Varios
I Magosto Furtivo
O grupo de música tradicional TAnto nos Ten e a Asociación Cultural Santa María do Viso organizan o I Magosto Furtivo, contando coa colaboración da Concellería de Cultura, da Asociación Xuvenil Xoeira e da Tenda de Concha. Realizarase no Torreiro da Festa da Teixeira - Monte da gándara o sábado 27 de novembro a partir das 17h e prepararanse ata 100kg de castañas asadas para todos os asistentes.
Contarase cunha carpa carpa e como condimento asa castañas ofrecerase un programa lúdico musical cunha importante compoñente participativa, que consistirá en:
- Xogos tradicionais
- Obradoiros para rapaces e rapazas.
- Peter Punk (malabares)
- Ce Orquestra Pantasma (home orquestra)
- Trioliro (regueifeiros)
- A Requinta da Laxeira (música tradicional)
- Foliada aberta a todos os asistentes
www.xornalgalicia.com
Ruada de Outono en Cuspedriños
A Asociación Medioambiental e Cultural Cañón de Pau, en colaboración con "OS Chichisos" promove a Segunda Ruada de Outono esta vez en Cuspedriños. A cita será o vindeiro 27 de novembro no mercado deste lugar do concello de Cotobade.
O programa comprende un obradoiro de construcción de instrumentos vexetaris a cargo de Os Chichisos a partir das 19h e unha ruada a partir das 21h.
http://www.concellodecotobade.info/tag/cuspedrinos
XXII Xornadas da gaita 2010 no Ateneo Ferrolán
O Ateneo Ferrolán dentro das súas actividades de promoción da música galega ven propiciando e celebrando, case continuo, tódolos anos (dende hai 22 anos) unhas Xornadas de Gaita, como un lugar de encontro para grupos ou xentes que utilizan a gaita como un dos instrumentos básicos nas súas actuacións e composicións.
Este ano, organizadas polo Ateneo Ferrolán, as XXII Xornadas da Gaita, celebraranse o sábado día 11 de decembro de 2010 ás 20:00h. no Centro Cultural “Torrente Ballester”. (Haberá servizo de “barra”). A entrada é de balde.
Con as actuaciós de:
AIRINHOS DEL CAMPITO
BERROS DO CASTRO
SOBRE RODAS
Desde o Ateneo Ferrolán, agradecen colaboración da Deputación Provincial da Coruña e do Concello de Ferrol - Cultura.
Unha das características específicas é a participación de grupos de música folk galega, que teñan na súa estrutura de acompañamento a gaita como un elemento indispensable.
Presentación da obra "Temperando Iniciación" de Bruno Villamor
Bruno Villamor Gay, primeiro lucense que obtivo a titulación superior de música na especialidade de Instrumentos da Música Tradicional Galega, presentará o vindeiro venres 19 de novembro ás 20.30 horas na Galería Sargadelos de Lugo a súa obra “Temperando Iniciación”, método progresivo de aprendizaxe para gaita galega.
Trátase da primeira serie (4 libros) dun método progresivo de aprendizaxe para gaita galega que constará ademais nun futuro das series “Temperando: Perfeccionamento I” e “Temperando: Perfeccionamento II”.
Na presentación contarase coa presenza do autor así como á de Javier Jurado, Director de Dos Acordes, Editorial que saca á luz este traballo.
Tamén ao longo desta presentación poderemos escoitar ao Cuarteto Tradicional de Gaitas da Asociación Cultural “Cántigas e Frores” de Lugo, asociación da que o autor é Director Artístico, interpretando parte do material que aparece ao longo destes catro libros.
Presentación do libro "As bandas de música de Cerdedo"
O vindeiro Sábado 27 de Novembro presentarase o libro "As bandas de música de Cerdedo" do autor Manuel Campos Toimil no Centro Cultural de Cerdedo ás 19.30h
Nesta presentación contaremos coa actuación da banda Unión Cultural de Campolameiro.
Organiza
Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo
Colabora
Concello de Cerdedo
Unión Cultural de Campolameiro
Máis artigos...
Páxina 468 de 528