Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

Varios

Uxía enche os teatros na súa xira por Brasil

A cantante galega Uxía Senlle atópase este mes de xira por Brasil, onde está a encher salas nos seus concertos. Así o fixo na súa última actuación no Teatro Municipal Café Pequeno, en Rio de Janeiro, onde encheu a sala co seu espectáculo lusófono, no que o galego actúa como un nexo entre Galicia, Brasil e Portugal. Uxía compartiu escenario con músicos brasileiros como Sérgio Tannus e Paulinho Moska e Socorro Lira, entre outros.

Ler mais. Uxía enche os teatros na súa xira por Brasil

 

Presentacon do Coro Tradicional Cantares do Brión

Presentación do Coro Tradicional Cantares do Brión acompañados de Cantares da Terra.

Terá lugar o vindeiro 22 de xaneiro as 20h noCentro Cultural de Vincios (Gondomar)

http://cantaresdobrion.blogaliza.org/

 

Musgafol

AUDITORIO PAZO DA CULTURA, PONTEVEDRA

Venres 21 de xaneiro, 21h

Entrada de balde ata completar aforo

 (Prema no título para ver a nova ao completo)

Ler mais. Musgafol

   

Declarado 2011 como 'Ano da música en Galicia'

A Xunta declarou 2011 'Ano da música en Galicia' co fin de potenciar a creación musical e as industrias culturais galegas. Así, as institucións públicas galegas dedicarán unha parte das súas actividades a "poñer de relevo a música como instrumento para a divulgación da cultura galega".

(Prema no título para ver a nova ao completo)

 

Ler mais. Declarado 2011 como 'Ano da música en Galicia'

 

Cé Orquesta Pantasma no Matamafolc

 

 

Mañá, sábado 15 de xaneiro a partir das 23 h, Cé Orquesta Pantasma estará tocando na taberna Matamáfolc, na Praza de San Amaro de Matama (Vigo).

Lembramos que todos  os cartos recaudados neste furancho empregaranse integramente para financiar o día do "matamafolc" no Festival "Sons da Lameira"

   

Páxina 461 de 529