Varios
LV Concurso de Gaitas do País - Ponteareas 2023
O Concello de Ponteareas, no seu afán por promover e difundir a música tradicional galega, convoca para o vindeiro sábado 23 de setembro de 2023 a LV EDICIÓN DO CONCURSO DE GAITAS DO PAÍS, consolidándose coma a festa musical da súa especialidade máis antiga de Galiza e colocando a Ponteareas como referente no panorama da música tradicional galega.
Poderán participar no concurso ata un máximo de vinte grupos de gaitas que toquen con instrumentos tradicionais galegos, sen modificación de ningún tipo. Pódense presentar tanto persoas físicas como xurídicas.
Os grupos participantes interpretarán dúas pezas de libre elección, de raíz melódica galega.
O prazo de admisión de solicitudes remata o día 15 de setembro de 2023. Os grupos interesados podedes ver as bases no seguinte enlace: http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2023/07/BASES-ASINADAS-CONCURSO-DE-GAITAS-2023.pdf
RELACIÓN DE PREMIOS:
- 1º premio 2.000,00 €
- 2º premio 1.500,00 €
- 3º premio 1.000,00 €
- 4º premio 600,00 €
A fundación pública Artesanía de Galicia, obsequiará aos gañadores do primeiro premio cunha gaita tradicional galega e un tamboril.
O Concello de Ponteareas outorgará unha gratificación de 400,00 euros aos grupos en concepto de participación, agás o 1º premio, o 2º premio, o 3º premio e o 4º premio, conforme a das Bases de Execución do Orzamento Municipal.
Toda a información, bases completas e anexos para as inscricións no seguinte enlace: http://ponteareas.gal/servizos/cultura/bases-cultura/
Fondo pesar polo pasamento de "SITO", tamborileiro de "Duos Pontes" e de "Marmurios de Leucoiña"
IN MEMORIAM
JOSE LUIS ARGIBAY GARCÍA “SITO” ( D.E.P.)
Onte día 7 de Agosto, falecía en Pontevedra, José Luis Argibay García, aos 61 anos de idade. Tamborilero coñecido por “Sito”, e que fixo toda a súa traxectoria musical -de 42 anos – nos grupos “Duos Pontes” e “Marmurios de Leucoiña”, dos que é compoñente fundador.
Na súa dilatada traxectoria musical, que compaxinou con diferentes actividades profesionais, fixo sempre gala dun gran corazón, sinxelo trato, gran simpatía e retranca, que lle acompañaron ata os últimos momentos.
Representou a Galicia en diversos escenarios nacionais e internacionais, intervindo en moitos programas de televisión. Colaborou na divulgación do “toque pechado”; e na recuperación de moitas festas tradicionais, que hoxe gozan de gran prestixio. Participou como percusionista na gravación do disco homenaxe a Ricardo Portela , no disco “Festas en Poio” e en moitas gravacións didácticas e de base musical para grupos de baile (a moitos os acompañou nas súas actuacións).
Deixa un grato recordo, e unha gran familia da que gozaba e á que facía gozar cando as súas obrigacións profesionais permitíanllo. Á súa muller Rosa, ás súas fillas Rosa María e Jessica, ás súas netas, irmáns e demais familia, acompañámoslles no sentimento.
O funeral celebrarase hoxe martes, ás 16:00 horas, na Igrexa de Santiaguiño do barrio do Burgo (Pontevedra).
Dende a AGG compartimos a dor e lamentamos fondamente o pasamento de Sito. DEP.
XXIV edición do Memorial Ricardo Portela.
Xa tes plan para os días 14, 15 e 16 de xullo?? Pois apunta a data porque promete!! esa fin de semana tes unha cita coa XXIV edición do Memorial #RicardoPortela.
Nas inmediacións da praza da Ferrería de Pontevedra, contaremos durante os tres días coa #mostra de instrumentos de #musicatradicional, con #pasarrúas que encherán a #BoaVila co característico estilo interpretativo do Mestre Portela, a homenaxe a Concha de Luneda e tamén poderás gozar cos concertos de #Lagharteiras, #XistradeCoruxo e #OsFolieiros!!! Todo esto, nunha fin de semana que coma cada ano acolle o Memorial Ricardo Portela que organizamos a Asociación de Gaiteirxs Galegxs - AGG en colaboración co Concello de Pontevedra. Esperámoste!!!
#MemorialRicardoPortela #ConcelloDePontevedra #Pontevedra #instrumentostradicionais #gaiteirosgalegos #agg
A TRADESCOLA ORGANIZA DOUS NOVOS CONCERTOS DIDÁCTICOS DE MÚSICA TRADICIONAL PARA ESCOLARES DE LUGO.
A Tradescola, escola de música ebaile tradicional galego que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, realizará mañá unha nova actividade de promoción e difusión da música e do baile tradicional. Concretamente, achegarase ata os CEIP As Gándaras e CEIP A Ponte de Lugo, para impartir dous concertos didácticos de música tradicional para escolares. Con estas xornadas, que contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, a Tradescola pretende achegar á comunidade escolar a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico a través dos concertos impartidos nos distintos centros.
Realizaranse dous concertos didácticos, que estarán impartidos polos mestres da Tradescola, Bruno Villamor, Germán Díaz, Roberto Rodríguez, Míguel Anxo López, Alberte Núñez e Jose Manuel López no que lles amosarán aos alumn@s distintos instrumentos, ritmos, e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.
Dende a Tradescola trabállase a reo para poder transmitir os coñecementos das nosas tradicións da mellor maneira posible ás novas xeracións, para que saiban conservalos, respectalos e poñelos en valor.
“Sons de Maio para Francisco Fernández del Riego” ciclo de actuacións diante da Deputación de Lugo das aulas de música e baile tradicional da Tradescola.
A vindeira semana iniciarase o ciclo “Sons de Maio para Francisco Fernández del Riego” con actuacións diante da Deputación de Lugo das aulas de música e baile tradicional da Tradescola.
Aproveitando a celebración das Letras Galegas adicadas a Francisco Fernández del Riego, a Tradescola ofrecerá distintas audicións na praza de San Marcos (Lugo) nos vindeiros días. Esta nova actividade de difusión e promoción da nosa música, o noso canto e o noso baile tradicional conta coa colaboración da área de Cultura da Deputación de Lugo (Vicepresidencia).
Con estos concertos, a Tradescola quere sumarse ós distintos actos en homenaxe a Francisco Fernández del Riego no día das nosas letras, e nos mesmos, poderemos gozar de numeroso repertorio tradicional, interpretado por alumn@s e mestres da Tradescola onde non faltarán gaitas, zanfonas, percusións, acordeóns, cantareir@s e por suposto bailadores e bailadoras. Esperámosvos!!
Máis artigos...
- Concerto didáctico da Tradescola en Antas de Ulla
- Hoxe é un día de moita tristura para o mundo da música tradicional; no colectivo da AGG estamos de loito por ter que despedir a Alejo Pacín Jul
- A Tradescola celebrará os maios cos seus alumnos na Praza Maior de Lugo!
- 25 Xantar gaiteiro. Homenaxe a Xosé Casal
Páxina 5 de 528