Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas

Novas

A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s deséxache unhas moi felices festas

Varios / 23.12.20

postalnadalagg 2020

Dende a AGG enviámosvos os nosos mellores desexos nestas datas tan especiais!!!.

Grazas a tod@s @s que apostades polo traballo en prol da nosa música, canto e baile tradicional. A tod@s @s nos@s asociad@s, alumn@s, amig@s, amantes da nosa cultura, esperamos seguir contando coa vosa confianza para seguir medrando día a día e a afrontar novos retos.

Bo Nadal e Feliz 2021, cheo de saúde, música e baile tradicionais!!!

Concerto didáctico dos Monifates en Lugo

Varios / 16.12.20

nadal osmonifates pqNovo pase dos Monifates para o venres ás 19.30 horas!!!!Os Monifates chegan a Lugo convidados pola Tradescola para ofrecernos un concerto didáctico de música tradicional e virán acompañados por uns bailadores moi especiais!!!!!!!
Queredes coñecer aos Monifates? O vindeiro venres 18 de decembro ofrecerán dous pases No Centro Cultural O Vello Cárcere - Lugo. O primeiro dos pases (18.00 horas) xa ten cubertas todas as prazas!!!
Pero non queremos que ninguén quede sen disfrutar do espectáculo e ás 19.30 horas farán un novo pase!!!!
A actividade é de balde, previa reserva e ata completar aforo.
Reservas (nenos e maiores): enviando un mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo   indicando nome, apelidos, DNI, un teléfono de contacto e un mail de todos os asistentes
Esperámosvos!!!

Proxección do documental "Dorothé na vila" en Lugo, organizado pola Tradescola

Varios / 15.12.20

 

dnv lugo pqDende a Tradescola, e coa colaboración da área de Cultura do Concello de Lugo, achegámosvos a posibilidade de disfrutar cunha nova actividade de moitísimo interés para tod@s @s que gozamos da cultura tradicional. Trátase da proxección do Documental “Dorothé na vila” de #AlejandroGándara e #OlaiaTubío.

A musicóloga suíza Dorothé Schubarth chegou a Galicia a finais dos 70 na procura dos cantos antigos que desapareceran no centro de Europa. Desta busca saíron as case 300 horas de gravacións que forman o Cancioneiro Popular Galego, a compilación e clasificación máis importante de músicas de tradición oral no país. Corenta anos despois, dúas mozas inician unha viaxe tralos pasos de Schubarth para atopar as voces que ela recolleu e descubrir as súas historias de vida. É un traxecto no que convive a alegría de volver cantar e a frustración de chegar tarde para coñecer un mundo que desaparece.

Proxección do Documental “Dorothé na vila”

Lugar : Centro Cultural O Vello Cárcere - Lugo
Data 17 decembro 2020
Hora: 19.30 horas

A actividade será de balde, previa reserva e ata completar aforo.
Reservas: enviando un mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo   indicando nome, apelidos, DNI, un teléfono de contacto e mail.

Sobre os autores: Dorothé na Vila é o primeiro documental de Alejandro Gándara e Olaia Tubío, xornalistas de formación e afeccionadas á música e o baile tradicional. O filme foi estreado o 27 de agosto na Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) do Museo do Pobo Galego. En 2019, recibíu o premio Luisa Villalta a proxectos culturais pola igualdade da Deputación da Coruña.
Ademais, no 2016 Alejandro e Olaia impulsaron, xunto a Raquel Cecilia e David Fontán, o proxecto Punto e Volta de entrevistas sobre música tradicional.
Podedes ver o trailer en: https://www.youtube.com/watch?v=TQTGafyl6mw

O grupo Os Erdeiros Dos Morenos De Lavadores no vindeiro Recuncho da Palleta

Varios / 11.12.20

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, estará Xaime Estévez conversando co grupo Os Erdeiros Dos Morenos De Lavadores.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

As tradicións do Nadal no vindeiro Recuncho da Palleta

Varios / 04.12.20

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, Gustavo Couto ofreceranos o primeiro dos seus especiais deste ano sobre as tradicións do Nadal!!

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas. 

Xornadas de Baile tradicional - AGG - 13 decembro - Vedra

Varios / 04.12.20

cartaz xbailedeco_2020_web - pqO vindeiro domingo 13 de decembro a AGG organiza unha nova edición das  Xornadas de Baile tradicional galego para tod@s os amantes do noso baile que terán lugar na Nave da Estación do Tren de Santa Cruz de Ribadulla, en Vedra.

Nestas xornadas, patrocinadas pola Deputación da Coruña e que contan coa colaboración do Concello de Vedra, contaremos con relatorios - obradoiros guiados por Diego Landín, Carolina Brut, Julia Pozo e Luis Prego.

Os obradoiros destas xornadas (non son de iniciación) están pensadas tanto para os profesionais do mundo da danza, como para todos aqueles interesados no baile galego, para que poidan completar os seus coñecementos e participar de xeito activo na mellora e dinamización da nosa tradición.

PROGRAMA XORNADAS DE BAILE

10.15 - Apertura

10.30 – Relatorio - Obradoiro I

                 “Acondicionamento físico na danza tradicional: quecemento, estiramento e prevención de lesións” - Diego Landín – Carolina Brut

12.00 – Descanso

12.10 - Relatorio – Obradoiro II

                 “O xeito de bailar en S. Pedro de Carcacía - Padrón” - Julia Pozo.

13.45 – Remate sesión da mañá

16.30 - Relatorio – Obradoiro III

                 “O xeito de bailar en Zobra” - Luis Prego

18.00 – Remate sesión da tarde

LUGAR: Nave da Estación do Tren de Santa Cruz de Ribadulla, en Vedra.

DATA: Domingo 13 de decembro

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS (*): Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a   Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo   indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail. 

(*) A participación nas xornadas será de balde, previa reserva e ata completar aforo, tendo preferencia @s soci@s da AGG, que disporán ata o mércores día 9 para inscribirse, e a partir desa data as prazas dispoñibles cubriranse por orde de inscrición.

A celebración das xornadas levarase a cabo cumprindo todas a medidas de seguridade necesarias por mor da COVID-19.

#aculturasegue

Os Viqueiras no vindeiro Recuncho da Palleta

Varios / 27.11.20

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, Gustavo Couto estará acompañado polos Viqueiras, que están celebrando o seu 30 aniversario!!!!

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

A Tradescola participará o 25 N na performance Badaladas por Mulleres, coordinada por Branca Villares

Varios / 25.11.20

descarga 1 1Hoxe 25 de Novembro na Praza de San Marcos (Lugo) ás 19 h, e o día 30 de Novembro, no Vello Cárcere de Lugo as 20.30 h, terán lugar as postas en escea da performance "Badaladas por Mulleres", dirixida por Branca Villares e na que participarán alumnas de canto tradicional da Tradescola, Pablo Pintor (zanfona), Alis Martínez (violonchelo) e contará tamén coa participación dos bailarins de Colectivo Glovo.

Badaladas por mulleres é un medio para visibilizar un traballo moito mais longo e profundo: Segundo palabras de Branca Villares: "Levamos tres cursos (este é o cuarto ano) realizando labores de revisión e discusión en aulas do noso cancioneiro tradicional e popular, detectando e discutindo os aspectos que poden supoñer apoloxía da violencia contra as mulleres ou que dalgún xeito contribúen a perpetuala e a normalizala."

Este proceso constou de numerosas sesións de posta en común e discusión co alumnado de canto tradicional, e intervencións
culturais posteriores en distintos espazos públicos, centros de ensino, locais socioculturais e diferentes contextos.

Un traballo colectivo de mais de 60 mulleres ( e algúns homes tamén) que propón unha revisión do cancioneiro tradicional e popular, para reflexionar sobre os aspectos que poden supoñer apoloxía da violencia contra as mulleres .

O venres 27 Novembro ás 20.30 horas Branca Villares realizará a ponencia "O pouso da violencia contra as mulleres no cancioneiro" no Vello Cárcere de Lugo.

Retransmisión Xornadas Tradición en Feminino - AGG

Varios / 20.11.20

 

cartazA Asociación de Gaiteiras Galegas organiza o vindeiro domingo 22 de novembro a xornada Tradición en Feminino onde compartiremos experiencias conversando con #MaruxadosRosales, aprenderemos como se fai unha recolla a través dun obradoiro práctico con Xulia Feixoo, afondaremos na tradición dende unha perspectiva de xénero no relatorio que dará
Mercedes Peón
e no coloquio que terá lugar posteriormente no que intervirán
Xulia Feixoo
, Mercedes Peón,
Noemi Basanta Llanes
e que estará moderado por
Marina Vigo
.
Con este encontro, que será retransmitido en liña a través da nosa páxina de facebook
https://www.facebook.com/aggtradiciongalega, dende a #AGG queremos reivindicar o enorme e imprescindible papel que tivo e ten a muller para a preservación e transmisión da nosa riqueza cultural.

PROGRAMA:
10.45 - Apertura
11.00 – “Conversa con Eclíptica Orbita, ‘Maruxa dos Rosales’ ”.
12.10 – Descanso
12.30 – Obradoiro “Mulleres que contan. Obradoiro de recolla e posta en valor da música de tradición oral”. Xulia Feixoo

16.00 – Relatorio “Tradicionalmente sen xénero”. Mercedes Peón
17.10 – Descanso
17.30 – Coloquio “Perspectivas de xénero sobre a música tradicional”. Interveñen: Xulia Feixoo, Mercedes Peón e Noemí Basanta. Modera Marina F. Vigo

Este encontro realízase ao abeiro das axudas para actividades culturais de Cultura da Deputación da Coruña e coa participación do Concello de Rianxo.
#aculturasegue #musicatradicional #tradicion #enfeminino #gaiteirosgalegos #gaiteirasgalegas #agg


 

O vindeiro Recuncho da palleta estará adicado a Roxelio de Leonardo Bouza

Varios / 20.11.20

lumepalleiraEste domingo, o "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contará con Xaime Estévez que nos falará de Roxelio de Leonardo Bouza, un dos compositores para música de gaita máis renovadores do século XX.

O cedeirense Roxelio de Leonardo Bouza(1903-1980) foi un dos compositores para música de gaita máis renovadores do século XX , ducias de gravacións e agrupacións como Muxicas, Xiada , Manxadoira, Robaleira,Noitarega ou Albaroque inclúen as súas obras nos seus repertorios.

A súa relación co gaiteiro Emilio Corral e o Artesán Antón Corral foron esenciais para difundir a súa obra que segue a ser utilizada neste século por novos grupos e formatos. Obras súas como Abrente en Cordobelas ou Fandango Muradán ou Lembranzas da vila de Ortegán forman parte do repertorio de moitos gaiteiros, incluido Ricardo Portela.

O seu xeito compositivo ten un selo moi especial, de todo isto falaremos no próximo recuncho no que trataremos tamén a curiosidade do Septimino de gaitas da súa autoría e que grazas a Antón Corral foi gravado  polo grupo didáctico da Universidade popular de Vigo en 1987  anque editaríase  trinta anos despois acompañando ao monográfico deste mestre editado pola editorial Canela.

Un recuncho moi especial onde redescubriremos a un dos compositores galegos para gaita máis sobresaintes da historia recente. Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

Páxina 18 de 438