Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas

Novas

ACTOS DO XVI CONCURSO DE GAITA GALEGA "CONSTANTINO BELLÓN"

Concursos e Certames / 24.08.06

O Ateneo Ferrolán comprácese en convidarlle aos actos do XVI Concurso de Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN”

Data: MÉRCORES día 30 de agosto de 2006
Estreno PEZAS gañadoras do Premio de Composición

Data: XOVES día 31 de agosto de 2006
FINAL do XVI Concurso de Gaita Galega Constantino Bellón

HORARIOS: 8,30 tarde. LUGAR: Teatro JOFRE - Ferrol.

Noites máxicas e Vigo, as noites dos Iluminados.

AGG / 22.08.06

Noites máxicas e Vigo, as noites dos Iluminados.

240.000 euros das arcas públicas van ser, de novo, dilapidados nun espectáculo pretencioso e carente de todo sentido que pretende, pero non ten nada ten que ver coa cultura da nosa terra. Segundo o Sr. Hipólito Cabezas, representante da empresa produtora e triste artífice do atentado á cultura galega da Asociación de Bandas de Gaitas de la Provincia de Pontevedra, este será un espectáculo feito en Galicia para a súa exportación. Como sempre, a mediocridade deste elemento intenta disimular, no seu discurso fatuo e grandilocuente, a súa completa carencia de imaxinación para crear algo orixinal. Tanto é así, que non lle chega con copiar o formato, senón tamén o nome das coñecidísimas 'Noites Máxicas' que se celebran tódolos anos durante o Festival Intercéltico de Lorient (Francia). O máis triste do caso é que a corporación municipal de Vigo se deixe enganar e trague esas rodas de muiño que, a prezo de ouro, lle serve o Sr. Cabezas.

Como o lector recordará, hai algúns meses, a Excma. Deputación de Pontevedra concedía ao Sr. Cabezas 100.000 euros para a creación de cinco escolas de gaitas coa oposición de tódolos colectivos dedicados á música tradicional da Provincia. Máis de 12500 sinaturas foron presentadas no rexistro do organismo provincial sin que surtiran efecto algún. Nun espectáculo celebrado no teatro García Barbón no que se presentaba a Agrupación de Gaitas 'Moxenas', a Sra. alcaldesa, Dona Corina Porro, prometeu que Vigo non se prestaría ao xogo da suplantación das nosas tradicións por formas e músicas alleas. Pois ben, velaquí temos o resultado: a celebración nestas 'Noites Máxicas' dun campeonato de Bandas de Gaitas con formato Escocés, formacións e círculos concéntricos incluídos.

A Asociación de Gaiteiros Galegos quere denunciar e deixar patente a súa disconformidade e repulsa polo apoio do Concello de Vigo e a Deputación a este tipo de manifestacións que non fan outra cousa máis que asasinar a nosa música tradicional e importar instrumentos, técnicas e formas que non teñen nada que ver con Galicia. Os iluminados e acomplexados que as defenden deberían de pulsar opinións neses paises aos que tratan de imitar e que están a valorar, cada vez máis, a nosa música de raiz tal como sempre foi. As adulteracións só serven para provocar un sorriso de condescendencia tando dentro como fóra de Galicia.

FALLO DO XURADO AO PREMIO COMPOSICIÓN PARA GAITA GALEGA SOLISTA- XVI CONCURSO DE

Concursos e Certames / 22.08.06

En Ferrol, o día 21 de agosto de 2006, no local do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Magdalena 202-204, o XURADO do XVI Concurso de Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN”, composto por:

D. Víctor Fernández Gabeiras
D. Xavier Rodríguez Fariñas
D. Pablo López Torneiro
D. Xoán Rodríguez Silvar
D. Xesús Vaamonde Manteiga

e actuando como secretaria, sen voto, Dona María Cristina Meizoso Alonso, unha vez analizadas a totalidade das composicións presentadas ó mesmo,

ACORDOU, entregar ó PREMIO de Composición para Gaita Galega Solista a:

ERNESTO CAMPOS CAMESELLA

pola partitura para Gaita e Piano “AMENCER EN FISTERRA”

Novo espectáculo etnográfico do Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina

Festivais, Foliadas, Romarías / 22.08.06



A estrea do novo espectáculo etnográfico do Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina "PRESTIXIO" terá lugar o vindeiro venres 25 de agosto ás 22:30 na Praza do Convento de Pontedeume, tendo a súa continuación o sábado 26 de agosto ás 22:30 na Praza dos Libros de Carballo, o venres 1 de setembro en Dodro e o sábado 2 de setembro en Soutomaior.


Mais información.

A música do país, contra o terrorismo incendiario, viste de negro

Varios / 11.08.06

A música do país, contra o terrorismo incendiario, viste de negro

A través desta iniciativa a Asociación de Gaiteiros Galegos quere expresar a súa indignación e rexeitamento contra a actividade incendiaría que está a sufrir o país nestes últimos días.

Sabemos que moitos dos nosos socios están a traballar na medida das súas posibilidades en tarefas de colaboración. Máis aínda, moitas festas terán que ser canceladas. Aínda así, se nesta ponte, a máis festeira do ano, do 12 ao 15 de agosto, vas tocar, cantar, bailar, ... vístete de negro. Deste xeito o colectivo de músic@s e artistas manifestaremos a nosa adhesión coas víctimas do lume, cos traballadores que están a loitar de xeito valente e incansable. Formaremos parte, como sempre fixemos, do movemento social de rexeitamento contra este novo atentado que esta a sufrir o país.

Difunde esta mensaxe. Entre tod@s faremos chegar a todas as vilas, aldeas e cidades esta mensaxe de indiganción e rexeitamento.

Asociación de Gaiteiros Galegos.
Rúa Afonso XIII,7, oficina 8 - 36.002 Pontevedra
Tfno: 986 84 70 74
www.gaiteirosgalegos.com

A Xunta activa 24 horas o teléfono 900 400 800 en defensa do monte galego

Varios / 10.08.06

Santiago, 9 de agosto de 2006.- A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Vicepresidencia da Xunta pon o teléfono do voluntariado, 900 400 800, ao servizo do voluntariado na defensa do monte galego e manterao activo as 24 horas do día. Dende ese teléfono vaise coordinar todo o dispositivo de voluntariado en materia de incendios forestais e vanse intentar canalizar as innumerables mostras de axuda e solidariedade que se están a recibir en todas as áreas do Goberno galego, polas que a Xunta de Galicia expresa a súa máis sinceira gratitude a todas as galegas e os galegos.

Coa activación deste teléfono, o Goberno galego roga a toda a poboación que queira colaborar nestas labores que concentre neste número todas as súas chamadas, para dar os seus datos, para aportar suxerencias ou calquera outro tipo de colaboracións. Este número operaba antes coma o teléfono solidario da Dirección Xeral de Xuventude e agora reconvertirase para atender de forma ininterrompida todas as chamadas dos cidadáns relacionadas co dispositivo contra incendios forestais.

Ademais neste teléfono recolleranse todas as informacións que os cidadáns poidan aportar para contribuír ás investigacións policiais para acabar cos terroristas do lume.

XIII Mostra de Instrumentos de Música Tradicionais

Festivais, Foliadas, Romarías / 09.08.06

Bo sabor foi o que deixou a XIII Mostra de Instrumentos de Música Tradicionais nos beizos de artesáns, músicos e público que acudiron a pasada fin de semana ao Festival de Pardiñas en Guitiriz.

Todas as actividades que se desenvolveron entre o sábado 5 e o domingo 6 de agosto. Os obradoiros de baile, o obradoiro de xoguetes sonoros, a mostra de artesáns, etc. contaron coa presenza dun público entusiasmado que non dubidou en saír a bailar, a tocar e mesmo mercar unha gaita de cocobolo ou unha pandeireta de nogueira.

Mini e Mero foron os encargados de dar o pregón o sábado, Luis, O Caruncho, e Benito, puxeron a pinga de humor coas súas afiadas coplas e Os Campantes da Baña crearon un ambiente de verbena que prestou enormemente aos bailaríns presentes.

Grazas ao apoio da Consellería de Cultura, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, a mostra puido contar este ano cunha mellora na súa infraestrutura. A Asociación de Gaiteros Galegos contou, por primeiro ano, co seu propio stand no que se proxectaron gravacións das actividades da asociación e no que se puido contemplar unha exposición de fotografías cedidas para a ocasión por Pablo Carpintero. Non faltaron músicos que decidiron apoiar o noso proxecto facéndose socios alí mesmo.

Pero como todo o bo remata, a mostra pechouse o domingo xa entrada a noite. Agardemos que as vindeiras edicións acaden, cando menos, o éxito da que foi a XIII Mostra de Instrumentos de Música Tradicionais.

XXXIX Concurso de Gaitas Ponteareas

Concursos e Certames / 09.08.06


Xa están publicadas as bases do XXXIX Concurso de Gaitas Ponteareas, organizado polo concello de Ponteareas e o máis antigo dos que se celebran en Galiza na actualidade. Terá lugar na citada vila pontevedresa os vindeiros 23 e 24 de setembro de 2006.

A Asociación de Gaiteiros Galegos pon á vosa disposición as bases e a folla de inscrición en formato electrónico. As inscricións serán gratuítas e deberán presentarse no Concello de Ponteareas antes do 15 de setembro.




Descargar bases do XXXIX Concurso de Gaitas de Ponteareas.


Descargar folla de inscrición do XXXIX Concurso de Gaitas de Ponteareas.


Finalistas do concurso "Constantino Bellón" 2006

Concursos e Certames / 02.08.06

En Ferrol, o día 27 de xullo de 2006, no local do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Magdalena, 202, o XURADO do 16º Concurso de Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN”, composto por:
D. Víctor Fernández Gabeiras
D. Xesús Vaamonde Manteiga
D. Xavier Rodríguez Fariñas
D. Pablo López Torneiro
D. Xoán Rodríguez Silvar
e actuando como secretaria, sen voto, Dona María Cristina Meizoso Alonso, unha vez escoitadas e valoradas a totalidade das pezas presentadas a concurso, así como examinadas as partituras que se requirían para participar no mesmo,

ACORDOU, por unanimidade seleccionar os seguintes finalistas:

1. Agustín Sánchez Iglesias A Coruña
2. Anáisy Gómez Fernández A Coruña
3. Bruno Villamor Gay Lugo
4. Daniel Bellón García Barallobre, Fene, A Coruña
5. José Manuel Mojón Pérez Ourense
6. Oscar Miranda Lodeiro Arteixo, A Coruña
7. Pablo Devigo Vázquez Castrocaldelas, Ourense

XIII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional

Festivais, Foliadas, Romarías / 31.07.06

Esta “XIII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional” que a comisión de artesáns da Asociación de Gaiteiros Galegos(AGG) organiza, encádrase dentro do marco do festival de Pardiñas, organizado pola A. C. Xermolos de Guitiriz, que este ano terá lugar os días 5 e 6 de agosto.

Temos que salientar que, ao fin, as institucións galegas apoian esta iniciativa que xa fai trece anos comezamos catro artesáns, coa idea de crear en Galiza unha cita anual onde os mellores luthiers estivesen nunha feira amosando o seu traballo de ano en ano, fora do seu obradoiro. Hoxe, esta Mostra, é unha referencia indispensable na música tradicional na península. Non só por ser a primeira, senón porque por ela pasaron os máis prestixiosos obradoiros e luthiers.

Para realizar o Pregón contamos coa presenza de MINI e MERO, sen dúbida, dúas persoas que son unha referencia na música tradicional cantada, con moitos anos de loita e traballo as costas na defensa da normalización cultural de Galiza. A continuación terá lugar a actuación dos regueifeiros LUIS O CARUNCHO E BENITO LOBARIÑAS.O domingo teremos a actuación da murga de música tradicional galega OS CAMPANTES DA BAÑA.

As actividades previstas para enriquecer a exposición, están enfocadas para que sexan totalmente participativas, así pois, haberá un escenario dispoñible durante todo o día para todos aqueles músicos que desexen tocar, e aqueles artesáns que queiran falar ou facer algunha demostración da sonoridade dos seus instrumentos. Ademais este ano facemos un obradoiro de baile impartido por PILAR GONZÁLEZ e JULIÁN MOJÍN, e máis un obradoiro de construción de xoguetes sonoros para os nenos e nenas, impartido por EMILIO LOIS.





Mais información.

Páxina 414 de 438