Varios
Mostra de Grupos de Baile Tradicional dos Centros Socioculturais (Compostela)
Martes 28 de decembro ás 20:00
Auditorio de Galicia (Compostela)
A Mostra de Grupos de Baile Tradicional dos Centros Socioculturais celébrase no Auditorio de Galicia dentro do programa Apalpando as Ilusións, e contará coa actuación de cinco grupos dos CSC e un convidado, Brincadeira.
O presentador será Nelson Quinteiro. Como fío conductor desta gala, e presentando fragmentos do seu espectáculo 'Danza e Contradanza', a compañía CONTRA2, formada por Iván Villar e Nelson Quinteiro servirá como vínculo e nexo de unión entre os diferentes colectivos de danza tradicional locais.
Ler mais. Mostra de Grupos de Baile Tradicional dos Centros Socioculturais (Compostela)
Primordiais con Folque na Rúa
AMENIZANDO AS RÚAS COMERCIAIS DE COMPOSTELA
30 de decembro de 2010 18:00 h - 19:00 h
Rúa General Pardiñas. Santiago
Primordiais ofrecerán un recital de cancións populares dentro do programa Folque na Rúa, que amenizará as rúas de Compostela este Nadal nas zonas comerciais.
Folque na Rúa
Continua a actividade de Folque na rúa é un programa de concertos nas rúas de Santiago de Compostela para animar o espazo público durante o horario comercial entre o 17 de decembro e o 4 de xaneiro de 2010. Está organizado por ACOTES (Asociación de Comerciantes de Santiago) coa colaboración artística de aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Este xoves estarán Verdegaio na R/Alfredo Brañas a partir das 18 h
Música Galega para Agasallar no Nadal
O camiño entre a música popular e a clásica Con Soas, Rosa Cedrón e Cristina Pato móstrannos esa viaxe, unha transición entre dous mundos con tantas cousas en común. Con temas populares da nosa terra e tamén con textos de grandes escritores como Celso Emilio Ferreiro ou Rosalía de Castro, este disco no que ademais de cancións a dúo aparece a Bratislava Symphony Orchestra, é unha opción ideal para alguén que non estea moi vencellado á música folk pero que sabe apreciar as cousas ben feitas. Un traballo que non pode faltar nas discotecas particulares.
O ‘Galeoke’ sae mañá á venda con 16 cancións
O Galeoke, a versión galega do xogo do Karaoke, estará a partir de mañá nas tendas de discos e poderase adquirir tamén na web de toupa.et. O seu prezo será de 19,95 euros, sairá en formato de CD para ordenador e contará cun total de 16 cancións. Dese xeito, os usuarios deste primeiro volume do Galeoke poderán cantar cancións dos Resentidos, Marful, Lamatumbá, Fuxan os Ventos ou Uxía.
Máis artigos...
Páxina 464 de 529