Novas
Donicelas
ALALA / 27.03.07
O Alalá do martes 27 de marzo, contou a historia dunhas cativas de Salceda de Caselas, as Donicelas, que con tan só nove aniños ilusionáronse coa música da nosa terra. Para elas a pandeireta e os cantos tradicionais comezaron sendo un xogo, pero as nenas medraron e o xogo transformouse nunha das súas paixóns.O destino quixo que coincidiran cun mestre, Toniño, do grupo Treixadura, que soubo facer da música unha materia atractiva, que conseguiu que este obradoiro fose o máis solicitado para as pequenas artistas. A música das Donicelas enfeitizou primeiro a un colexio, logo a toda unha vila e así apareceron as primeiras actuacións, empezaron a soar na radio, na televisión e chegou un dos soños máis desexados por elas: a gravación do seu primeiro disco.
Hoxe, as mozas compaxinan os seus traballos e as súas familias coa música, que está presente sempre nas súas vidas. Tere, Bea, Noelia e Isa son as catro amigas que están xuntas desde os comezos deste proxecto musical e xa van alá case vinte anos. Co tempo incorporáronse Andrea e Rosa e esta fermosa historia segue viva pola amizade que as une e polo ben que o pasan xuntas.
No programa desta noite as voces das Donicelas estarán acompañadas por Treixadura e polo Orfeón Treixadura. Verase como é a vida destas Donicelas e entenderase porque as súas voces seguen a enfeitizar do mesmo xeito que o facían de pequeniñas.
CONCURSO DE PANDERETEIRAS/OS DA A.C. OS MUIÑOS DE OLIVEIRA
Concursos e Certames / 26.03.07
O concurso terá lugar o día 22 de Abril do 2007, ás 16:00 da tarde, no Auditorio Reveriano Soutullo en Ponteareas. O prazo de inscrición rematará o día 2 de Abril 2007, debendo enviar debidamente cumprimentada a folla adxunta que podedes descargar nas bases.Bases do concurso
XII Xantar Gaiteiro
AGG / 25.03.07
O pasado domingo 25 de marzo, celebrouse no Restaurante Monte da Condesa de Santiago, o XII Xantar Gaiteiro da AGG. Coma sempre, demos boa conta de un cocido para, despois, empezar ca música que se prolongou ata as oito do serán.
Premede no enlace seguinte se queredes ver máis fotos.
Fotos do XII Xantar Gaiteiro.
ARZÚA - TERRA DE MELIDE
Lume na Palleira / 23.03.07
Este sábado, 24 de Marzo, o recuncho da palleta estará dedicado á zona de Arzúa-Terra de Melide, comarcas onde aparece a gaita de catro voces, da que falaremos a través da figura dun dos mellores gaiteiros da zona: Manuel Lago Sánchez, gaiteiro de Carelle, Sobrado dos Monxes, quen representa a perfecta imaxe do gaiteiro solista, como manda a tradición.
A gaita de catro voces tan característica desta comarca, ten o máximo de voces que pode ter unha gaita galega: 4 elementos sonoros con ronqueta e chillón.
O ronco emite a nota tónica (Do) do punteiro, dúas oitavas por debaixo. A ronqueta emite a nota tónica (Do) do punteiro, unha oitava por debaixo. O chillón emite a nota dominante (Sol) do punteiro, unha oitava por debaixo. Debido a todo esto necesítase unha gran maestría para tocala, pero deste tema coñeceremos mais no recuncho deste sábado.
II CURSO DE TÉCNICA E INTERPRETACIÓN DE GAITA GALEGA
Cursos / 22.03.07
Os días 10 e 11 de Abril e organizado polo Conservatorio Profesional de Música de Ourense, vaise celebrar o II CURSO DE TÉCNICA E INTERPRETACIÓN DE GAITA GALEGA, impartido polos mestres JUAN BARCÓN PEÑA e BRUNO VILLAMOR GAY.O prazo de inscrición remata o 4 de Abril e no programa poderedes atopar toda a información necesaria para participar. Animádevos.
Programa do curso
CONCERTO PRESENTACIÓN VAAMONDE, LAMAS E ROMERO
Concertos / 21.03.07
O xoves, 22 de Marzo, tivo lugar o Concerto presentación do novo traballo de Vaamonde, Lamas & Romero ás 21:00 horas no Auditorio do Centro Cultural A Fábrica, en Perillo (Oleiros). Foi un encontro coa boa música galega que nos fixo pasar un bo serán.8º ANIVERSARIO DA ASOCIACIÓN GAITA DE FOLES
A. Gaita de Foles / 21.03.07
O sábado 24 de Marzo a Asociación Gaita de Foles comemorou o seu oitavo aniversario. Esta data non serviu só de motivo para xuntar a socios, amigos e todos aqueles que o desexaron, nunha grande festa de convivencia, senón tamén para facer unha homenaxe a un dos mais emblemáticos gaiteiros portugueses: o gaiteiro Joaquim Roque, de Torres Vedras.Esta festa tivo un punto importante, que foi unha breve presentación da banda Cornes, o novo proxecto musical ligado à Asociación. Esta banda encóntrase, neste momento, en formación e aproveita o oitavo aniversario da Asociación para mostrar un pouco do traballo que está a desenvolver. Esta celebración comezou cun almorzo de convivencia as 13:00h no Ateneu Comercial de Lisboa, onde a festa continuou tamén dentro pola tarde. Para mais información e inscricións, contactar, ata o dia 22 à tarde: Inês Gonçalves 962915892 Mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Ateneu Comercial de Lisboa, Rua das Portas de Santo Antão, nº 110 Lisboa - rua do Coliseu dos Recreios, preto da Avenida da Liberdade e do Rossio.
Transportes públicos: metro – estación de metro do Rossio (liña verde) ou dos Restauradores (liña azul). Estacionamento: parque de estacionamento da Praça dos Restauradores (ao pé do Hard Rock Café)
OBRADOIRO DE CULTURA TRADICIONAL ULTREIA
ALALA / 20.03.07
No Alalá do martes 20 de Marzo, o espectador aprendeu moitas cousas que seguramente descoñecía da historia do folclore galego: instrumentos tan curiosos como a folla de hedra, o rabel ou a gaita de barquín; os traxes vistosos de garda e de cotío, os bailes das distintas provincias e as formacións musicais propias de cada época, desde o gaiteiro que tocaba só a charanga. Nisto consiste o concerto didáctico que Ultreia leva varios anos a representar para os rapaces das escolas, para achegarlles a inmensa riqueza do folclore galego.O Obradoiro de cultura tradicional Ultreia, un dos grupos máis destacados na investigación e na representación do folclore galego, naceu hai catorce anos e desde entón é un dos grupos máis aplaudidos tanto polo seu labor de investigación coma pola espectacular posta en escena. O programa permitiu coñecer os seus compoñentes, xente nova pero con moita experiencia no mundo do folclore. Son estudantes, amas de casa, perruqueiros, artesáns, doutores en ciencias, nais e pais, que se senten na súa salsa, tanto nos ensaios coma nas recollidas que fan polas diferentes aldeas de Galicia na procura dos segredos musicais dos máis vellos.
O tempo que lle dedican a Ultreia róubanllelo á familia, aos amigos e aos traballos, pero basta con ver o que se divirten tocando e bailando para entender que lles paga a pena. Toda a forza, a alegría e a cor de Ultreia estarán sobre o escenario deste concerto didáctico, co que os espectadores de Alalá aprenderon e gozaron tanto coma os nenos a quen vai dirixido o espectáculo
XXV CURSO DE CULTURA TRADICIONAL GALEGA
Cursos / 20.03.07
Os días 5, 6 e 7 de abril de 2007 (Semana Santa) vaise celebrar un interesante curso de Cultura Tradicional Galega organizado pola Asociación Cultural Cantigas e Frores, no Auditorio Municipal Gustavo Freire en Lugo. O prazo de inscripción rematará no momento que se cubran as prazas de cada especialidade. Agardamos a vosa participación.Programa do curso
O FIRME DE BATRIBÁN
Lume na Palleira / 16.03.07
O Sábado 17 de Marzo, nos recunchos da Palleta, contamos con Pablo Carpintero que nos falou do Firme de Batribán.
O Firme vive en Batribán, unha aldea que está na zona entre Eo e Navia que, musicalmente falando, está moito máis perto de Galiza que de Asturias. O Firme é un dos grandes gaiteiros desta zona, un home que conta con máis de oitenta anos de profesión gaiteira e que coñece a tradición como a palma da mau.
Escoitamos música de gaita, cantigas e romances dos que o Firme é un grande especialista debido a súa prodixiosa memoria.
Páxina 404 de 438