Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concursos e Certames

Concursos e Certames

ABERTA A INSCRICIÓN DO XLII CONCURSO DE GAITAS DE PONTEAREAS

07.09.09

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no XLII Concurso de Gaitas de Ponteareas

As solicitudes de inscrición no modelo que facilita o departamento de cultura municipal dirixiranse ó rexistro de entrada do Concello de Ponteareas. Serán gratuítas e deberán recibirse ata o día 12 de setembro de 2009.

Podedes consultar e imprimir as bases e a folla de inscrición para participar no XLII Concurso de Gaitas.
   

RESULTADOS DO XI CONCURSO AVELINO CACHAFEIRO

25.08.09

O pasado sábado 22 de agosto se celebrou, un ano máis, o Concurso de Gaiteiros Avelino Cachafeiro 'O gaiteiro de Soutelo', en Soutelo de Montes.

Os solistas que resultaron premiados son:

1º Premio dotado con 2.500 € e trofeo: PABLO DEVIGO
2º Premio dotado con 1.000 € e trofeo: ÓSCAR IBÁÑEZ
3º Premio dotado con 750 € e trofeo: PEDRO ÁLVAREZ
Premio especial “Gaiteiro de Soutelo” dotado con 1.500 € e trofeo: ÓSCAR IBÁÑEZ
   

Alberto Coya gaña o XXIV Trofeo MacCrimmon de Gaita

14.08.09

O pasado 1 de agosto, celebrouse no marco do Festival Interceltique de Lorient a edición número 24 do Trofeo MacCrimmon (antes nomeado Macallan) para gaita de Asturias, Bretaña e Galicia.
O gaiteiro de O Hío, Alberto Coya, fíxose co primeiro posto do devandito certame, nunha final de alto nivel interpretativo na que amosou a súa mestría coas gaitas galega e asturiana. O xurado galego estivo composto por Pablo Seoane e Daniel Bellón, o asturiano por Iñaki Santianes e Ricardo Soberado e o Bretón por Jean Baron e Yann Kermabon. Este é o terceiro ano consecutivo que o Trofeo viaxa a Galicia, e Coya convértese no sexto galego da historia en facerse con él.



Clasificación:

1- Alberto Coya (Galicia)
2- Pablo Carrera (Asturias)
3- Pablo Dalama (Galicia)
4- Pedro Álvarez (Galicia)
5- Xurxo Fernández (Galicia)
6- Hugo Noval (Asturias)
7- Jesús Fernández (Asturias)
8- Borja Rodil (Asturias)

   

X XORNADAS DE DANZA E MÚSICA TRADICIONAIS GALEGAS 2009

04.08.09

A Concellaría de Animación Sociocultural do Concello de Vigo organiza, en colaboración coa Asociación Cultural Interfolc as X Xornadas de danza e música tradicionais galegas, que terán lugar os días 21 e 29 de Novembro e 6 e 27 de Decembro.

Os días 29 de Novembro e 6 de Decembro se celebrarán as semifinais no Auditórium do Barrio de Valadares en Vigo as 19 horas e 0 29 de Decembro no Teatro Sala de Concertos Caixanova No centro da cidade as 20 horas
O acto de presentación será o sábado, 21 de Novembro, ás 19,30:00 horas no Teatro Sala de Concertos Caixanova

O prazo de presentación para solicitudes de inscrición vai dende o día 15 de setembro ata as 13:30 horas do día 15 de outubro de 2009, ambos inclusive.


Os premios destas xornadas serán:

1º premio: 1.700 euros, medalla e diploma.
2º premio: 1.000 euros, medalla e diploma.
3º premio: 500 euros, medalla e diploma.
4º, 5º e 6º clasificados: accésit de 100 euros e diploma
Premio especial ao mellor grupo de acompañamento: 300 euros.
Premio especial ao mellor vestiario de grupo: 500 euros.
Premio especial á mellor actuación de danza tradicional con coreografía arranxada: 1.000 euros.

   

RESULTADOS DO CONCURSO X MEMORIAL RICARDO PORTELA

13.07.09

O Concello de Pontevedra, en colaboración coa Asociación de Gaiteiros Galegos, organizou esta fin de semana o Memorial Ricardo Portela, que este ano camiñou pola súa décima edición. Durante os días 11 e 12 de Xullo, celebraronse, na praza de Ourense e na praza da Peregrina, as diferentes actividades.

Durante os dous días, na Praza de Ourense e en horario de 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 h, permaneceu aberta a Mostra de Artesáns de Música Tradicional, que contou cunha grande afluencia de público interesado na construción de instrumentos musicais tradicionais.

O sábado, ao longo do día, celebrouse o Concurso X Memorial Ricardo Portela, no que participaron sete formacións de música tradicional: A Requinta de Xián, Os Folerpas, Ludovaina, Contracocheno, Os Enxebres de Cacheiras, Miañadura e Picuíña.

Durante a mañá, os participantes no concurso levaron a cabo un pasarrúas polas zonas máis céntricas da cidade para enfrontarse pola tarde na final, celebrada na Praza da Peregrina e que contou coa asistencia de numeroso público.

Os premios repartíronse do seguinte xeito:

Primeiro premio (1.500 euros): Os Enxebres de Cacheiras
Segundo premio (900 euros): Os Folerpas
Terceiro premio (600 euros): Contracocheno
Premio Seivane-Goretex (consistente nunha gaita creada especialmente para o X Memorial): Os Enxebres de Cacheiras
Premio especial Ricardo Portela (600 euros) á mellor interpretación dunha peza do repertorio de Don Ricardo: Picuíña

   

PARTICIPANTES NO X MEMORIAL RICARDO PORTELA

10.07.09

O Concello de Pontevedra, en colaboración coa Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza o Memorial Ricardo Portela, que este ano camiña pola súa décima edición. Durante os días 11 e 12 de Xullo, celebraranse, na praza de Ourense e na praza da Peregrina, as diferentes actividades.

Novamente, levarase a cabo a Mostra de Artesáns de Música Tradicional, que permanecerá aberta na praza de Ourense durante os dous días que dura o Memorial, nun horario de 11:30 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.

O sábado 11 de xullo terá lugar o concurso do Memorial, cunha fase eliminatoria pola mañá e unha final a partires das 20:00 horas na praza da Peregrina, coa actuación durante a deliberación do xurado do grupo Verdegaio. Neste concurso participarán as seguintes agrupacións de música tradicional galega:

- A Requinta de Xián (Boqueixón)
- Os Folerpas (Santiago de Compostela)
- O Facho de Maeda (A Coruña)
- Ludovaina (Cangas do Morrazo)
- Contracocheno (Vigo)
- Os Enxebres de Cacheiras (A Coruña)
- Miañadura (Madrid)
- Picuíña (Seixo-Marín)

Os importes dos premios en metálico para a presente edición serán: 1º-1500 euros; 2º- 900 euros; 3º- 600 euros. Ademais hai dous premios especiais: O “Ricardo Portela” de 600 euros para a mellor interpretación dunha peza do repertorio de Don Ricardo e un premio “Seivane-Goretex”, consistente nunha gaita creada especialmente para o X Memorial.

O Domingo 12, a partir das 20h, celebrarase o Festival de Música Tradicional que pecha o memorial coa actuación de Os Carunchos e Quempallou.
   

XXX CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL XACARANDAINA

09.07.09

O XXX Concurso de baile tradicional Xacarandaina, que todos os anos ven organizando a Asociación Xuvenil Xacarandaina se celebrará o domingo día 12 de xullo, en horario de mañá, no Pazo da Ópera da Coruña.

O acto realizarase en horario de mañá e poderán participar no mesmo grupos de Asociacións folclóricas, Centros Parroquiais, Asociacións Culturais e Recreativas e Asociacións Xuvenís etc. Todos os grupos participantes deberán cumprir as bases do concurso, onde se indica que os grupos poden ser mixtos, femininos ou masculinos, e estarán formados como mínimo por oito persoas (agás cando as características do baile o precisen). O uso de traxe tradicional é obrigatorio, excepto na Categoría A. No caso de que o baile presentado fora recollido polo Grupo de Bailes Tradicionais Xacarandaina, deberá contar coa súa autorización. A categoría determinarase pola media das idades dos compoñentes do grupo e ningún deles superará a media da categoría en máis de dous anos:

CATEGORÍA A: ata 8 anos inclusive.
CATEGORÍA B: de 9 a 12 anos inclusive.
CATEGORÍA C: de 13 a 16 anos inclusive.
CATEGORÍA D: de 17 anos en adiante.

Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos. O grupo que sobrepase dito tempo, quedará descalificado e terá que levar o seu acompañamento musical (gaiteiros, pandereteiras...) que deberá estar presente no escenario vestindo o traxe tradicional. O xurado no momento da calificación terá en conta: autenticidade da peza, dificultade técnica e calidade na execución. En cada unha das categorías serán concedidos tres premios:

1º PREMIO: trofeo e 350 €
2º PREMIO: trofeo e 200 €
3º PREMIO: trofeo

Finalízase o acto coa actuación do Grupo de Música e Bailes Tradicionais Xacarandaina que actuará de exhibición despois da actuación dos participantes e mentres o xurado delibera para a entrega de premios.
   

II CERTAME DE GAITEIROS SOLISTAS E DE BAILE DE PARELLAS EN SANTIAGUIÑO DO MONTE

07.07.09

O próximo sábado 25 de xullo celebrarase en Santiaguiño do Monte (Padrón) o II Certame de Gaiteiros Solistas e II Certame de Baile Tradicional de Parellas.

Cada un destes certames ofrece os seguintes premios:
1º premio: 500 €
2º premio: 300 €
3º premio: 200 €

O prazo de inscrición para a participación nos certames remata o día 21 de xullo. Están á vosa disposición as bases do certame de gaiteiros solistas e do certame de baile de parellas.

Máis información e inscricións:
Oficina de Información Xuvenil. Centro Social
981811329
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
   

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANTIGA

15.06.09

A Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir, en colaboración co Concello de Ramirás e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo “Xocas” da Deputación de Ourense, convoca o II Concurso de Fotografía Antiga.

Este bosquéxase como principais obxectivos: recuperar da memoria fotográfica de Ramirás e Comarca de Terras de Celanova, fomentar a investigación, recolleita e indagación de tipo etnográfico entre os participantes, e servir de base para estudar as costumes, traxes, instrumentos, oficios, etc que eran tradicionais nesta zona.

A dito concurso poderán presentarse tanto colectivos como persoas a xeito particular. Premiarase a mellor colección de fotografías, aínda que tamén existen dous premios especiais, un para a fotografía máis antiga e outro para a mellor fotografía. O prazo de presentación de fotografías remata o día 31 de Agosto, podendo entregalas ata este momento na sede da Escola Rebulir ou ben no Concello de Ramirás. A entrega de premios realizarase no mes de Setembro coincidindo co acto de presentación do curso.

Na pasada edición do concurso foron recollidas máis dun centenar de fotografías que retrataban desde festas e cerimonias (bautizos, enterros, comuñóns, entroido...) até os momentos da vida de cotío e o traballo (a malla, a vendima, na sega, cociñando...) e por suposto moitos retratos . Con esta segunda edición continuamos o proxecto de elaborar un arquivo fotográfico, o que fará que estas imaxes non queden perdidas en arcas e baúis senón que sexan un referente para consultar a historia de Ramirás e os Concellos limítrofes.

Para máis información poden poñerse en contacto con nós a través do teléfono 639 90 80 05 ou ben no enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .
   

PROXECTO RUNAS DO FESTIVAL ORTIGUEIRA 2009

03.06.09

O Festival Ortigueira servirá por décimo ano consecutivo de plataforma promocional para os novos valores da música de raíz. A través do Proxecto Runas, convoca aos grupos emerxentes que buscan facerse un sitio no panorama folk. As tres bandas máis votadas polos visitantes da web oficial protagonizarán a primeira noite do certame celta, competindo ao vivo por coarse no cartel do 2010.

Se tes unha banda e queres participar, bótalles unha ollada ás bases do concurso e envía ao correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo tres das túas cancións en mp3, acompañadas dunha breve historia e unha foto do grupo.

Os tres grupos máis votados actuarán o xoves 9 de Xullo no escenario Estrella Galicia. Un xurado do Festival estará presente no público para seleccionar ao mellor grupo, que actuará na edición de 2010.


¿Cómo participar?

10 de xuño será a data límite para que as formacións envíen en MP3 á organización , os seus tres mellores temas dos que, cando menos un, será de produción propia. Xunto a estes cortes, deberán incluír un breve dossier informativo.

Música instrumental, música cantada... o único que se require é que sexa folk. Os grupos, cun máximo de dez integrantes e - como novidade- "de calquera procedencia xeográfica", deberán contar cun repertorio mínimo dunha hora de duración.

Selección

Un comité técnico, nomeado polo Concello de Ortigueira, organizador do Festival co apoio do Xacobeo, Estrella Galicia e Deputación, entre outras entidades, realizará unha primeira selección de dez grupos.

A segunda fase correrá en exclusiva a cargo dos internautas que visiten a web oficial. Eles e elas elixirán cos votos que emitan do 15 ao 30 de xuño, de entre estas dez candidaturas, as tres formacións que actuarán na xornada inaugural da próxima edición do Mundo Celta, o vindeiro 9 de xullo. Cada un dos grupos recibirá 1.000 euros.

Finalmente, un xurado, presente entre o público, decidirá tralos concertos a banda gañadora que volverá ao Escenario Estrella Galicia no 2010 e se embolsará 3.500 euros.
   

Páxina 9 de 20