Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

Varios

XXII Homenaxe ao Gaiteiro

XXII Homenaxe ao GaiteiroO vindeiro domingo 21 de novembro terá lugar a XXII Homenaxe ao Gaiteiro organizada polo grupo etnográfico A Buxaina de Coruxo. Este ano ademáis do noso grupo (Etnográfico A Buxaina) que celebra o seu 25 aniversario de existenza, contaremos coa presenza do Coro Tradicional Cantares do Brión do centro cultural de Vincios e Os Terribles de Donas.

Ler mais. XXII Homenaxe ao Gaiteiro

 

I Ruada de Outono de Beariz

I Ruada do Outono de BearizO sábado 20 de Novembro terá lugar as 7 da tarde nas Barbeiras a I Ruada do Outono de Bearíz. No que terán lugar actuacións de Gaiteiros, Cantareiras, Baile Tradicional.

Ler mais. I Ruada de Outono de Beariz

 

Foliada polo aniversario do Grupo de Música Tradicional CHINGUILIPÉ

Asociación Cultural ChinguilipéO grupo de música tradicional CHINGUILIPÉ cumpre 5 anos!!. 5 anos nos cales estes 5 amigos fomos facendo música e festa en todos os lugares nos que nos chamaron.

Alá quedan esas pedazo festazas (sempre) no porquiño á brasa, ás mañás ou tardes de domingo no Carneiro, os magníficos actos do arrieiro polas letras galegas, as vodas na toxeiriña, os pasarúas polo medio de carreteras en Cuntis caldas etc, as tardes de xogos populares, esas ...noites enchendo moraña de tapas e música, aquel serán que cadra no día que máis chove de toda a década, tc, etc, etc....

Ler mais. Foliada polo aniversario do Grupo de Música Tradicional CHINGUILIPÉ

   

Seráns na Sala NASA

Sala NASAO próximo xoves, 18 de novembro terá lugar a oitava tempada dos Seráns da NASA, que este ano comezará cun obradoiro práctico de iniciación ós "baile solto" da man de Gustabo Couto entre as 21h e as 22h.

Ler mais. Seráns na Sala NASA

 

XVI Edición do Premio de Investigación “Antonio Fraguas”

Asociacion do Traxe GalegoA Asociación do Traxe Galego, na procura de conseguir e divulga-lo máis amplo coñecemento sobre o traxe galego en tódalas súas variantes, convoca a XVI EDICIÓN DO PREMIO DE INVESTIGACIÓN “ANTON FRAGUAS”.

Ler mais. XVI Edición do Premio de Investigación “Antonio Fraguas”

   

Páxina 470 de 529