Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concursos e Certames

Concursos e Certames

XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega "Constantino Bellón"

13.07.11

Logo de acadar o apoio institucional do Concello de Ferrol e Agadic, convócase de novo o XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega "Constantino Bellón" 2011.

O prazo de inscripción remata o venres 15 de xullo!

Descarga as BASES

   

Aberta a convocatoria para o Memorial Ricardo Portela

07.07.11

Xa está aberta a convocatoria para participar na XII edición do Memorial Ricardo Portela 2011, que terá lugar o vindeiro sábado día 16 de xullo e no que se outorgarán 3 premios en metálico de 1.500, 900 e 600 euros, un premio especial “Ricardo Portela”, dotado de 600 euros para a mellor interpretación dunha peza do repertorio do gaiteiro, e un premio especial “Seivane-Goretex”, consistente nunha gaita creada especialmente para esta doceaba edición do Memorial e que recaerá na mellor interpretación dunha peza en toque pechado.
Poderán participar agrupacións musicais tradicionais galegas no formato de cuarteto, quinteto ou sexteto, compostos polo menos por dúas gaitas, un tamboril e un bombo, sendo o principal obxectivo do certame promover a música tradicional galega, así como impulsar este tipo de formacións.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Lulavai e Irtio finalistas no VI concurso para grupos folk Folkezblai de Ermua

22.06.11

O xurado do concurso Folkez Blai de Ermua fai público o nome dos grupos finalistas que competirán entre si na presente edición 2011. O órgano realizou a preselección entre todas as formacións que se presentaron ao certame. O número de formacións foi de trinta e tres (33).

De todos eles, seis fixéronse acredores de pasar á última fase do concurso. Entre eles temos dous grupos galegos, un rioxano, outro biscaíño, un gaditano e outro madrileño.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

O grupo Pedravixía da asociación Adro de Baio obtivo este fin de semana dous premios do concurso de Xacarandaina.

07.06.11

Foto: Nemeth celebrou a fin de curso no Pazo da Cultura

As dezaseis rapazas que compoñen o colectivo de baile quedaron de terceiras na súa categoría e as catro que están no conxunto de cantareiras foron segundas.

No certame, que ten máis de 30 anos de vida, participaron decenas de grupos de toda Galicia, aínda que os da provincia coruñesa foron maioría. Adro acudiu con outros dous grupos, un deles de pequenos de entre 4 e 6 anos de idade.
O chamado Pedresqueiras foi unha dura competencia para Pedravixía. Este ano os dous conxuntos están na mesma categoría, de 13 a 16 anos. De feito, as tres nenas e o neno de Pedresqueira alzáronse co primeiro posto no concurso de Xiradela de Arteixo, que se celebrou no mes de abril.

(Prema no titulo para ver a nova ao completo)

   

Xacarandaina mostra a nova canteira de bailadores

30.05.11

Para evitar problemas coa SGAE restrinxen a pezas populares ou tradicionais a música do certame

Iotas, muñeiras e maneos foron parte da música que soou onte no Coliseo para acompañar os 32 grupos que competían no XXII Concurso de Baile Tradicional de Xacarandaina, unha entidade que optou nesta edición por un recinto amplo para dar cabida á gran cantidade de persoas que se moven nestes certames. Nin este tipo de espectáculos están libres da vixilancia da SGAE e os organizadores restrinxiron a pezas populares ou tradicionais o acompañamento, para evitar pagar o canon das obras de autor.

(Prema no titulo para ler a nova ao completo)

   

Ultima hora: Aprazado o concurso de Gaitas Moxenas ata nova data

27.05.11

Comunicado do Centro Veciñal e Cultural de Valladares:

Por causas alleas a esta entidade, vémonos obrigados a aprazar o IV Concurso de Gaitas Nazario González "Moxenas" , para outra data a concretar.

Perdoen as molestias!

   

XXV Día da Muiñeira en Arteixo

23.05.11

A Asociación Xuvenil Xiradela de Arteixo, convoca o XXV Día da Muiñeira que terá lugar o próximo día 12 de xuño, ás 18:00 h. na Avda. do Balneario.

BASES DO XXV DÍA DA MUIÑEIRA

1.     Poderán participar no mesmo todos aqueles Centros, Grupos Folclóricos, Asociacións Xuvenís, etc., que o desexen.

2.     Cada Centro, Asociación, etc. poderá inscribir o número de grupos que o desexe.

(Prema no titulo para ler a nova ao completo)

   

XXX Día da Muiñeira de Carballo

23.05.11

Un ano máis, a Asociación Cultural Nemeth anímavos a participar no Día da Muiñeira de Carballo, que nesta ocasión celebra a súa XXX edición.

Reunirémonos tódolos participantes ás 17:00 do domingo día 5 de xuño do 2011 na Avda/Bergantiños (fronte ó Instituto Alfredo Brañas), para realiza-lo tradicional percorrido polas rúas de Carballo ata chegar á Praza do Concello, onde ás 18:00 bailaremos todos xuntos. En caso de que as condicións meteorolóxicas non permitan a realización da actividade no exterior, trasladarase ó Polideportivo Carballo Calero.

(Prema no titulo para ler a nova ao completo)

 

   

IV concurso de gaitas Nazario González Moxenas

19.05.11

Un ano máis, o Centro Cultural e Veciñal de Valadares (Vigo) organiza o "Concurso Gaiteiro Moxenas", do cal podes atopar as Bases e a Ficha de Inscrición na seguinte ligazón:

http://www.ctv.es/USERS/cvallada/imaxes/basesconcursogaitasmoxenas2011.pdf

   

IV Concurso de Gaitas Nazario Gonzalez "Moxenas"

10.05.11

O vindeiro sábado, 28 de Maio as 18h. terá lugar no Auditorio do CVC de Valladares-Vigo o IV Concurso de Gaitas Nazario Gonzalez "Moxenas"

Información e inscripcions:

C.V.C. de Valladares

Tfno. 986 467053

www.ctv.es/USERS/cvallada

e.mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo


   

Páxina 5 de 20