Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas

Novas

Actuación do coro "Aires da Terra: o legado de Feijóo" (última) e espectáculo "De tradición con Suso Vaamonde"

Varios / 04.10.18

coro aires da terraO sábado día 13 de outubro terá lugar no Museo de Pontevedra (Sexto Edificio) a última actuación do coro "Aires da Terra: o legado de Feijóo". Catro anos despois de resucitar o coro, enterrámolo de novo no mesmo lugar onde renaceu.
Esta actuación, presentada por Xurxo Souto, entra dentro das actividades do Festival Cantos na maré.

E o domingo día 14, ás 12:30 h, nas ruinas de San Domingos, tamén en Pontevedra, levaremos a cabo o espectáculo "De tradición con Suso Vaamonde", coa colaboración, nesta ocasión, da Banda de Pontevedra.

XX edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas

Varios / 02.10.18

domingomozas2018 webA Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza a XX edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, mostra que contará coas actuacións de 13 grupos de música tradicional galega, que encherán da nosa música o casco vello da cidade de Lugo no día máis emblemático das festas do San Froilán.

Os grupos participantes na mostra actuarán en horario de mañá e de tarde en distintas portas da muralla, prazas e rúas, de tal maneira que toda a xente que entre na cidade, sexa recibido co son da nosa musica tradicional.Os grupos participantes son os seguintes:

A Volta do Agro (Lugo), Abertal (A Rúa), Arume (Boiro), Banda de gaitas Sons da Chaira (Terra Cha), Caivanca (Lugo), Cántigas e Frores (Lugo), Folquiada (Lugo), Lagharteiras (Mos), Os Campantes da Baña (A Baña), Os de Algures ( Pontevedra),  Raparigos ( Ferrol), Reviravolta (Lugo)  e  Xaora (Lugo.

Pola mañá os 13 grupos sairán dende a Praza Maior ás 11.30 horas facendo un pasarrúas polas distintas rúas do centro urbán amurallado, ata as 14:00h.Pola tarde repetiranse as actuacións a partir das 17.30 horas, para logo rematar ás 19.00 horas.

Esta mostra, na que a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s  xunta ano tras ano aos mellores grupos de gaitas de Galicia, ten como finalidade a exaltación da música tradicional galega servindo como medio de difusión para que a nosa música chegue ao maior número de xente posible. É a única mostra deste tipo que se fai nunhas festas patronais e consegue que Lugo sexa referencia en toda Galicia, pois demostra que a nosa música tradicional pode ser a protagonista da festa na rúa.

Esperámoste en Lugo o vindeiro domingo para desfrutar coa nosa música tradicional !!!!

 

No vindeiro Recuncho da Palleta falaremos da homenaxe que a AGG, en colaboración co Concello de Vilagarcía lle renderán ao histórico grupo de gaitas, Os Campaneiros, o vindeiro 6 de outubro.

Varios / 28.09.18

nota de prensa - outra postalanos 70 pqO vindeiro domingo a Asociacion de Gaiteir@s Galeg@s estará con tod@s vosout@s no "Recuncho da palleta" dentro do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero. Nesta ocasión contaremos con Gustavo Couto que nos falará da homenaxe que a AGG, en colaboración co Concello de Vilagarcía lle renderán ao histórico grupo de gaitas, Os Campaneiros o vindeiro 6 de outubro.

Tamén contaremos coa música en directo do grupo Os mecos de Ogrobe, interpretando pezas do repertorio dos Campaneiros.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

E lembra que nas madrugadas de luns a martes (de 01:00h a 02:00h), na Radio Galega, tes unha cita coas "Escolmas Musicais" de Lume Na Palleira.

O vindeiro sábado 29 o Obradoiro de Cultura Tradicional A Volta do Agro celebra a súa III Foliada solidaria

Varios / 28.09.18

recolleita 2018O sábado 29 de setembro ás 23:30 horas, no marco da XXI Recolleita organizada polo Clavicembalo de Lugo,  o Obradoiro de Cultura Tradicional A Volta do Agro celebrará a súa III Foliada solidaria.

Nesta ocasión contará co grupo convidado Trevellos, e a entrada doarase á Asociación Síndrome de Williams.

Non te perdas este concerto solidario!!!!


Homenaxe a "Os Campaneiros de Vilagarcía"

AGG / 28.09.18

 cartel-campaneirosdef webA Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, en colaboración co Concello de Vilagarcía renden homenaxe ao histórico grupo de gaitas, Os Campaneiros.

O vindeiro sábado 06 de outubro, Vilagarcía acollerá este acto organizado pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en colaboración co Concello co obxectivo e preservar e difundir o legado dos Campaneiros de Vilagarcía.
Con este evento, que constará de charlas, pasarrúas, concertos e a inauguración dunha exposición que se poderá visitar ata o vindeiro día 31 de outubro na sala de exposicións do auditorio, preténdese amosar o recoñecemento a toda unha vida de dedicación a nosa música tradicional e ao enorme valor patrimonial do legado que nos deixaron estes grandes músicos.

Os Campaneiros de Vilagarcía foi un dos cuartetos de gaitas de música tradicional galega mais importantes do s.XX, formado nos anos 20 en Vilagarcía de Arousa, e que permaneceu en activo ata 1984, sendo un dos grupos de gaiteiros mais lonxevos da nosa historia, con mais de 50 anos tocando. Fundárono José e Ramón Valiñas, dos Campaneiros, de ahí o nome, que era o alcume familiar. Na percusión houbo variación ao longo da historia do grupo, ata que nos anos 60 a formación acada a excelencia coa incorporación de Celestino e José Carballa “Os Sabelos” fillos de “Palla Mallada” un coñecido gaiteiro da comarca arousá.
Este cuarteto de dous pares de irmáns, os irmáns Valiñas e os irmáns Carballa, constitúen un referente fundamental sobre todo pola particularidade do seu modo de interpretar as súas músicas dunha forma diferenciada, e polo gran legado que nos deixaron, con mais de oitenta pezas.

Nesta mais que merecida homenaxe aos Camparaneiros, contaremos cunha xornada chea de contidos. Velaí o programa:

11.00 – Apertura do evento
11.15 – Inauguración da exposición
11.45 – Relatorio “Os Campaneiros de Vilagarcía”. Por Xaquín Xesteira.
12.30 – Mesa de debate “Os Campaneiros de Vilagarcía e a súa pegada na historia da música tradicional galega”.
               Participantes: Xosé V. Ferreirós, Carlos Rei, Ramón Vázquez Acha e Paulo Nogueira. Modera Cándido Meixide.
17.00 – Pasarrúas a cargo de: Os Terribles de Arousa, Faíscas de Solobeira, Ansuiña, Os Mecos de Ogrobe, Xirifeiros e Malveiras
19.00 – Concerto no Salón Garcíacon: Os Terribles de Arousa, Faíscas de Solobeira, Ansuiña, Os Mecos de Ogrobe, Xirifeiros e Malveiras

Con esta homenaxe, dende a AGG búscase seguir traballando en prol da música tradicional promovendo a recuperación do noso patrimonio cultural.
Máis información: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo 986 847 074 - 982 229 966

Esperámoste!!!!!!!!!!!

Ultimos días para anotarse no V CURSO DE MÚSICA E BAILE GALEGO DE SALCEDA DE CASELAS

Varios / 21.09.18

 

cartaz cursosalceda_web pqLembrade que os vindeiros dias 29 e 30 de setembro, o Concello de Salceda de Caselas acollerá o V CURSO DE MÚSICA E BAILE GALEGO!!!

Esta edición, organizada pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en colaboración co concello, contará con catro especialidades impartidas por mestres de recoñecido prestixio no mundo da música e o baile tradicional!!!

- Percusión tradicional -Imparte: FRANCISCO ESTÉVEZ “CHUCO”

- Gaita -Imparte:  SUSO VAAMONDE

- Canto e pandeireta - Imparte: MARÍA VIDAL

- Baile tradicional - Imparte :FRANCISCO FEIJOÓ “XISCO”

Queres ter mais información sobre os distintos cursos? queres saber como inscribirte? Preme nos seguintes enlaces e terás toda a información!!!

https://www.facebook.com/events/321022351966655/

https://www.facebook.com/gaiteirosgalegos/

 

http://gaiteirosgalegos.gal/index.php?option=com_content&;view=article&id=4016:2018-08-30-09-47-29&catid=27:varios&Itemid=18

 

http://gaiteirosgalegos.gal/images/stories/files/fichainscricioncurso-rxpd_web.pdf

Bulide que as prazas voan!!!

A Festa dos Fachos de Vilelos -O Saviñao - Lugo e o 70 aniversario da Asoc. Cultural Cántigas e Frores o vindeiro domingo no "Recuncho da Palleta"

Varios / 21.09.18

ms13c1f1 22530A Asociacion de Gaiteir@s Galeg@s estaremos de novo no "Recuncho da palleta" dentro do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero este domingo. Nesta ocasión contaremos con Vítor Otero que nos falará da Festa dos Fachos de Vilelos -O Saviñao - Lugo, do 70 aniversario da Asoc. Cultural Cántigas e Frores e informaranos de numerosas actividades previstas para as vindeiras semanas.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

E lembra que nas madrugadas de luns a martes (de 01:00h a 02:00h), na Radio Galega, tes unha cita coas "Escolmas Musicais" de Lume Na Palleira.

* Fotografía de Roi Fernández (Fonte a Voz de Galicia)

Este domingo arrancamos unha nova tempada do Recuncho da Palleta falando da Danza e Contradanza de Darbo

Varios / 14.09.18

lumepalleiraO vindeiro domingo a Asociacion de Gaiteir@s Galeg@s voltará a CRTVG, co espazo o "Recuncho da palleta" dentro do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero. Nesta ocasión contaremos con Gustavo Couto que nos falará da Danza e contradanza de Darbo.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

E lembra que nas madrugadas de luns a martes (de 01:00h a 02:00h), na Radio Galega, tes unha cita coas "Escolmas Musicais" de Lume Na Palleira.

I Memorial Mingos de Pita

Varios / 07.09.18

memorial mingosO vindeiro sabado 22 de setembro terá lugar o I Memorial Mingos de Pita no Auditorio Municipal de Melide ás 20.00 horas. Será un acto homenaxe en lembranza de Mingos no primeiro cabodano do seu pasamento.

Intervirán:Mero Iglesias e David Otero e contarase coa música de Comando Curuxás e Tino Baz.

VI Xornadas arredor da música tradicional - Programa

AGG / 07.09.18

vi-xornadas-arredor-cartaz prog_webNon te o vindeiro sábado 15 de setembro nas VI Xornadas arredor da Música Tradicional na Casa da Gaita (en Viascón).
Entrada de balde, previa reserva de praza no teléfono 986 847 074 ou en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

PROGRAMA

10.00 – Apertura e entrega de documentación

10.15 – Relatorio I: “A dataçao de instrumentos históricos através da dendrocronologia”. Alexandra Lauw

               11.00     Quenda de preguntas

11.10 – Relatorio II: “Música e paisaxe”. Pablo Carpintero

               12.40     Quenda de preguntas

12.50 – Descanso

13.05 -   Presentacións de publicacións

             13.05     “Maruxa das Cortellas. Tocadora do pandeiro…”. Xulia Feixóo

 13.20     “Mulleres de Gargamala! Cantares de tradición oral”. Xulia Feixóo e Guillerme Ignacio. 

             13.35     “Terra E Alma” de Moisés Quintas. Editorial Canela

13.55 – Xantar

16.15 – Relatorio III: “Os instrumentos medievais no noroeste da Península Ibérica”. Francisco Luengo

               18.15      Quenda de preguntas

18.30 – Descanso

18.45 – Relatorio IV: “A gaita de fol na música das elites da Francia do s.XVIII”. Lois Prado.

               19.30     Quenda de preguntas

19.40 – Relatorio V: “Modelo de representación gráfica da música de tradición oral para gaita: o caso de Manuel López, gaiteiro de Poso”. Daniel Fernández

Páxina 11 de 408