Varios
Vixésima Edición de Noites de Tasca
O venres 28 de maio a partir das 10 da noite, no bar-restaurante CASA VELLA, en Abellá - Frades, celebrarase a vixésima edición das "Noites de Tasca".
O protagonista será o gran artesán e mestre gaiteiro JUAN BREA LODEIROS, da Coruña.
E despois Foliada para que participen todos os que se acheguen ata Frades.
IªRuada "Vai de Troula"
Este venres 21 de maio, a partir das nove da noite nunha carpa no Campo da Feira de Ordes.Nela participarán 17 agrupacións da Mancomunidade de Municipios de Ordes.
Estades convidados.
Máis info: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Tlf. da Asociación 660476854.
Projecto de Foles
Data: Mércores, 19 de Maio de 2010Hora: 19:00 - 19:30
Lugar: Conservatorio Sup. de Música de Vigo (exteriores)
Programa:
"Danza e Contradanza de Darbo" baseado nun tema Trad.
(Diego Mariño)
"Karolina, opiáceos e cocaína" baseado no tema Trad. "A saia da Carolina"
(David Bellas)
"Boceto Poio" baseado na "Muiñeira de Poio"
(David Bellas)
Projecto de foles:
Xurxo Fernández
Ánxela Vidal
Lucía comesaña
David Bellas
Xesús Riveira
É un grupo de música de cámara na que os instrumentos empregados son integramente gaitas de fol galegas. Máis alá de folclorismos e costumismos nos que xeralmente está envolto este instrumento, a pretensión do grupo é a de integrar o mesmo, dándolle unha total normalidade nun ambiente camerístico, que salvo algún feito illado non acontecera con anterioridade na Galiza.
Semana Letras Galegas no conservatorio Profesional de música de Vigo
Martes 18 ás 18:00 h. no Auditorio David Russell Conferencia "ANDRÉS GAOS E A MÚSICA GALEGA" a cargo de XOAN TRILLOXoves 20 ás 17:30 h. no Auditorio David Russell Presentación da "Páxina de recursos sobre a historia da música en Galicia"
Xoves 20 ás 18:00 h. no Auditorio David Russell Conferencia "AS GRAVACIÓNS DA MÚSICA GALEGA 1975 - 2000" a cargo de XAIME ESTÉVEZ
Máis info http://centros.edu.xunta.es/cmusprofesionalvigo/
Programación Tradición a Pé de Rúa
A celebración no 2010 do Ano Xacobeo supón un importante reto de cara a traballar pola presenza da música tradicional nas diferentes actividades que se leven a cabo. Neste senso en colaboración coa S.A de Xestión do Plan Xacobeo a Asociación de Gaiteiros Galegos está a elaborar a programación Tradición a pé de Rúa, a través da cal se levarán a cabo pasarrúas e concertos en formato acústico coincidindo con actividades culturais nas pequenas vilas polas que transcorre o camiño, como poden ser feiras de artesanía, exposicións ou festas gastronómicas. En cada caso, procurarase a presenza de artistas e agrupacións cunha íntima relación coa cultura tradicional propia de cada zona. O obxectivo final é o de amosar a variedade, as características estéticas e musicais propias e as influencias culturais que existen en cada un dos camiño
Dentro desta programación mañá sábado 15 Os Lerenses ofrecerán un pasarrúas en A Estrada, coincidino coa Feira Sustentable en torno ás 11 da mañá.
Máis artigos...
Páxina 474 de 529