Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Deput. Pontevedra

Deput. Pontevedra

Nova reunión con D. José Juan Durán Hermida

21.10.05

Na tarde do pasado venres 20 de outubro, o deputado de cultura e vicepresidente da Excma. Deputación de Pontevedra D. José Juan Durán Hermida, recibiu a representantes da Asociación de Gaiteiros Galegos. Esta Asociación tiña solicitada esta cita dende hai máis 15 días para informar da ruptura unilateral das negociacións sobre a escola de gaitas da Deputación por parte do presidente da Asociación de Bandas de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra, D. Hipólito Cabezas Gómez.


Mais información.
   

As clases de gaita da Deputación non se impartirán no Salnés

15.10.05

O pasado día 12 de outubro saiu publicada unha nova na edición de Arousa do Faro de Vigo onde se pón de manifesto as dificultades que está a atopar a Deputación de Pontevedra para poder ubicar a sede no Salnés.

Tal e como se indica no primeiro párrafo da nova non se empregará o auditorio municipal de Vilagarcía para ditos cursos que, como xa indicamos, son un auténtico atentado contra o folclore musical da provincia de Pontevedra.


Nova en formato jpg publicada no Faro de Vigo.
   

HIPÓLITO CABEZAS ROMPE AS NEGOCIACIÓNS COA AGG

22.09.05

Hipólito Cabezas Gómez, presidente da Asociación de Bandas de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra, négase a traballar xunto coa Asociación de Gaiteiros Galegos, rompendo os acordos existentes e imposibilitando deste xeito a creación dunha escola de música tradicional na provincia de Pontevedra.

A comezos do mes de xuño de 2005 a Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG) tivo unha reunión con D. José Juan Durán Hermida, vicepresidente da Excma. Deputación de Pontevedra. Na mesma, a Deputación de Pontevedra propón a creación dunha escola única para o cal achegaria 100.000 euros a maiores dos 90.000 xa concedidos á Asociación de Bandas de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra (ABGPPP). A única condición da Deputación é a integración das dúas partes nunha única escola que impartiria distintos instrumentos, todos exclusivamente tradicionais. A concesión desta subvención dependía de que houbese un acordo entre as dúas partes: AGG e ABGPPP.


Mais información
   

Artigo de D. Isaac Díaz Pardo

30.07.05



Con data 25 de xullo de 2005 apareceu publicado un artigo de D. Isaac Díaz Pardo en distintos meios de comunicación co seu parecer sobre certa bandas de gaitas.


Mais información
   

O Museo do Pobo Galego reclama apoio para a música tradicional

13.07.05




Recentemente o Museo do Pobo Galego ven de reclamar apoio para a música tradiciona nun escrito onde se comenta a prática desde algunhas administracións dunha política encamiñada a impulsar e difundir as chamadas bandas de gaitas, que están a introducir instrumentos, modos e ritmos importados, que pouco se compadecen co que é específico de Galicia.


Mais información
   

COMUNICACION DA DIRECTIVA DA AGG.

08.06.05

A Asociación De Gaiteiros Galegos, ante as publicacións recentes na prensa sobre o pre-acordo coa Deputación de Pontevedra, e ante as explicacións que demandan os músicos tradicionais galegos ao respecto, informa:

1º A Deputación de Pontevedra propón a creación de unha escola única para o cal achegará 100.000 euros a maiores dos xa concedidos á Asociación de Bandas de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra.

2º O único condicionante da Deputación é a integración das dúas partes en unha única escola que impartirá distintos instrumentos, todos exclusivamente tradicionais, estando os contidos pormenorizados das materias pendentes de definir.

3º A concesión desta subvención depende de que a AGG chegue a un acordo coa ABGPPP no que, evidentemente, a AGG defenderá incondicionalmente a postura que ven a manter con respecto aos aspectos formais e de fondo con respecto á música tradicional.

4º De momento non hai nada asinado e nin sequera falado xa que está pendente a entrevista co presidente da ABGPPP co que a AGG xa se puxo en contacto.

5º No caso de que non haxa acordo, a AGG seguirá liderando e alentando unha oposición férrea e *sen cuartel* ao modelo que se pretendía introducir na provincia.

Por todo isto, a directiva da AGG prega a tódalas agrupacións e persoas que nos prestaron o seu apoio que continúen unidos e seguros de que faremos todo o que estea na nosa man para dar unha solución aceptable e vantaxosa ao problema.

Pontevedra, 8 de xuño de 2005.
A directiva da AGG.
   

III REUNION DA AGG CA EXCMA. DEPUTACION DE PONTEVEDRA

06.06.05

Terceira reunión da AGG con D. José Juan Durán Hermida, vicepresidente da Excma. Deputación de Pontevedra celebrada o luns, 6 de xuño de 2005.

A Deputación de Pontevedra, despois de estudar o proxecto presentado hai días pola AGG, aposta pola creación de unha escola única que integre, xunto a este, o da Asociación de Bandas de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra.


Mais información

   

Aprazada a reunión con J.J. Durán

02.06.05



Por causas alleas á nosa vontade a reunión prevista para o xoves 2 de xuño de 2005 co Deputado Delegado de Cultura da Excelentísima Deputación Provincial de Pontevedra, ven de ser aprazada ao luns 6 de xuño de 2005.


   

Reunión entre a AGG e a AGBPPP

01.06.05

Reunión entre a AGG e a AGBPPP

Na noite do martes 31 de maio de 2005 tivo lugar unha reunión entre
representantes da Asociación de Gaiteiros Galegos e a Asociación
Gallega de Bandas de Gaitas y Percusión de la Provincia de Pontevedra.


Mais información

   

I ROMARIA DA MÚSICA TRADICIONAL EN PONTEVEDRA

30.05.05




Compañeiros,


Á vista da situación, e atendendo ás numerosas solicitudes de sócios e simpatizantes convocamos-vos á I
Romaria da Música Tradicional en Pontevedra
que terá lugar o vindeiro sábado 11 de xuño de 2005, a partir das 11:00 e até as 22:59 horas na Alameda de Pontevedra. Toda a información actualizada no Portal da Asociación de Gaiteiros Galegos www.gaiteirosgalegos.com



Aqui tes mais información



   

Páxina 2 de 4