Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

Lume na Palleira

A Alborada para Rosalía no vindeiro Recucho de Palleta

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Vitor Otero que nos vai a falar da Alborada para Rosalía do vindeiro 24 de febreiro (Día de Rosalía e aniversario do seu nacemento).

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

 

A Foliada da Fonsagrada no Recuncho deste domingo

foliadafonsagradaMañá, como cada domingo, dende a Asociacion de Gaiteir@s Galeg@s estaremos no "Recuncho da palleta" dentro do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero. Nesta ocasión contaremos con Gustavo Couto que nos trae aos organizadores de Foliada de A Fonsagrada.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

 

Este domingo, no Recuncho da Palleta falaremos de Benjamín Fernández Pazos

a-musica-e-mondariz-grupo-gaiteirosO vindeiro domingo dende a Asociacion de Gaiteir@s Galeg@s estaremos con tod@s vosoutr@s no "Recuncho da Palleta" dentro do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero.

Este recuncho, no que contaremos con Xaime Estévez, vai ser o segundo sobre compositores da gaita. Dedicarémolo a Benjamín Fernández Pazos. Músico nado en Mondariz onde formóuse na banda pero que dende os vinte e poucos anos viviu e casou en Lugo formando parte da Banda Municipal máis de cincuenta anos na que chegou a ser subdirector. Falaremos das últimas investigacións sobre a súa importancia para a música galega, do home que era contado por un dos seus netos e ata preguntaremos a un ilustre como Antón Corral da súa relación con el xa que coincidiron na banda municipal de Lugo. B.F.Pazos foi un dinamizador da música para gaita galega sobre todo a partir dos anos sesenta, grupos senlleiros como Os Amigos de Lugo ou Os Montes contaron coas súas composicións, composicións que tamén lle deron premios como no San Froilán polo 1957. Ademáis as súas obras seguen gravándose por grupos como Treixadura ou Xarabal e forman parte ineludible do repertorio clásico para gaita caso de pezas como "Pinceladas de Galicia" " Na Fonte do Souto" e moitas outras das que falaremos.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

   

Danzas de Reis no Recuncho da Palleta

 22448322 1521537387903926_5792522138833292808_nApenas un día despois da visita dos Reis Magos, aproveitamos a ocasión para facer unha achega ás Danzas de Reis de Río Frío (Mondariz) da man de Gustavo Couto.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

 

 

 

O Tamborileiro Técnico no Recuncho da Palleta deste domingo

 lumepalleiraEste domingo, no Recuncho da Palleta contaremos con Gustavo Couto que virá acompañado de Marcos Pérez Saburido "Kinhos" para presentarnos o seu traballo "O Tamborileiro Técnico Vol.1", editado por A Píntega Marela.

Non te perdas, esta nova emisión de Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas, e participa no sorteo de 2 exemplares.

   

Páxina 1 de 15