Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas

Novas

NOITE DA LÚA MEIGA 2007

Festivais, Foliadas, Romarías / 26.07.07

Aquí tendes o programa do festival "Noite da Lúa Meiga 2007" que terá lugar o 25 e o 26 de Agosto no Miradoiro do Outeiro Grande, no Viso (Redondela, Pontevedra):

SÁBADO 25 AGOSTO:
21:30h Grupo de Gaitas O Carballo das Cen Polas e concerto de:

- PRADAIRO
- TREIXADURA E ORFEÓN
- TIRULEQUE

DOMINGO 26 AGOSTO:
- Sesión vermú (12:30 h) con:

+ Grupo de Gaitas son do Castro
+ Grupo de Baile Froles Mareliñas

- Xantar Popular e Pulpeira
- Pola tarde (16:00 h), Xogos populares e Festival con:

+ Pandereteiras Flor de Toxo
+ Baile Galego do C.Cultural de Cabeiro
+ Pandereteiras do C. Cultural de Cabeiro
+ Grupo folclórico anaquiños
+ Aririños da Peneda

*Servizo de autobús dende as 21:30 pra subir ó festival. Paradas señalizadas

* Todos aqueles que se animen poderán traer os seu instrumentos e participar nesta FESTA RACHADA 2007¡¡
Máis información na web da noite da lúa meiga ou 656 938 058 (Covelo)

PRESENTACIÓN DO NOVO DISCO DE PABLO SEOANE

Discografía / 24.07.07

O vindeiro 30 de xullo e durante as festas do apóstolo en Compostela farase a presentacion oficial do 2º cd do gaiteiro Pablo Seoane, "Fluindo en pechado". Será ás 22:30 h. na Praza do Toural.

O pasado 1 de xuño púxose á venda este 2º traballo discográfico que está auto producido. Foi grabado nos estudios de producción da Radio Galega, e está editado polo selo “Leilear”.

“Fluindo en pechado” é un trabajo basado na música de raíz galega, especialmente na dixitación “pechada”, a cal estivo prácticamente en desuso debido a grande dificultade, tanto de interpretación como de afinación e interrelación con outros instrumentos.

Este disco componse de 14 temas, todos eles tradicionales , algúns deles interpretados respetando fielmente su orixinalidade, e outros arreglados e interpretados siguiendo as novas tendencias da música tradicional galega.

No repertorio busca ofrecer una visión ampla de tódolos ritmos que compoñen a música tradicional galega, dende as muiñeiras, pasando por xotas, pasodobres, mazurcas, valses, rumbas, tendo a gaita como instrumento conductor.

A grabación foi posible grazas a colaboración dos músicos:

•Edelmiro Fernández (percusions)
•Josele (clarinete, requinto y saxo soprano)
•Xan Pampín (acordeón)
•Guti Álvarez (violín)
•Ruote (voces)
•Pablo Seoane (gaitas)

Para máis información:
Pablo Seoane 657 810 611
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

IV CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL "RICARDO PORTELA"

Concursos e Certames / 23.07.07

Óscar Ibáñez e Pablo Devigo repartíronse o premio do IV CONCURSO DE MUSICA TRADICIONAL RICARDO PORTELA que se celebrou onte, sábado, 21 de xullo de 2007, en Viascón (Pontevedra). O premio de percusión foi para Andrés Vilán Lorenzo, tamborileiro que actuou acompañando a Óscar Ibáñez. Os tres gaiteiros recibiron os galardóns aos postres da comida de irmandade que se celebrou hoxe domingo con motivo da homenaxe a Ricardo Portela e aos Irmáns Pichel, gaiteiros do concello de Cotobade, e que contou ca presenza de D. Manoel Loureiro Adán, alcalde deste concello, dous dos seus concelleiros e do Sr. Director Xeral de Creación e Difusión Cultural D. Luís Bará Torres.

O III Premio Irmáns Pichel que, cada ano, se outorga a unha persoa ou entidade vencellada con Don Ricardo, recaeu sobre Amando Fontán, amigo do gaiteiro de Viascón. Amando recolleuno, visiblemente emocionado, das mans do Sr. alcalde e pronunciou unhas entrecortadas verbas en memoria do que fora o seu mestre e amigo. A concelleira de cultura deu lectura ás consideracións do xurado do III Premio Irmáns Pichel nas que se expoñen as razóns da concesión da distinción a Amando Fontán e que se reproducen ao final.

O Director Xeral de Creación e Difusión cultural da Xunta de Galicia, D. Luís Bará Torres, pronunciou unhas palabras en lembranza de Portela e anunciou a inminente posta en servizo da 'Casa de Gaita' que será xestionada por esta Asociación.

Máis Información

XIV MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL

AGG / 20.07.07

Os vindeiros 4 e 5 de Agosto de 2007 terá lugar en Guitiriz (Lugo) a "XIV Mostra de Instrumentos de Música Tradicional" que a comisión de artesáns da Asociación de Gaiteiros Galegos organiza, dentro do marco do festival de Pardiñas organizado pola A.C. Xermolos de Guitiriz.

Esta Mostra comezou xa fai catorce anos, coa idea de crear en Galicia unha cita anual onde os mellores luthiers estivesen nunha feira amosando o seu traballo de ano en ano, fora do seu obradoiro. Hoxe en día é unha referencia indispensable da música tradicional na península.

As actividades previstas para enriquecer a exposición, están enfocadas para que sexan totalmente participativas, así pois haberá un escenario dispoñible durante todo o día para todos aqueles músicos que desexen tocar, e aqueles artesáns que queiran falar ou facer algunha demostración da sonoridade dos seus instrumentos. Non faltedes a esta importante cita!!


Consulta o programa da Mostra

CONVOCATORIA DE PRAZAS POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Anuncios, subvencións, oposicións... / 18.07.07

A Deputación Provincial de Ourense, como leva facendo xa varios anos por estas datas, e coa mínima difusión posible, ven de convocar unha serie de prazas relacionadas co ensino de música tradicional.

A convocatoria foi publicada o pasado venres 13 de xullo.O procedimento de selección é vía concurso oposición, e sorpresivamente, a única titulación requerida é a de graduado escolar.

O prazo de instancias remata aos sete dias naturais do día seguinte á publicación que sería o sábado 21 de Xullo de 2007.

Comunicado da Asociación

FESTIVAL DE LORIENT

Festivais, Foliadas, Romarías / 18.07.07

Esta é unha relación dos grupos que van representar a Galicia no Festival Interceltique de Lorient 2007, do día 3 ata o 12 de Agosto, este ano adicado a Escocia:

- FIA NA ROCA
- DANIEL BELLON & DIEGO MACEIRAS
- LUAR NA LUBRE
- GRUPO DE DANZAS DONAIRE
- BANDA DE GAITAS (TRADICIONAIS) DO CONCELLO DE OUTES
- BANDA DE GAITAS (TRADICIONAIS) ESTIVADA DE CALO

Ademais hai unha sección de solistas para o Trofeo Mac Crimomm:

-ALBERTO COYA
-BRAIS PAZ
-EDELMIRO FERNANDEZ
-PABLO DEVIGO

Tamén teremos participación dun xurado galego para este concurso, composto por:

- IVÁN AREA
- JOSÉ FERNÁNDEZ (JOSELE)

Outro punto interesante do Festival e o Trofeo de música celta « CIDRERIE DU TERROIR », este concurso ten por obxeto promover grupos de música e canto, aficionados ou profesionaies, inspirados polo fondo tradicional dos « paises » Celtas, e tendo unha expresión orixinal e contemporanea.

Contaremos ademais co stand do obradoiro Seivane, Presedo e un stand de Turgalicia.

O duo Daniel Bellón & Edelmiro Fernández van a participar, xunto coa orquesta do Fil no concerto « L’EPOPÉE CELTIQUE » do compositor Escocés Eddie McGuire.

Pablo Seoane vainos a presentar ó seu novo grupo e moitas mais novidades que non vos podedes perder. Vémonos en Lorient!!

A XUNTA COMPRA 55 GAITAS DE MIL EUROS PARA REGALAR A EMIGRANTES

Prensa / 17.07.07

Ata o venres 20 de Xullo teñen todos os fabricantes de gaitas para presentar á Xunta as súas ofertas para o subministro de 55 gaitas. O Diario Oficial de Galicia do xoves 13 de xullo, anuncia o concurso público por procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación dunha subministración de 55 gaitas tradicionais galegas pola Secretaría Xeral de Emigración.

De acordo co prego de prescripcións técnicas redactado pola Xunta con motivo de esta operación, soamente se comprarán «gaitas que correspondan á tipoloxía tradicional galega, con madeira de granadillo, anelado en metacrilato, fol de Gore Tex, con veludo en cores variadas...». «Entregaranse listas para tocar, en funda ou bolsa acolchada», engade o documento.

A adquisición ten un orzamento base de 60.000 euros, o que suporía un máximo de 1.091 euros por gaita e todas deberán entregarse antes do 30 de novembro deste ano.. Segundo informa La Voz de Galicia estes instrumentos están destinados como agasallos ás organizacións de emigrantes galegos no exterior para fomentar entre elas a querenza á nosa música.

Consulta o dog

FESTIVAL DO CASTRO EN PANTÓN (LUGO)

Festivais, Foliadas, Romarías / 17.07.07

A Asociación Cultural Escola de Baile e Gaita O Castro (de agora en diante Asociación Cultural O Castro), organizadora da Edición de 2007 do Festival do Castro, en Pantón, prácese en comunicar a todo o público e medios de comunicación que este ano a data escollida para a celebración do evento é o sábado 18 de agosto de 2007.

Dado o exitoso da pasada edición, esta asociación decidiu reproducir un modelo semellante ó do ano anterior, por tanto o día estará plagado de actividades dende as primeiras horas, sendo a súa estructura a seguinte:

- Pasarrúas por Ferreira e animación polo día no recinto do campo da feira a cargo de:

Os Minhotes (Gaiteiros tradicionais)
Trópico de grelos (percusión afrobrasileira)
Festicultores (charanga de música dos Balcáns)
Pista 4 ( malabares, paisos e zancudos)

- 2ª Feira de exposición e venda de artesanía popular, con artesáns da comarca e do resto do país.

- 2ª Edición do Xantar Popular do Castro, menú a base de productos de calidade da zona a prezos populares, prevendo este ano un incremento importante nesta actividade.

- Concertos do Festival do Castro, para este ano contarase coas actuacións de “Os Festicultores Troupe”, “Sérralle aí!!”, “Dandy Fever”, “Che Sudaka”, “Bob de Rage Sense” e “Toñito de Poi”.

Convidando pois, dende agora mesmo, a que todo o público en xeral vai facendo reserva para esta xornada lúdico festiva, organizada dende a Asociación Cultural O Castro, e que, sen dúbida estará chamado a ser o acto de referencia para a xente máis moza da nosa comarca.

Para información detallada e declaracións os medios de comunicación contactar con Christian no 626.36.18.99, responsábel de comunicación da Asociación cultural o Castro.

Saúdos festivaleiros dende Pantón

RESULTADOS DO VIII MEMORIAL RICARDO PORTELA

Concursos e Certames / 15.07.07



O sábado 14 de xullo, tivo lugar o concurso VIII Memorial Ricardo Portela, contando cun total de seis grupos participantes, nomeadamente: Boudebou (Cambados), Contracocheno (Vigo), Os Enxebres (Cacheiras), Os Folerpas (Santiago de Compostela), Picuiña (Marín) e Rédea Solta (Galicia).

Na fase eliminatoria, celebrada pola mañá, o xurado do concurso decidiu clasificar para a fase final aos seis grupos participantes que amenizaron as rúas de Pontevedra coas súas interpretacións.

Na fase final, celebrada ás 20 horas na Praza da Verdura, lugar onde tamén tiña lugar a mostra de artesans de instrumentos tradicionais galegos, o xurado cualificador decidiu outorgar os seguintes premios:


Máis información.

PRIMER DISCO DE CREMA DE GAITA

Discografía / 12.07.07

O grupo vigués Crema de Gaita presenta o seu primer disco "TanGalego" da man da discográfica Ouvirmos, dentro do seu selo para coproducciones VIR.

Crema de Gaita é un grupo folk con insignia distintiva. Fundado en 1994, abraza formas pouco convencionais na música folk concebida en Galicia. Crema de Gaita acércase aos ritmos latinos (tangos, tumbaos, boleros, habaneras,...) sen descartar influencias euroatlánticas e versións de temas de música tradicional galega, demostrando as múltiples posibilidades que ofrece a gaita en diversos estilos.

O groso do repertorio está formado fundamentalmente por composicións de Ernesto Campos, membro de Crema de Gaita e autor de temas grabados por artistas como Carlos Núñez, Xosé Manuel Budiño ou Susana Seivane.

Este traballo está composto por 15 temas e conta con colaboracións de recoñecidos músicos cómo: Kin García, baixista no panorama folk e jazz de Galicia; Marcos Valcárcel, quen colaborou con artistas como Carlos Núñez ou Silvio Rodríguez; Ioana Pérez, violinista que tocou con Bebo Valdés ou Pablo Milanés, entre outros; e a Banda de Gaitas Xarabal, da que formaron parte Carlos Núñez, Ángel Pintos(Berrogüetto) ou X.M. Budiño.

Crema de Gaita presentan este seu primeiro disco cunha peza que lle da título ao mesmo, TanGalego, un tema orixinal e característico do grupo, co que de seguro conseguirán un gran éxito.

Páxina 396 de 438