Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas

Novas

Constantino Bellón 2005

Concursos e Certames / 25.04.05

A peza obrigatória do ano 2005 está disponible en formato encore en

Peza obrigatória do Constantino Bellón 2005

Saudos, e sorte!

“CONSTANTINO BELLÓN”


O “CONSTANTINO BELLÓN”, é unha plataforma, creada polo Ateneo Ferrolán, para servir de canle de expresión e presentación de novas pezas de autores e axudar a manter e potencia-la música tradicional de gaita galega.


Mais información

8ª Edición do Memorial Manuel Texo

Concursos e Certames / 25.04.05

O vindeiro sábado 7 de maio, na Casa da Cultura de Santa Cruz de Rivadulla (Vedra), celebrarase a 8ª edición do Concurso de Grupos Tradicionais Memorial Manuel Texo, coa participación dos seguintes grupos:

O CUARTETO DA GENTALHA (Santiago)
AIRIÑOS DO MAR (Noia)
ESTIVADA (Teo)
OS SETE ESTALOS (A Coruña)
PICUIÑA (Marín)
LAGHAREU (Vedra)
VILAHÍO (Vilagarcía de Arousa)


Mais información

Comunicado conxunto Deza Tabeiros asunto Escola de Gaitas de Pontevedra

Varios / 25.04.05

Por princípios: a AGG non é unha organización política

AGG / 25.04.05

Neste artigo, que podedes baixar de

Por principios

o presidente, Santiago Caneiro, fai unha série de reflexións moi interesantes ao fio de certos comentários onde se tenta relacionar á Asociación de Gaiteiros Galegos con algún partido político.

Saudos

Concerto-Homenaxe a Moxenas: Sábado 30 de abril

Varios / 25.04.05

A ESTRADA, 2005. CHARANGAS E CUARTETOS

Concursos e Certames / 24.04.05

Nas seguintes duas ligazóns tes toda a información sobre o concurso da Estrada correspondente ao ano 2005.

http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/uploads/AESTRADA_BASES_2005.pdf

http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/uploads/AESTRADA_INSCRICION_2005.pdf

Impreso para a recollida de sinaturas.

Deput. Pontevedra / 24.04.05

Nota de Prensa Convenio Exma. Deputación de Pontevedra

Deput. Pontevedra / 23.04.05

O convenio asinado entre a Deputación de Pontevedra e a Asociación Banda de Gaitas Provincia de Pontevedra é un cúmulo de defectos de forma e o seu fondo condena á música tradicional galega. A Asociación beneficiaria non ten adaptados os seus estatutos á normativa actual polo que non pode percibir subvención oficial algunha. Por outra banda, o seu orzamento máximo anual está limitado, por eses mesmos estatutos do ano 1996, a tres millóns de pesetas así que os 90.000 euros excédeno con moito.

Se desexas sumarte ao colectivo de grupos e persoas que asinan o comunicado, por favor, envia un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Asocia-te!!!!!!!!!!!!!!!

AGG / 21.04.05



Compañeiro,

Se ainda non estás asociado e desexas facé-lo, podes descargar o formulário de inscrición de


http://www.gaiteirosgalegos.com/socio-agg.pdf

MANIFESTO DO COLECTIVO DE MUSICOS TRADICIONAIS DO MORRAZO – ABRIL/2005

Reunións, actos, ... / 21.04.05




Compañeiros,

O colectivo de músicos tradicionais do Morrazo ven de publicar o seguinte manifesto en relación co tema da Deputación de Pontevedra.

Se desexades aderir-vos ao manifesto, por favor, non deixedes de enviar un e-mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Páxina 409 de 411