Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

Varios

Aprázase o Musgafol

Problemas técnicos obrigan a aprazar ata o mes de xaneiro o espectáculo Musgafol
A terceira edición do espectáculo Musgafol, que estaba prevista para este venres no Pazo da Cultura, celebrarase finalmente en Xaneiro por problemas técnicos segundo confirmou onte a Concellería de Cultura.
O departamento que dirixe a edila Lola Dopico aludiu a motivos técnicos e organizativos para o adiamento da cita, que consiste nun espectáculo musical para gaita de fol galega moderna e orquestra, protagonizado por gaiteiros solistas e a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, dirixida por Javier Viceiro.
Ata agora, esta gaita de fol só tiña cabida nas aulas de conservatorios, co que os organizadores destacan que este evento é unha forma de potenciar os seus creadores e novos intérpretes. A nova edición de Musgafol estará dedicada ao repertorio para orquestra sinfónica e gaita e reunirá aos músicos Xurxo Fernández, José M. López, Diego Mariño, Óscar Ibáñez, Cristian Silva, Paulo González e Pablo Devigo.
O espectáculo será gravado en vivo no que será o primeiro cedé monográfico deste repertorio, que segundo os organizadores «marcará un fito» na historia deste instrumento.te o 21 de xaneiro, segundo confirmou onte a Concellaría de Cultura.
 

 

Foliada no Cruceiro de Feás

Eiquí estamos de novo dende O Cruceiro montando festa, nesta ocasión acompáñanos o grupo de gaitas Alén do Mar e as cantareiras de Bailadela.

Comezaremos a partires das 22:30h ata que nos teñamos de pé.

Eperámosvos!!!!

 

 

 

 

 

Xornadas de Música Tradcional en Boimorto

 

 

Os Santiaguiños de Boimorto estamos a ralizar unhas xornadas de música tradicional nas que queremos reflexar a maneira de facer música nas distintas partes da Galiza.

Comezamos con Pablo Carpintero.

 

   

Os Melidaos presentan novo disco

O sábado 4 de decembro ás 20:00 h o grupo Os Melidaos presenta o seu primeiro traballo discográfico Que ben baila, que ben baila cun concerto no Auditorio da Casa da Cultura Pintor Llorens de Sada.

NON FALTES!

www.frouma.com

 

Falece Francisco Fernández del Riego

O intelectual e escritos galego Francisco Fernández del Riego faleceu aos 97 anos no seu domicilio da Praza de Compostela en Vigo o pasado venres 26 de Novembro. Galardoado con varios premios, Fernández del Riego estaba considerado como un dos grandes impulsores da cultura e a literatura galegas, chegando incluso a exercer de presidente da Real Academia Galega.

Nacido en Vilanova de Lourenzá, en Lugo, no ano 1913, foi unha das figuras máis relevancia do ensaio e a crítica literaria galega. Avogado de profesión, comezou a militar nas filas do galeguismo durante o período republicano, intervindo en diversos proxectos do grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos.

Fernández del Riego contribuiu a favorecer a recuperación da cultura galega dende a Editorial Galaxia, da que foi un dos principais artífices xunto con Ramón Piñeiro e Xaime Illa Couto, e dende a Real Academia Galega, na que ingresou en 1960 e da que foi presidente entre novembro de 1997 e maio do 2001. Foi tamén un dos grandes promotores do Día das Letras Galegas.

Autor de numerosas publicacións, foi o impulsor de moitas actividades culturais, un apaixonado por Galicia que firmou co seu nome ou baixo pseudónimos como Salvador Lorenzana miles de artigos en xornais e revistas de América, Galicia, Madrid ou Cataluña, ademais de libros de divulgación referentes a temas galegos, creación, libros de memorias e tamén de viaxes.

Co seu pasamento extinguese un pouco máis unha xeración -formada segundo o propio Del Riego por Iglesia Alvariño, Carballo Calero, Luís Seoane, Ramón Piñeiro, Celestino Fernández de la Vega, Álvaro Cunqueiro, Marino Dónega, Celso Emilio Ferreiro, Xosé María e Emilio Álvarez Blázquez, entre outros- que protagonizou un papel substantivo na historia da cultura galega contemporánea.

 

www.lavozdegalicia.es

   

Páxina 467 de 529