Novas
"VAI DE CAMIÑO", UN NOVO ÉXITO NA SÚA SEGUNDA EDICIÓN
Varios / 23.08.07
A II edición do programa “Vai de Camiño”, da Consellaría de Innovación e Industria, achegará ata o mes de setembro as actuacións de 181 artistas galegos a máis dun centenar de concellos polos que atravesan os Camiños de Santiago.Así , ao longo da vindeira fin de semana do 25 e 26 de Agosto, artistas como Narf, Xosé Manuel Budiño, Daniel Bellón e Diego Maceiras, Mercedes Peón e varios grupos de música tradicional como Tinta Femia, Os Enxebres de Cacheiras, Xironsa ou Os Campantes da Baña actuarán nos municipios de Muxía, Miño, Melide, Pontedeume, Arzúa (A Coruña); Ribadeo, Paradela (Lugo) e Dozón (Pontevedra).
A Consellaría de Innovación explicou nun comunicado que volveu a poñer por segundo ano en marcha o programa, que comezou o 1 de xuño, tralo éxito da programación do ano pasado e “a novedosa experiencia da primeira edición do Vai de Camiño en canto á promoción dos músicos e artistas galegos”.
Tamén afirman dende a Consellaría que “a programación é moi variada e tenta dar cabida ao máis representativo do panorama actual galego. Consolídase así un circuíto que está a dinamizar durante o verán as vilas dos Camiños de Santiago”.
"ESTA NOITE HAI UNHA FÍA", GALA X ANIVERSARIO DO FIADEIRO
Festivais, Foliadas, Romarías / 22.08.07
O sábado 25 de Agosto, terá lugar en Ribeira unha nova edición da gala "Esta noite hai unha fía" organizada pola A.C.F. O Fiadeiro. Tódolos grupos da Asociación colaboran na organización desta gala da que veñen de estrear a súa séptima edición o pasado abril de 2004. Neste espectáculo, O Fiadeiro tenta amosar o seu traballo de escenificación e recuperación etnográfica dos dous anos precedentes.Durante duas horas, sesenta e catro compoñentes executan danzas de toda a xeografía galega, coidadosamente adaptadas á escena, con cadanseu vestiario propio da zona onde foi recuperada a información e acompañado das voces, instrumentos e sons axeitados. Sen dúbida un gran espectáculo visual e auditivo representante da tradición galega.
Despois da estrea en Vigo, a gala X Aniversario “Esta Noite Hai Unha Fía”, estáse a representar integramente en diversas vilas e teatros de toda Galicia, xa que próximamente farán unha parada en Vilagarcía de Arousa, Cangas e incluso Barcelona, onde actuarán o 16 de Decembro.
Se desexades obter mais información, aquí tedes os datos de contacto:
A.C.F. O Fiadeiro
Aptdo de correos 1969, 36200 Vigo - Pontevedra
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Tlf: 629 585 355
Tlf/Fax: 986 253 585
I CERTAME DE MÚSICA TRADICIONAL "GUADALUPE 2007"
Concursos e Certames / 21.08.07
En Rianxo, o vindeiro 11 de Setembro, vaise celebrar o "I Certame de Música Tradicional Guadalupe 2007", que este ano comeza a súa andaina. A fin desexada deste certame é a de promover a participación das agrupacións musicais e culturais que están a agromar na comarca e arredores, así como a de músicos que non pertencen a agrupación algunha.As modalidades establecidas para o concurso son as de solista e grupo tradicional (cuarteto ou quinteto), sendo as pezas obrigatorias para cada unha das categorías as seguintes:
Solista: A Camposa
Grupos: Lembrando
Os premios para cada unha das categorías son:
- Na modalidade de solistas: 1º premio de 300 € e 2º premio de 100 €
- Na modalidade de grupos: 1º premio de 500 € e 2º premio de 200 €
A data límite de inscrición no certame é o venres 7 de setembro ás 14 horas.
Se estades interesados en participar, podedes consultar as bases completas e ter acceso ás partituras das pezas obrigatorias nesta nova.
BASES DO CONCURSO
Partituras obrigatorias: A CAMPOSA e LEMBRANDO
RESULTADOS DO CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL "AVELINO CACHAFEIRO"
Concursos e Certames / 20.08.07
Nove músicos tomaron parte, o sábado 18 de Agosto, na elección do que moitos consideran o mellor gaiteiro de Galicia. Foi durante a celebración da XXVIII Festa do Gaiteiro, en Soutelo de Montes. A clasificación final foi a seguinte:
1º Pablo Devigo
2º Óscar Ibáñez
3º Edelmiro Fernández
4º Rubén Troitiño
5º José F. Gil Dopazo
O xurado estivo composto por Juanjo Fernández, Xaime Estévez, Roberto Quintillán, Begoña Louzao e Manuel Alonso.
Nesta edición o pregón foi pronunciado por José Seivane que falou sobre a súa mocidade a memoria da gaita e os gaiteiros. Rematou as súas verbas cunha copla perfectamente entonada.
Acudiu tamén o vicepresidente da Xunta, D. Anxo Quintana quen pronunciou un discurso no que remarcou a importancia que ten a música tradicional na sociedade Galega.
O Concello de Forcarei, representado polo seu alcalde D. David Raposeiras, concedeu as Medallas Gaiteiro de Soutelo a Edicións do Cumio, Ouvirmos, Coral Ruada, á Casa de Galicia de Maracaibo e a José Firvida Cachafeiro pola laboura de todos eles a prol da nosa cultura tradicional.
Un ano mais comprobouse que a Festa do Gaiteiro é unha das citas ineludibles para todos aqueles que honran a música tradicional galega.
DANIEL BELLÓN, UNHA PÁXINA WEB DE SEU
Entrevistas / 17.08.07
Dende o 14 de Agosto, DANIEL BELLÓN xa ten a súa propia páxina web, www.danielbellon.com, na que podemos atopar diferentes seccións e información dos seus proxectos paralelos: solista, dúo Bellón-Maceiras, Luvas Verdes, "O Latexo da Terra" (Xabier Díaz e Bellón-Maceiras), quinteto Bellón-Maceiras e "Luvas Verdes Cursiños e Talleres Formativos".
Con motivo da "inauguración" oficial da páxina, fixemoslle unha entrevista a Daniel na que nos contou, entre outras moitas cousas, como comezou a súa meteórica carrera de gaiteiro gañando algúns dos concursos de música tradicional mais importantes, a súa experiencia como mestre fora de Galicia ou os seus vindeiros proxectos, que resultan realmente interesantes.
Non deixedes de ler a entrevista completa porque estamos ante un dos gaiteiros que ven pisando forte no panorama da música tradicional galega.
ENTREVISTA A DANIEL BELLÓN
XXVIII FESTA DO GAITEIRO DE SOUTELO
Festivais, Foliadas, Romarías / 16.08.07
O vindeiro sábado 18 de Agosto vaise celebrar a XXVIII edición da Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes (Forcarei), unha cita que cada ano convírtese nunha homenaxe á saga de gaiteiros desta localidade, co mítico Avelino Cachafeiro como referente.O programa comeza ás 11.00 horas coa apertura da Mostra de artesanía na Praza do Gaiteiro. O pasarúas estará a cargo de O Barqueiro de Mañón e a banda de gaitas de A Rúa de Valdeorras. A música seguirá coas actuacións de Os do Luns e Pai da Cana. Tamén contarán co grupo de danzas e gaitas Santiago Apóstol de Pamplona e a Asociación folclórica O Fiadeiro, de Vigo, entre outros.
Ás 13.30 horas terá lugar a lectura do pregón a cargo do artesán gaiteiro José Manuel Seivane. A continuación, entregaranse as medallas Avelino Cachafeiro, que este ano recaen en José Firvida Cachafeiro, Maduro, o único sobriño directo de Avelino; Ouvirmos, a primeira editora especializada en documentación musical galega; Edicións do Cumio, e a Coral Ruada.
Pola tarde, a partir das 17.00 horas, celebrarase o IX Concurso de Solistas. Os premios entregaranse ás 21.00 horas. Pola noite, a partir das 23.00 horas, na Praza da Igrexa, concerto dos grupos Crema de gaita e Ruxe-Ruxe.
Non vos esquezades de asistir a esta festa para coñecer un pouco mais a un dos gaiteiros mais importantes da nosa terra, Avelino Cachafeiro, O Gaiteiro de Soutelo.
AXUDAS A ESCOLAS DE MÚSICA DEPENDENTES DE ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO
Anuncios, subvencións, oposicións... / 14.08.07
Co fin de potenciar o funcionamento das escolas de música dependentes de institucións sen ánimo de lucro a Deputación de Pontevedra establece as bases reguladoras de concesión de axudas a estas escolas de música.O importe total das axudas será de cincuenta mil euros (50.000,00 €) e o prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de setembro de 2007.
Podedes consultar as bases aquí ou ben no Boletín Oficial da Provincia, data 27/07/07, número 145, páxina 12, anuncio 2007007216.
BASES DA CONVOCATORIA
XXVIII FESTIVAL IRMANDIÑO
Festivais, Foliadas, Romarías / 13.08.07
En Moeche, os vindeiros 17 e 18 de Agosto de 2007, terá lugar o XXVIII Festival Irmandiño, o mais antigo de todos os que se celebran en Galicia. Neste evento preténdese "conmemorar e reivindicar, cun carácter festivo, o movemento Irmandiño, coas súas características de unión e defensa dos intereses populares", según a Asociación de veciños «Castelo de Moeche», que son os responsables da organización. Este ano o cartel é o seguinte:Venres 17
A partir das 22:30 h. actuación dos grupos:
CLAN MARAGATO
OS CHIQUILICUATRES
OS CUCHUFELLOS
Sábado 18
A partir das 22:00 h. actuación dos grupos:
BALAKANDRA
PEPE VAAMONDE GRUPO
OS CEMPÉS
TRIQUEL (Valladolid)
A partir das 24:00 h. lectura do pregón e asalto o castelo. Haberá aparcamentos gratuítos e zonas de acampada nas inmediacións do festival.
DÍAS DE CAMPÁS E CAMPANEIROS
Cursos / 10.08.07
O sábado 15 e o domingo 16 de Setembro, OS CHICHISOS organizan “DIAS DE CAMPÁS E CAMPANEIROS”. Con elo queren dar a coñecer tanto a arte de fabricación das campás como o sistema de comunicación que se produciu e que aínda se produce polo toque das mesmas (avisos de mortes, chamadas a misa, avisos de incendios, etc.).Tendo en conta que en todo o país só queda un obradoiro de fabricación de campás, totalmente artesán, con orixe en 1630, transmitíndose dende entón este oficio de xeración en xeración nunha mesma familia; e por outra banda cada vez quedan menos campaneiros que sexan coñecedores dos diferentes toques ou sinais para comunicar os distintos acontecementos sociais, sendo sustituídos por aparellos electrónicos que desenrolan a labor de tanxer as campás, ao mesmo tempo que os cidadáns tamén estamos a perder a costume de, ao escoitar, identificar o que se pretende transmitir.
Nº DE PRAZAS: 25
PREZO: 10 €
TELÉFONO DE RESERVAS: 676.842.942
LUGAR DAS ACTIVIDADES: IGREXA PARROQUIAL DE TOMEZA - PONTEVEDRA
Aquí tedes o programa
"ESMORGA FOLK"
Festivais, Foliadas, Romarías / 09.08.07
O “Esmorga Folk” terá lugar na Bandeira (Silleda, Pontevedra) o vindeiro 17 de Agosto, venres, ás 23:00 h, coas seguintes actuacións:1.- Raigañas
2.- A gaita de Sarandón
3.- Xochilmica
4.- Anxo Lorenzo
5.- John McSherry
6.- Banda Potemkin
Asemade o día da Esmorga impartiranse masterclasses ou clases mestras por músicos intervintes no festival. Son os seguintes:
1.- Anxo Lorenzo: gaita e whistles
2.- Begoña Riobó: violín
3.- Milla: Bodhrán
4.- Xerardo Albela: requinta
5.- Rosario: pandeireta e voz.
Os interesados poderán inscribirse no móbil 618 266 878.
Por outra banda, o vindeiro 15 de Agosto, na cafetería Plazoleta da Bandeira ás 22:00 h está programada unha foliada ou session aberta dirixida polo grupo Barravaite. Convidamos aos músicos de tradicional e folk a participar na mesma.
Páxina 394 de 438