Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas

Novas

Xornadas :Tradición en Feminino - AGG

Varios / 17.11.20

cartazA Asociación de Gaiteiras Galegas organiza o vindeiro domingo 22 de novembro, un encontro coa tradición.

Unha xornada lúdica onde compartiremos experiencias conversando con #MaruxadosRosales, aprenderemos como se fai unha recolla a través dun obradoiro práctico con Xulia Feixoo, afondaremos na tradición dende unha perspectiva de xénero, no relatorio que dará
Mercedes Peón
e no coloquio que terá lugar posteriormente no que intervirán
Xulia Feixoo
, Mercedes Peón,
Noemi Basanta Llanes
e
Marina Vigo
.

Con este encontro, levado a cabo ao abeiro das axudas para actividades culturais da
Cultura da Deputación da Coruña
, e coa participación do
Concello de Rianxo
, dende a #AGG queremos reivindicar o enorme e imprescindible papel que tivo e ten a muller para a preservación e transmisión da nosa riqueza cultural.
Aforo limitado. (Imprescindible a inscrición previa).
Máis información: 986 84 70 74 - 982 22 99 66 - Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

A AGG reclama un protocolo propio que regule as escolas de baile e música tradicional

Varios / 13.11.20

novo logo agg peq 2Dende a Asociación de Gaiteiras Galegas recoñecemos a necesidade de primar a saúde por riba de calquera presión económica. Dito isto, a propia OMS indica que a saúde é “un estado de completo benestar físico, mental e social, e non soamente a ausencia de afeccións ou enfermidades”. Os beneficios na sociedade do sector da música e o baile tradicionais fan del, polo tanto, unha actividade esencial. Como pode ser, entón, que sufra semellante abandono por parte da Consellería de Cultura, Educación e Universidade?

O DOG do 4 de novembro, nº 223/bis deixa na man dos concellos, como responsables da saúde dos seus habitantes, a decisión de pechar ou non os locais públicos. É aquí onde comeza a problemática: por un lado, gran parte das mestras e mestres de baile e música tradicionais son traballadoras legais (xa sexan autónomas ou empregados dunha escola); por outro, os locais onde exercen a súa actividade son en meirande medida públicos, cedidos polos propios concellos, escolas ou outras entidades. Na actual regulación esta casuística non se contempla. As categorías nas que podemos asumir a docencia do baile e a música son os centros privados de ensinanza non regrada (pola actividade realizada) e os centros socioculturais (polo lugar de traballo). Os concellos, en moitas ocasións, deciden ante a falta de claridade na normativa tomar a decisión máis restritiva: pechar os locais públicos.

As esixencias son claras: un protocolo específico para as escolas de música e baile tradicionais nos que se aclare en que condicións podemos seguir operando. Reclamamos que se recoñeza tanto a importancia do sector como a exemplaridade na acatación das medidas preventivas, e que estas se regulen en función da singularidade inherente ó mesmo.

 

Par

O toque pechado na gaita galega, arredor dxs gaiteirxs actuais no vindeiro Recuncho da Palleta

Varios / 13.11.20

lumepalleiraEste domingo, o "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contará con Guillerme Inácio que nos traerá a terceira e última entrega adicada ao toque pechado na gaita galega, desta vez arredor dxs gaiteirxs actuais. (1990-2010).

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

Xornadas de frauta (EN LIÑA)

AGG / 07.11.20

xfrauta webA Asociación de Gaiteiras Galegas (AGG) organiza o vindeiro sábado 14 de novembro, unhas novas xornadas, nesta ocasión centradas na frauta e as cales se poderán ver en liña.

Nelas contaremos con relatorios de investigación que abordarán aspectos como “A frauta travesa na música tradicional e folk da Galiza” da man de Uxía García ou “A requinta de Avelino Figueroa” con Sabela Galbán, e nas que para o peche contaremos co concerto “O cantar dos frautares” con Xosé Liz.

Con estas “Xornadas de Frauta” (en liña), levadas a cabo ao abeiro das axudas para actividades culturais da Deputación de A Coruña, e coa participación da Fundación Rosalía de Castro, dende a AGG buscamos amosar a riqueza existente na cultura tradicional galega e incidir na gran importancia que teñen os traballos de investigación para poder coñecer, preservar e transmitir as nosas tradicións.

PROGRAMA:

11.00 - Relatorio I: “A frauta travesa na música tradicional e folk da Galiza. Tipoloxías e utilizacións”. Uxía García

12.15 - Relatorio II: “A REQUINTA DE AVELINO FIGUEROA. Catalogación, ficha técnica e proceso de construción”. Sabela Galbán

16.00 – Concerto: “O cantar dos frautares”. Xosé Liz

LUGAR: EN LIÑA
DATA: Sábado 14 de novembro de 2020

Máis información: 986 84 70 74 - 982 22 99 66 Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  

O vindeiro Recuncho da Palleta na memoria de Ricardo Portela, o Gaiteiro de Viascón

Varios / 06.11.20

lumepalleiraEste domingo, o "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, lembrará a Ricardo Portela, o Gaiteiro de Viascón, no centenario do seu nacemento. Xaime Estévez  será o encargado de amosarnos a súa música, e a historia do que foi un dos gaiteiros máis senlleiros da segunda metade do século XX, fundador e primeiro presidente da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

Centenario do nacemento de Ricardo Portela, O Gaiteiro de Viascón

AGG / 04.11.20

portada librorp_2ed_webTal día coma hoxe, 4 de novembro de 1920, estaba a nacer en Viascón (Pontevedra) o que sería un dos gaiteiros máis senlleiros da segunda metade do século XX. Un cento xusto de anos despois, está a punto de ver a luz, tamén en Viascón, na súa “Casa da Gaita”, a segunda edición da biografía de Ricardo Portela, escrita por José Luís Calle e actualizada por el mesmo para esta efeméride. Como non podía ser de outro xeito, a Asociación de Gaiteirxs Galegxs, da que Ricardo foi fundador e primeiro presidente, pon o seu grao de area coa edición deste volume para manter viva a esencia da súa filosofía como home e como gaiteiro.

De seguro que esta Asociación non sería o mesmo ou, mesmo, non existiría de non ter nacido Portela. Tampouco sería igual a música tradicional. Ricardo foi o primeiro en sacar á luz, da man tamén de J. L. Calle, músicas de vellos gaiteiros que durmían nos arquivos do Museo de Pontevedra. Músicas que, logo de pasar polas súas mans, polo seu filtro, empapáronse da súa esencia e saíron convertidas en pezas de arte, de culto, como adoita a dicirse hoxe.

Aquel 4 de novembro naceu un mestre, un guía, un líder e un exemplo a seguir para xeracións de gaiteiros e gaiteiras que hoxe tocan e senten a gaita ao xeito de Portela. Neste 4 de novembro de 2020, os que tivemos a sorte de coñecelo, de falar con el e de sentilo tocar, non podemos máis que felicitarnos da conxunción astral que permitiu o nacemento de tan insigne gaiteiro.

Sirvan, pois, estas liñas para lembrar o aniversario das dúas palabras verbo da gaita galega: Ricardo Portela.

Xornadas de Percusión Tradicional o 8 de novembro en Pontedeume

Varios / 04.11.20

cartaz x.percu2020 pqA AGG organiza o vindeiro domingo 8 de Novembro en Pontedeume, ao abeiro das axudas para actividades culturais da Deputación de A Coruña, unhas novas  xornadas de Percusión Tradicional con obradoiros de pandeireta para acompañamento, tambor e bombo con prato.

Os obradoiros estarán impartidos por expertos no mundo da percusión como Alejandra Montero, Andrés Vilán e Gustavo Couto.

 PROGRAMA:

10.15 - Apertura
10.30 – 12.00 - Obradoiro I: “Recursos de improvisación para acompañamento con pandeireta”. Alejandra Montero
12.00 – 12.30 – Descanso
12.30-14.00 - Obradoiro II: “Obradoiro de tambor”. Andrés Vilán

16.00-17.30 - Obradoiro II: “Obradoiro de tambor”. Andrés Vilán
17.30-18.00 – Descanso
18.00-19.30 - Obradoiro III: “Obradoiro de bombo con prato”. Gustavo Couto


INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS (*): Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail. 

(*) A participación nas xornadas será de balde, previa reserva e ata completar aforo, tendo preferencia @s soci@s da AGG, que disporán ata o xoves día 5 para inscribirse, e partir desa data as prazas dispoñibles cubriranse por orde de inscrición.

A celebración das xornadas levarase a cabo cumprindo todas a medidas de seguridade necesarias por mor da COVID-19.

#aculturasegue

A película "Dorothé Na Vila" no vindeiro Recuncho da Palleta.

Varios / 30.10.20

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, Gustavo Couto en conversa con Alejandro Gándara e Olaia Tubío presentarannos a película "Dorothé Na Vila (Unha viaxe tralas voces do cancioneiro).

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

A AGG organiza unhas novas xornadas sobre a gaita enfocadas ás novas técnicas e recursos

Varios / 23.10.20

xgaita cartaz_webA AGG organiza o vindeiro sábado 31 de outubro, en colaboración coa área de cultura da Deputación de A Coruña e coa participación do Concello de Arzúa, a primeira edición das Xornadas de gaita: novas técnicas e recursos, con relatorios de investigación vencellados ao noso instrumento mais emblemático dende unha perspectiva mais actual e cuxo programa podes ver a continuación:

PROGRAMA:

10.45 - Apertura

11.00 - Relatorio I: “NON É A FRECHA.... É O INDIO. Os límites da gaita”. Cristian Silva

12.00 – Descanso

12.30 – Relatorio II: “A fabricación aditiva nos instrumentos de vento madeira”. Suso Gestal

16.00 - Relatorio III: “Da memoria xenética á técnica de Gaita”. David Bellas


INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS (*): Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail. 

(*) A participación nas xornadas será de balde, previa reserva e ata completar aforo, tendo preferencia @s soci@s da AGG, que disporán ata o domingo día 25 para inscribirse, e partir desa data as prazas dispoñibles cubriranse por orde de inscrición.

A celebración das xornadas levarase a cabo cumprindo todas a medidas de seguridade necesarias por mor da COVID-19.

#aculturasegue

As VII Xornadas de Baile Tradicional e as Xornadas de Gaita: Novas técnicas e recursos no vindeiro Recuncho da Palleta

Varios / 23.10.20

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, Vitor Otero falaranos sobre as VII Xornadas de Baile Tradicional e as Xornadas de Gaita: Novas técnicas e recursos, organizadas pola AGG.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

Páxina 19 de 438