Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas

Novas

O entroido no vindeiro Recuncho da Palleta

Varios / 19.02.21

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Gustavo Couto que nos traerá ás músicas dalgúns entroidos que malia non poder celebralo, non quixeron deixar de festexalo de maneira online.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas

No vindeiro Recuncho da Palleta presentaremos a segunda edición do libro "Ricardo Portela. Dúas palabras verbo da gaita galega"

Varios / 12.02.21

 

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Alberto Pires que será o encargado de presentar a segunda edición de "Ricardo Portela. Dúas palabras verbo da gaita galega", a magnífica obra biográfica sobre o inesquecible gaiteiro de Viascón escrita por José Luís Calle e que saira do prelo no ano 1988.

Tanto tempo despois volta a ver a luz unha nova edición ampliada, na que o propio autor fai unha análise do legado que Portela nos deixou e da pegada imborrable que en nós deixou a sua figura.  

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

 

 

Alborada para Rosalía!! Anímate a participar!!

Varios / 12.02.21

 

cartazQue tal se lle botamos unha alborada?

Dende a  Asociación de Gaiteir@s Galeg@s e a Fundación Rosalía volvemos a organizar a Alborada para Rosalía de Castro. Este ano non poderemos xuntarnos nin sair tocar ás rúas, camiños ou prazas coma nas pasadas edicións, pero si podemos saudar o Día de Rosalía coa alegría da música, coa esperanza da Alborada.

Por iso chamamos a todos os gaiteiros e gaiteiras e ao mundo da música en xeral a celebrar o Día de Rosalía neste 24 de febreiro tan especial. Que a pandemia non nos silencie!!

Como participar?

O día 24 compartiremos os teus vídeos para inundar as redes en homenaxe á Rosalía.

Dúbidas? Mándanos un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Onde descargar a Alborada de Rosalía?

Letra:  https://rosalia.gal/wp-content/uploads/2013/02/LetraAlborada.pdf

Partitura: https://rosalia.gal/wp-content/uploads/2013/02/PartituraAlborada.pdf

Manifesto: https://rosalia.gal/wp-content/uploads/2021/02/manifesto-alborada-2021.pdf

Anímate a participar e a difundir esta actividade para conseguir que non quede ningún recuncho de terra sen o son da nosa música na honra de Rosalía.

 Viva Rosalía! Avante a Alborada!

 

Adolfo Anta, protagonista do Recuncho da palleta deste domingo

Varios / 05.02.21

lume na palleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, conteremos con Xaime Estévez e unha nova entrega da serie sobre compositores.

Fixándonos na primeira metade do século XX varias agrupacións históricas co seus directores ao fronte dinamizaron e divulgaron o patrimonio musical galego dun xeito inigualable e foron quen de sumar temas e propostas musicais ás que xa existían sendo un dos legados máis prezados que puideron deixarnos ás seguintes xeracións.

Hoxe imos falar dun deles, director de coros, músico, profesor de solfexo, compositor e cazador de cancións, Adolfo Anta Seoane. 

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

No vindeiro Recuncho da Palleta, Mestras da Tradición, con Felicia de Fofe como protagonista

Varios / 29.01.21

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, conteremos con con Guillerme Inácio ofrecéndonos un dos seus especiais dedicados ás Mestras da Tradición, nesta ocasión con Felicia de Fofe como protagonista.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

Os diferentes xeitos da regueifa no vindeiro Recuncho da Palleta

Varios / 22.01.21

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, conteremos con Gustavo Couto, que nos falará sobre os diferentes xeitos da regueifa.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

Tamborileiros con nome propio no Recuncho da Palleta

Varios / 15.01.21

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, conteremos con Ramón Dopico e o estreno dunha nova serie que estará adicada á percusión. Neste primeiro falaremos de percusionistas referentes na música tradicional: Tamborileiros con nome propio.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

Alumnado do CEP Brea Segade de Taragoña (Rianxo) elabora un cancioneiro para recuperar o patrimonio cultural, musical e lingüístico da vila

Varios / 13.01.21

ceurO proxecto Cancioneiro escolar urxente de Rianxo (CEUR) foi elaborado polo CEP Brea Segade de Taragoña e impulsado polo SNL do Concello de Rianxo a través da edición do volume en formato físico e nace coa vontade de recuperar o patrimonio cultural, musical e lingüístico da vila, xa que nel se recollen cantigas, partituras e historias de moitas composicións rianxeiras que, ou ben non estaban recollidas documentalmente en ningún lado, ou o acceso a estas non resultaba moi doado: Prosas de Reis, cantigas de Entroido, cantos dos maios, cantigas infantís e arrols, cancións emblemáticas como a Ondiñas da nosa ría orixinal ou o Paxaro pinto, ritmos bailables, fiadas e seráns, pregarias e esconxuros ou mesmo algunha cantiga de corte social vai ser o que se atope quen decida indagar no contido desta tan interesante como necesaria obra.

O primeiro volume, coordinado polo docente e investigador musical, José Luís do Pico Orjais, pretende servir á vez de guía e de ferramenta de traballo para que os diferentes axentes municipais implicados na divulgación do patrimonio musical e cultural de Rianxo o poidan empregar nas súas aulas e sesións. Profesorado de música dos centros de ensino, asociacións culturais e musicais do concello, a Escola de Música, a Aula musical da UNED Senior, etc., son algúns dos receptores desta obra que de seguro resultará moi útil desde o punto de vista cultural, social e académico. 

No sitio web https://concelloderianxo.gal/cancioneiroescolarurxente a cidadanía ten á súa disposición o contido do volume en formato PDF e ademais dispoñemos de todo o material dixital creado polo CEP Brea Segade para quen o desexe empregar: unidades didácticas, actividades escolares, audios e vídeos coas interpretacións das cantigas, etc.

Descarga do Cancioneiro Escolar Urxente de Rianxo (PDF)
Aula Virtual Aberta con contidos complementarios do Cancioneiro escolar urxente
Actividades no sitio web da Biblioteca Brea Segade

O compositor Roxelio Groba será o protagonista do Recuncho da palleta deste domingo

Varios / 08.01.21

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, conteremos con Xaime Estévez no que afondará na serie "Compositores da gaita", neste caso as pezas gravadas do gran compositor galego ROXELIO GROBA (Ponteareas 1930).

Non imos descubrir a compositor algún xa que falamos dun músico dos máis recoñecidos non noso país e cunha traxectoria inigualable tanto polo gran catálogo de obras de múltiples xéneros ( nomeadamente música coral, sinfónica de cámara ou mesmo ópera). O mestre Groba tivo un recuncho no seu talento compositivo para a música máis tradicional, colaborando dende os anos sesenta en certames como o concurso de gaitas de Ponteareas, situación que propiciou a creación de pezas icónicas como a muiñéira "A Freixa". No seu catálogo contamos ata dez temas para gaita galega dos que imos a escoitar a metade deles. Diversas agrupacións gravaron as súas pezas dende Irmáns Portela, Morenos de Lavadores,  Raparigos,Emilio Corral, Xiada ou Os Campaneiros ata máis recentes como Zurrumalla.

Con este recuncho imos pois a facerlle unha  pequena homenaxe a unha das máis grandes figuras da composición en Galicia  de tódolos tempos que sempre tivo á música tradicional na súa pruma de compositor.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

A Agrupación Folclórica e Cultural Breogán de Moaña celebra 4 décadas

Varios / 29.12.20

breoganNo ano que está próximo a entrar, a Agrupación Folclorica e Cultural Breogán de Moaña celebra as catro décadas dende a súa fundación traballando como asociación pola recuperación e transmisión do folclore en Moaña e en toda a bisbarra do Morrazo.
Para o inicio xa inminente do ano deste 40 aniversario, e dentro das dificultades do escenario do contacto social e cultural derivado da pandemia sanitaria, queren ofrecer unha posibilidade de achegamento ao seu traballo e á súa historia por parte dos seus seguidores e calqueroutra persoa interesada en xeral no folclore.
Por este motivo o pasado domingo 20 de decembro inauguraron o seu espazo público na internet baixo o dominio www.breoganweb.es
Recompilan e organizan moita información dispersa ata agora, tanto histórica como de actualidade, que adican a aspectos como os seus inicios, as actividades que desenvolven, aulas que imparten, os eventos que celebran, con especial atención sobre o Memorial Lola Diz – Henrique Otero, que xa vai pola súa 32 edición, rexistros discográficos, persoeiros relacionados co mundo do folclore e moi especialmente coa asociación, galerías de fotografías históricas, e varios outros que esperan sexan do interese do público en xeral e máis especialmente de todas as persoas interesadas no mundo folclórico e asociativo-cultural e veciñal.

Páxina 17 de 438