamente, chamando ao 902 504 500, ou ben entrando en www.caixanova.es.
Os bos e xenerosos. 3ª edición.
Reunións, actos, ... / 21.03.06
A Asociación de Escritores en Lingua Galega celebra a 3ª edición deste acto de homenaxe e recoñecemento anual. Cada ano escóllese a unha figura ou colectivo que, pola súa actividade de intervención social, contribuíse á difusión pública da cultura galega.Este ano preténdese poñer de relevo á traxectoria do colectivo Ponte... nas Ondas! que naceu en 1995 coa fin de incentivar a comunicación internacional entre adolescentes e profesionais das dúas beiras do Miño. Conseguiron salvar barreiras e crear lazos de entendemento entre comunidades veciñas pero separadas por unha fronteira política. O labor de recuperación, estudo e clasificación do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués de Ponte... nas Ondas!! a través da radio tamén constitúe unha labor encomiable deste colectivo.
Os actos da 3ª edición de “Os bos e xenerosos” terán lugar o sábado 25 de marzo a partir das 11:30 no Auditorio do Centro Sociocultural Caixa Galicia, na rúa Policarpo Sanz, 21, Vigo.
Páxina 420 de 438