Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

Lume na Palleira

Gustavo Couto desvelaranos no Recuncho deste domingo o programa das III Xornadas de Baile que organiza a AGG

 lume palleira_15anosEste domingo no Recuncho da Palleta Gustavo Couto falaranos sobre o baile, mais concretamente sobre as xornadas que estamos a organizar dende a AGG o vindeiro 19 de Novembro na Tradescola, en Lugo, e nas que contaremos con grandes profesionais do sector como Xabier Iglesias, Miguel Sotelo ou Luis Prego entre outos.

Non te perdas o domingo as 17:00 horas Lume na Palleira

 

 

O Recuncho da palleta fai un percorrido polos 15 anos de programa

lume palleira 15anosComeza a 15ª tempada do Recuncho da Palleta, e aprobeitando este feito, faremos xunto con Gustavo Couto, un repaso por algúns dos gaiteiros que xa non están entre nós, pero que no seu día pasaron por algún programa nestes 15 anos de andaina. Onde deixaron un anaquiño da súa persoa e sobre todo da súa música...

Non te perdas o domingo as 17:00 horas Lume na Palleira.

 

 

 

Análise do repertorio tradicional vinculado ao pandeiro cuadrado en Galiza no Recuncho da Palleta.

lumenapalleiraEste domingo acompañaranos no Recuncho da Palleta, Julia Feifóo. Con ela faremos un resumo, do que foi o seu traballo de fin de estudos no Conservatorio Superior de Música de Vigo, sobre o Repertorio acompañado de pandeiro cadrado na Galiza.

Non te perdas este domingo, de 17:00 a 19:00 horas, Lume na Palleira.

   

Gustavo Couto faranos un percorrido polos bailes agarrados no Recuncho da Palleta deste domingo

 lumenapalleiraEste domingo adicaremos o Recuncho da Palleta os bailes agarrados, como chegaron ata nós, cales se instalaron na nosa cultura, como viviron o proceso de adaptación a nosa música e baile, e cales se conservan a día de hoxe.

Non te perdas este domingo as 17:00 horas Lume na Palleira.

 

Xaime Estévez presenta a 1ª xuntanza Henrique Otero de xoves gaiteiros no Recuncho da Palleta

lumenapalleiraNo Recuncho da Palleta desta semana, que se emitirá dentro do programa Lume na Palleria da Radio Galega o domingo 15 de maio a partir das 17:00 horas, Emilio Españadero e Xaime Estévez comentaranos cal é o propósito da xuntanza Henrique Otero de xoves gaiteiros que terá lugar o próximo venres 20 de Maio ás 19:30 horas no Conservatorio Profesional de Música de Vigo.

Esta actividade enmárcase dentro das xornadas das letras galegas do conservatorio vigués e do III Memorial Henrique Otero, que tivo lugar o pasado sábado 23 de Abril.

Está organizado polo profesorado de gaita e o departamento de normalización lingüística do CMUS de Vigo ademais da colaboración da AGG 

Lembra, si queres saber mais desta primeira xuntanza non te perdas este domingo as 17:00 horas Lume na Palleira.

   

Páxina 3 de 15