Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concursos e Certames

Concursos e Certames

Xacarandaina organiza os concursos de Música e Baile Tradicional para este ano 2011

10.05.11

A Asociación Cultural Xacarandaina organiza dous concursos anuais de carácter aberto: o Concurso de Música Tradicional e o Concurso de Baile Tradicional.

O obxectivo destes concursos é poñer en valor o traballo realizado, ao longo do ano, dos mellores grupos de baile e música que participen nestes eventos, tendo en conta a autenticidade, dificultade e orixinalidade das pezas.

Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina

Concurso de Música Tradicional Xacarandaina

Inscripcións e bases:

http://www.xacarandaina.com

   

XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega "Constantino Bellón" 2011

09.05.11

Logo de acadar o apoio institucional do Concello de Ferrol e AGADIC o Ateneo Ferrolán convoca de novo o Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega "Constantino Bellón" 2011 na súa XX edición.
 

Cartel e bases:

www.ateneoferrolan.org

http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/

   

Gañadores do III concurso de Cantos de Taberna

03.05.11

O grupo de cantos de Taberna A Ghaita do Avó da A.S.C.Tregha de Marin conseguiu o 1º premio entre 15 grupos que participaban no concurso,despois de cantar en 10 Tabernas nas cales o Taberneiro era o que poñía a puntuación.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Concurso de Canto Tabernario

26.04.11

O sábado 30 de abril celebrarase o III Concurso de cantos de taberna en Melide. Participarán dezaseis formacións que percorrerán a zona de viños de 12:00h a 15:00h.
Cada grupo fará un percorrido por dez tabernas e serán os taberneiros os encargados da puntuación. O grupo que ao final do percorrido obteña maior puntuación será o gañador.
(Prema no título pra ver a nova ao completo)

   

XII Concurso de música tradicional Xiradela (Arteixo)

04.04.11

GRUPOS DE PANDERETEIRAS

BASES

1. É un concurso no que poderán participar grupos de asociacións xuvenís, culturais e recreativas, folclóricas, de veciños, etc..., que o desexen.

2. Constará dunha modalidade: grupos de pandereteiras.

3. Haberá catro categorías, que dependerán da idade da maioría dos compoñentes:

   

VII Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere

11.03.11

Co fin de difundir e ensalzar a nosa cultura e tradicións, convócase o VII Concurso de Baile Tradicional organizado por Tequexetéldere. Nel poderán participar grupos de asociacións folclóricas, veciñais, recreativas, de veciños,... etc. 

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Vogaliza

10.03.11

VOGALIZA é un evento da música tradicional coral galega conformada por dúas partes diferenciadas:

  • Concurso de Harmonización Coral
  • Concerto Coral de Música Tradicional Galega

O Concurso de Harmonización Coral terá como data límite de entrega das obras 6 de abril de 2011.

O Concerto Coral será na data de celebración do día das Letras Galegas no Conservatorio Profesional de música de Vigo.

Podes atopar toda a información que precisas nas bases do concurso.

http://vogaliza.wordpress.com/

   

Anha Urbana 2011

04.03.11

Desde hoxe, até o 31 de Marzo, queda aberta a convocatória para a Aña Urbana 2011 (16 de Abril).

Pode participar calquer entidade ou colectivo, en calquer dos apartados (roteiro polas prazas e xantar, actuacións e serán pola tarde-noite...), enviando un mail cos seguintes datos a  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo :

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

O Concello de Vigo convoca o I Concurso de Gaitas para Solistas

10.02.11

Está aberto, ata o 1 de abril, o prazo de inscrición para participar no I Concurso de Gaita para Solistas do Concello de Vigo. A fase final do certame celebrarase o 30 de abril no auditorio municipal da Praza do Rei. A iniciativa ponse en marcha coa colaboración da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Concurso Musical Cantalingua

26.01.11

O Cantalingua é un concurso musical ideado polas entidades organizadoras do Correlingua: a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a Confederación Intersindical Galega-Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística e os concellos de Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo, en colaboración co portal de música en galego Komunikando.net.



www.komunikando.net

   

Páxina 6 de 20