Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios

Varios

O entroido será o protagonista do vindeiro Recuncho da Palleta

26.02.22

lume na palleira okEste domingo, na sección o "Recuncho da Palleta" do "Lume na Palleira", conducido por Emilio Españadero, contaremos con Gustavo Couto que nos falará sobre o entroido.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

   

A Tradescola achegarase ata o concello de Pol para impartir unha nova xornada de música tradicional para escolares.

22.02.22

cartaz cdtrad_rosaliadecastro_web - pqA Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, retoma de novo as súas actividades de promoción e difusión da música e do baile tradicional na provincia. Concretamente, mañá mércores 23 de febreiro achegarase ata o concello de Pol, concretamente ao CEIP Rosalía de Castro para impartir unha nova xornada de música tradicional para escolares. Con estas xornadas, que contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, a Tradescola pretende achegar á comunidade escolar a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico a través dos concertos impartidos nos distintos centros.

Realizarase un concerto didáctico, que estará impartido polos mestres da Tradescola, Roberto Rodríguez, Miguel Anxo López. Alberto Núñez e Jose Manuel López: No concerto amosaránselle aos alumn@s distintos instrumentos, ritmos, e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.

Os concertos didácticos realizaranse no exterior e cumprindo todas as medidas fronte á Covid 19.

   

Xa chega o Entroido á Tradescola!!!!

21.02.22

cartaz trad_entroido2022 - pqXa temos ganas de Entroido e na Tradescola, escola de música e baile tradicional galego que xestiona a Asociación de Gaiteiras Galegas na cidade de Lugo, e queremos celebralo cunha nova actividade de difusión e promoción da cultura tradicional propia destas datas!!

Hoxe martes día 22 de febreiro darémoslle a benvida ao entroido cun Folión que partirá do CENTRAD ás 17.00 h. e onde todos os alumnos e alumnas que queiran participar irán marcando os ritmos característicos do Folión. Faranse paradas en distintas rúas e prazas da cidade ata chegar á Praza Maior e realizaranse pequenas intervencións con bailes e cantos típicos do entroido.

Quen queira participar no Folión pode traer bombos, chocas, ou “ferramenta” (sachos, cunchas, latas… o que faga ruido) e acompañar cos toques no Folión. Animádevos a acompañarnos!!!

   

Terceiro volume da colección "Pezas Guapas para Gaita, para Zanfona e Acordeón" no recuncho desta semana

18.02.22

lume na palleira okEste domingo, na sección o "Recuncho da Palleta" do "Lume na Palleira", conducido por Emilio Españadero, contaremos con Xaime Estévez entrevistando a Xosé Manuel Fernández, que nos presentará o terceiro volume da súa colección "Pezas Guapas Para Gaita, Para Zanfona E Acordeón". Nesta ocasión ofrecéndonos rumbas, polkas, mazurkas, foxtrots, habaneras, milonga e tango.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

   

No vindeiro Recuncho da Palleta, falaremos sobre o vira

11.02.22

 

lume na palleira okEste domingo, na sección o "Recuncho da Palleta" do "Lume na Palleira", conducido por Emilio Españadero, contaremos con Gustavo Couto que nos falará sobre o Vira.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

   

No vindeiro Recuncho da Palleta, falaremos do Maneo.

04.02.22

lume na palleira okEste domingo, na sección o "Recuncho da Palleta" do "Lume na Palleira", conducido por Emilio Españadero, contaremos con Gustavo Couto que nos falará sobre o maneo.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

   

Alborada para Rosalía de Castro

04.02.22

cartelalborada2022-1 web2

Dende a Asociación de Gaiteiros e Gaiteiras Galegas e a Fundación Rosalía volvemos a organizar a Alborada para Rosalía de Castro, para o que facemos un chamamento a tódolas gaiteiras, gaiteiros, pandeireteiras, pandeireteiros, cantadoras, cantadores, bailadoras, bailadores,... e ó mundo da música tradicional en xeral, a dar unha Alborada de honra o Día de Rosalía neste 23 de febreiro tan especial, xa que será este ano o primeiro que se celebrará nesta data, despois de que o pasado 18 de xaneiro representantes de institucións culturais e educativas tomaran a decisión de mudar o Día de Rosalía ao 23 de febreiro logo do recente descubrimento por parte da investigadora Sagrario Abelleira que corrixe a data de nacemento da autora. (https://rosalia.gal/o-dia-de-rosalia-pasa-a-celebrarse-o-23-de-febreiro/ )

Este ano, ao igual que o pasado, non poderemos celebralo como nos gustaría, mais sí poderemos saír tocar ás rúas, camiños, prazas, lugares simbólicos,… e desfrutar o Día de Rosalía coa alegría da música, coa esperanza da Alborada. Como di o manifesto “a meniña gaiteira de Rosalía saudaba o renacer de Galicia a unha nova idade. Saudemos con ela e coa súa Alborada que estamos nun tempo tamén de renacenza, celebremos que o millo medra e que cantan os paxaros ledos do novo día”. 

Como participar?

Grava un vídeo botando unha peza na honra de Rosalía (pode ser a Alborada de Rosalía ou outra que ti elixas), e logo compárteo nas redes sociais, entre o venres 18 e o día 23, co cancelo #AlboradaparaRosalía e etiquétanos a AGG (@aggtradiciongalega) e a Casa de Rosalía (@FundacionRosalia). Entra no mapa (https://rosalia.gal/que-facemos/proxectos/alaboradas-a-rosalia/ ) e coloca a túa localización. Se queres, tamén nolo podes contar por whatsapp ao tlf. 626705708  ou correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

O día 23 compartiremos os teus vídeos para inundar as redes en homenaxe a Rosalía. 

Dúbidas? Mándanos un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Onde descargar a Alborada de Rosalía?

Letra:  https://rosalia.gal/wp-content/uploads/2013/02/LetraAlborada.pdf

Partitura: https://rosalia.gal/wp-content/uploads/2013/02/PartituraAlborada.pdf

Manifesto: https://rosalia.gal/wp-content/uploads/2022/02/manifesto-alborada-2022.pdf

Anímate a participar e a difundir esta actividade para conseguir que non quede ningún recuncho de terra sen o son da nosa música na honra de Rosalía.

Viva Rosalía! Avante a Alborada!

   

Presentación do libro-disco "Concha Do Canizo - Este Pandeiro Que Toco..." no vindeiro Recuncho da Palleta

28.01.22

 

lume na palleira okEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Guillerme Inácio Costa e unha entrevista a Xulia Feixoo na que nos presentará o seu novo libro-disco "Concha Do Canizo - Este Pandeiro Que Toco..."

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas

 

 

   

Novo ciclo adicado á "Santa Gaita" no Recuncho da Palleta

21.01.22

lume na palleira okEste domingo, na sección o "Recuncho da Palleta" do "Lume na Palleira", conducido por Emilio Españadero, contaremos con Xaime Estévez que nos trae un novo ciclo adicado á "Santa Gaita".

O repertorio da música tradicional, e particularmente o da gaita galega, está moi vencellado ás festas, a maioría no santoral. Moitos temas son pois coñecidos co título do santo ou santa correspondente que pode ter ademáis unha ubicación concreta e singular. Con este fío condutor é posible facer unha especie de cancioneiro da gaita que podemos bautizar como "santa gaita" e que demostra moi ben isto do que estamos a falar. Este tipo de denominacións dan por si mesmas unha información valiosa sobre a peza xa que achéganos seguramente ao contexto da inspiración orixinal e quizais á súa primeira utilización e ubicación. Un motivo interesante para organizar un repertorio da música tradicional lembrando as músicas das festas que as provocaron. Encetaremos polos santos do inverno elixindo aos máis salientables para a nosa intención: San Amaro, San Vicente, San Antonio e San Brais serán os primeiros convidados e Treixadura, Areeiras de Catoria, Terribles de Arousa, Irmandade galega de Venezuela e Abóbriga serán os grupos encargados de ilustrar sonoramente este primeiro capítulo con outras tantas pezas gravadas con esas dedicatorias.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas

   

As danzas infantís no Recuncho da Palleta

14.01.22

lume na palleira okEste domingo, na sección o "Recuncho da Palleta" do "Lume na Palleira", conducido por Emilio Españadero, contaremos con Gustavo Couto que nos achegará a diversas danzas infantís.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

   

Páxina 9 de 265