Varios
Finalistas do X Certame de Debuxo para escolares organizado pola Tradescola
Xa temos os finalistas do X Certame de Debuxo para escolares organizado pola Tradescola. Nesta edición participaron mais de 250 debuxos realizados polas nenas e nenos de primeiro, segundo e terceiro curso de primaria dos centros de ensino da Provincia de Lugo que ademais dunhas grandes dotes artísticas tamén nos amosaron os seus amplos coñecementos sobre a nosa música.
Esta iniciativa organizada pola Tradescola en colaboración coa Área de Cultura da Deputación e que acadou este ano a súa décima edición, ten a finalidade de potenciar e difundir entre os máis pequenos a música tradicional galega, e axudar a que coñezan os nosos instrumentos e o noso baile tradicional
A todos @s participantes queremos darlles os parabéns polos fantásticos debuxos que nos achegaron, e en especial aos 10 finalistas que recibirán como agasallo un lote de material didáctico relacionado coa nosa música tradicional!!!!!!
Os finalistas son:
Gael Varela Aguiar – CEIP “Xose Luis Taboada” – A Barrela – Carballedo – 8 anos
Goiás Pensado Rodríguez – CEIP Illa Verde de Lugo – 6 anos
Erea Bueno Parada – CEIP Rosalía de Castro de Lugo – 6 anos
Javier Echevarría Posada – CEIP O Cantel – Foz- 9 anos
Alicia Peinó González - CEIP Península da Paz – San Cibrao – Cervo – 7 anos
Carla Rouco Marqués – CEIP Laverde Ruiz – Outeiro de Rei – 7 anos
Lara Pérez López _ CEIP A Ponte – Lugo – 6 anos
Edahi Blanco Martínez – CEIP Plurilingüe A Pontenova – 8 anos
Aroa Fernández Barreiro - CEIP Laverde Ruiz – Outeiro de Rei – 6 anos
Pablo Fórneas Abuín – CEIP Anexa – Lugo – 8 anos
E o debuxo gañador do X Certame de debuxo da Tradescola, foi o de:
Aroa Fernández Barreiro - CEIP Laverde Ruiz – Outeiro de Rei – 6 anos
que entre outros agasallos disfrutará cos seus compañeiros dun concerto didáctico de música tradicional da Tradescola no seu centro educativo.!!!!
Dende a Tradescola poñerémonos en contacto con todas e todos os finalistas para concretar a entrega dos agasallos.
Dende a Tradescola queremos darlles os parabéns a todas e todos os participantes e moitas grazas por participar. Neste enlace podedes ver os debuxos finalistas desta edición:
Xa está todo preparado para a V edición do Encontro Tradición en Feminino
A AGG organiza, ao abeiro das subvencións para actividades culturais da Deputación da Coruña e coa colaboración da rede de Centros Socioculturais do Concello de Santiago de Compostela, a quinta edición do encontro Tradición en Feminino, con relatorios, un obradoiro e un coloquio nos que se seguiremos poñendo en valor o papel da muller no eido da música tradicional galega.
PROGRAMA:
10.45 – Apertura
11.00 – Relatorio “O traballo de Dorothé Schubarth no Museo do Pobo Galego”. Concha Losada
11.45 – Descanso
12.00 - Obradoiro “Guías para o uso do ‘Cancioneiro popular galego’ de Dorothé Schubarth”. Sergio de la Ossa
13.30 – Xantar
16.30 – Coloquio “Dúas olladas feministas ao arquivo da oralidade musical galega” con Beatriz Busto e Xulia Feixoo
17.15 – Descanso
17.30 – Relatorio - concerto “A creación artística a través das gravacións de campo: o tránsito destas melodías ao contexto escénico”. Anaïs Barbier
A participación nas mesmas será de balde, previa reserva e ata completar aforo, tendo preferencia @s soci@s da AGG, que disporán ata o martes día 14 de novembro para inscribirse, e a partir desa data as prazas dispoñibles cubriranse por orde de inscripción.
DATA E LOCALIZACIÓN: Domingo 19 de novembro. No Centro Sociocultural do Castiñeiriño (Santiago de Compostela).
INFORMACIÓN PARA INSCIPCIÓNS: Deberán facerse nos teléfonos 986847074 ou 661637696 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando nome, apelidos un teléfono de contacto e mail.
A AGG organiza unhas xornadas de percusión tradicional centradas no charrasco
A AGG organiza o vindeiro domingo 12 de novembro, en colaboración coa área de cultura da Deputación da Coruña e o Concello de Vedra, unhas Xornadas adicadas á percusión tradicional, que nesta ocasión estarán centradas no charrasco. Durante a o desenvolvemento das mesmas, poderas aprender a construír o teu propio charrasco da man do artesán Xosé Tunhas, asistir a unha conversa sobre este instrumento con Santi Otero, Suso Vaamonde, Xosé Tunhas e a intervención a través dun pequeno vídeo de Antón Corral, no coloquio guiado por Ramón Dopico e xa na quenda da tarde aprenderás a técnica básica de como tocar este instrumento.
PROGRAMA:
10.50 – Apertura
11.00 – Obradoiro “Constrúe o teu propio charrasco”. Xosé Tunhas
13.30 - Xantar
16.30 - Coloquio “Conversas sobre o charrasco”. Con Santi Otero, Suso Vaamonde e Xosé Tunhas, e a intervención a través dun pequeno vídeo de Antón Corral. Modera Ramón Dopico
18.30 – Obradoiro de técnica básica de charrasco. Suso Vaamonde
LUGAR: Centro Sociocultural de Vedra
DATA: Domingo 12 de novembro de 2023
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS (*): Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail (Prazo de inscricións preferente para socios da AGG ata o domingo 29. Despois desa data, abriranse ao público en xeral).
A asistencia é de balde previa inscrición. Prazas limitadas!
A AGG organiza unha nova edición das Xornadas de gaita
A gaita na emigración, os lugares e as músicas de Rosalía ou o gaita no ensino regrado serán os temas protagonistas dunhas novas xornadas culturais organizadas pola Asociación de Gaiteiras Galegas (AGG) ao abeiro das axudas para actividades culturais da Deputación de A Coruña, e coa participación da Casa de Rosalía.
A AGG organiza o vindeiro domingo 5 de novembro, en colaboración coa área de cultura da Deputación de A Coruña e coa participación da Casa de Rosalía, a cuarta edición das Xornadas de gaita, cun relatorio de investigación sobre a gaita na emigración, un roteiro músico-literario e unha mesa redonda. Nesta edición, contaremos co músico e investigador Chema Cebeiro, quen nos achegará á gaita e os seus intérpretes nos tempos da emigración no relatorio "Unha gaita na maleta". Tamén contaremos con Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía, con quen percorreremos, na compañía do grupo Airiños da Casa da Matanza, os camiños e roteiros rosalianos nun roteiro músico-literario pola vila de Padrón. E para pechar, será tempo para o debate, ¿cales son as cuestións arredor do ensino da gaita nos estudos regrados? Xaime Estévez, Rebeca Carrera, Marina Vigo e Xiana Teixeiro contarannos as súas impresións sobre como é o ensino da gaita nos conservatorios galegos, nun coloquio moderado por Julio Alonso.
PROGRAMA:
10.45 – Apertura
11.00 – Relatorio : “Unha gaita na maleta”. Chema Cebeiro
11.50 Quenda de preguntas
12.15 – Roteiro músico-literario “Camiños e roteiros rosalianos en Padrón”. Anxo Angueira e os Airiños da Casa da Matanza - *Saída dende a Casa de Rosalía
14.00 – Xantar
16.30 – Mesa redonda “A gaita no ensino regrado”. Interveñen: Xaime Estévez, Rebeca Carrera, Marina Vigo e Xiana Teixeiro. Modera Julio Alonso
LUGAR: Casa de Rosalía (A Matanza, s/n. Padrón)
DATA: Domingo 5 de novembro de 2023
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS (*): Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail.
(*) A participación nas xornadas será de balde, previa reserva e ata completar aforo, tendo preferencia @s soci@s da AGG.
Para máis información: AGG – 986 847 074 / Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
"Gaiteiros ao Piano", 18 pezas de mestres de gaita galega para piano elemental, novo traballo editado por Xaime Estévez
Proximamente verá a luz un novo traballo, un álbum de pezas para piano "Gaiteiros ao Piano", editado por Xaime Estévez. Unha obra que pretende difundir o repertorio tradicional, a gaita galega e a compositores e compositoras de referencia dun xeito diferente a través da literatura pianística pedagóxica inicial.
Podes ler o limiar e atopar mais información sobre @s gaiteir@s e as obras que recolle o traballo no seguinte enlace: http://educafolk.blogspot.com/2023/09/gaiteiros-ao-piano.html
E se queres pedir máis información ou reservar un exemplar -xa que non vai ser unha edición comercial- ou inclusive solicitar unha presentación do traballo, podes enviarlle un mail ao autor a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Xaime Estévez
Profesor de música, Catedrático de Secundaria e Doutor en Ciencias da Educación especializado na música galega. Dende o ano 1983 impartiu clases e foi directivo en conservatorios, escolas de música, ensino secundario, universidade e centros culturais, en canto á gaita galega dende a data aludida imparte clases e publicou dúas metodoloxías para nenos e adultos. É membro da xunta directiva da AGG e forma parte activa de grupos como Os Terribles de Donas, banda de gaitas Raigames de Vigo ou Coro Galego e Son do Abrente de Mos, ten colaborado en máis de 20 discos da música galega. Na actualidade tamén forma parte do Consello Técnico Asesor do Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega.
Máis artigos...
Páxina 3 de 528