Varios
A TRADESCOLA ORGANIZA NOVOS CONCERTOS DIDÁCTICOS DE MÚSICA TRADICIONAL PARA ESCOLARES DE OUTEIRO DE REI
28.05.18
O vindeiro día 30 de maio ás 12.00 horas e ás 12.30 horas terán lugar dous novos concertos didácticos de música tradicional a cargo da Tradescola en Outeiro de Rei, concretamente para os alumn@s do CEIP LAVERDE RUIZ e neles farase un percorrido polos distintos instrumentos e formacións musicais que protagonizaron a historia da música galega nos últimos séculos. Neste concerto amosaranse os distintos ritmos, formacións e instrumentos protagonistas da música tradicional e popular galega, como gaita, zanfona, tambor, bombo, pandeireta e outros instrumentos non tan coñecidos polos alumn@s.
Este concerto didáctico estará guiado por mestres da Tradescola, Carme López Fdez., Miguel Anxo López Buján (Chino), Jose Manuel López(Josele).
No vindeiro Recuncho Da Palleta terá lugar a presentación do disco "As Cantigas De Elena"
25.05.18
No vindeiro Recuncho Da Palleta contaremos con Xaime Estévez, e terá lugar a presentación do disco "As Cantigas De Elena" do que se sortearán 3 exemplares.https://www.facebook.com/ascantigasdeelena/
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
E lembrade que nas madrugadas de luns a martes (de 01:00h a 02:00h), na Radio Galega, tedes unha cita coas "Escolmas Musicais" de Lume Na Palleira.
Obradoiros de verán para nen@s na Tradescola
25.05.18
A TRADESCOLA organiza para os vindeiros meses de verán OBRADOIROS DE MÚSICA, BAILE E XOGOS TRADICIONAIS PARA NEN@S.
Se tes entre 4 e 12 anos e queres pasalo ben este verán, non te perdas os talleres que se impartirán dende o día 25 DE XUÑO na Tradescola!!!
Duración dos talleres: do 25 de xuño ao 7 de setembro. (Posibilidades de matrícula por semana)
Horario de 9.00 a 14.00 horas
Lugar:Tradescola (Rúa Pintor Corredoira Nº4 - Lugo)
Grupos:
De 4 a 7 anos (máximo 10 prazas)
De 8 a 12 anos (máximo 10 prazas)
(mínimo 5 prazas/grupo)
Prezo por semana 45€!!!!!
Podes solicitar máis información e facer a túa matrícula durante o mes de xuño nos locais da Tradescola (Centro Lug 2 - Rúa Pintor Corredoira Nº4 - Lugo ) en horario de 9.00 a 14.00 horas, chamando ó teléfono 982229966 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Prazas limitadas por orde de matrícula ¡!
Esperámoste!!!!!!!!
Obradoiro sobre programas informáticos aplicados á música tradicional na Tradescola
24.05.18
A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, organiza o domingo 3 de xuño de 11:00 a 14:00 horas, un obradoiro sobre programas informáticos aplicados á música tradicional (Musescore Software libre) guiado pola músico e mestra da Tradescola Mª Carmen Saborido (Menchu)
Este obradoiro está dirixido a todas as persoas que desexen iniciarse na edición de partituras mediante o uso dun programa de software libre como é o Musescore.
Tratarase:
Descarga e instalación do programa Musescore.
Coñecemento xeral do programa.
Creación de partituras.
Modificación de partituras.
O midi e o pdf.
¡Aberto prazo de inscrición!
A inscripción é gratuíta e as prazas son limitadas (asignaránse por rigurosa orde de matrícula). Podes anotarte chamando ao teléfono 982 229 966, enviando un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou mesmo achegandose ata a Tradescola, na rúa Pintor Corredoira, 4 de Lugo.
No vindeiro Recuncho Da Palleta contaremos coa visita dunha neta da "Cega De Callás"
18.05.18
No vindeiro Recuncho Da Palleta contaremos con Vítor Otero e coa visita dunha neta da "Cega De Callás", para falarnos sobre a súa avoa e sobre o barallete dos xingros!!!
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
E lembrade que nas madrugadas de luns a martes (de 01:00h a 02:00h), na Radio Galega, tedes unha cita coas "Escolmas Musicais" de Lume Na Palleira.
Aberta a solicitude das axudas da Deputación para asociacións culturais lucenses
18.05.18
Aberta a solicitude das axudas da Deputación para asociacións culturais lucenses. O BOP xa publicou as bases das subvencións de concorrencia competitiva para entidades sociais na provincia. Na páxina web da Deputación, www.deputacionlugo.gal, hai un banner con toda a información, así como a documentación para que as asociacións poidan concorrer a estas subvencións. Son axudas de entre 300 ata 3.000 euros para programacións de música, baile, teatro, o fomento da lingua ou a potenciación do patrimonio cultural.
http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fnot_d4_v1.jsp&;contenido=36325&tipo=8&nivel=1400&layout=p_20_contenedor1.jsp&codResi=1&language=gl&level=1
Dorothé Schubart no Museo do Pobo Galego
15.05.18
No marco do Día das Letras Galegas, o Museo do Pobo Galego acolle a presentación do libro "Os cantos do mar. Mosaicos de anacos de tempos moi remotos" de Dorothé Schubarth. Será hoxe, día 15 de maio ás 20h e nela, ademais de contar coa presenza da autora, haberá música ao vivo e lecturas de diferentes fragmentos do libro.
A musicóloga Dorothé Schubarth é coautora, xunto con Antón Santamarina, do "Cancioneiro Popular Galego", patroa honoraria do Museo e unha importante colaboradora do APOI do Museo do Pobo Galego, onde se arquiva o material de música tradicional que recompilou por Galicia.
Os cantos do mar. Mosaicos de anacos de tempos moi remotos é un libro de ficción que pretende por no seu entorno algunhas das cantigas populares galegas.
O Pelogato 24 no vindeiro Recuncho da Palleta
11.05.18
No vindeiro Recuncho Da Palleta, acompañaranos Gustavo Couto, e falaremos da volta do Pelogato 24!!!
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
E lembrade que nas madrugadas de luns a martes (de 01:00h a 02:00h), na Radio Galega, tedes unha cita coas "Escolmas Musicais" de Lume Na Palleira.
“Sons de maio para Mª Victoria Moreno” - Concerto da EMuF de Betanzos e da Tradescola en Lugo
10.05.18
O vindeiro mércores 16 de maio a partir das 19:30 horas, a Praza de San Marcos de Lugo converterase nun espazo de encontro para os amantes da cultura tradicional, xa que co gallo do día das Letras Galegas, a Tradescola (Asociación de Gaiteir@s Galeg@s) e a Deputación de Lugo organizan un concerto de escolas de música tradicional onde se renderá homenaxe á escritora e profesora Mª Victoria Moreno Márquez, a quen este ano se adica o día das letras.
“Sons de maio para Mª Victoria Moreno” é un concerto no que participarán a Escola Municipal de Folclore de Betanzos (EMuF) e a Tradescola, en nel @s alumn@s e mestr@s das dúas escolas compartirán esceario para agasallar ao público presente con numerosas pezas da nosa música tradicional, onde non faltarán gaitas, acordeóns, percusións, cantareir@s, requintas, zanfonas e baile tradicional!!
Unha nova actividade de difusión da nosa música, o noso canto e o noso baile tradicional que ofrece a AGG na víspera das nosas letras!!!
Contamos con tod@s vos!!!!
A MOSTRA ‘A GAITA NA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA’ INICIA A SÚA ITINERANCIA EN VIASCÓN
10.05.18
Esta mañá o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, o presidente e vicepresidente da Asociación de Gaiteiros Galegos, Xoán Manuel Tubío e Oli Xiráldez, e a técnico de cultura do concello de Cerdedo- Cotobade, Mónica González, participaron no acto de apertura da mostra ‘A gaita na música tradicional galega’, que inicia a súa itinerancia pola provincia no concello de Cerdedo-Cotobade. A exposición poderá visitarse na Casa da Gaita, na parroquia de Viascón, ata o vindeiro 27 de maio. O deputado provincial asegurou que “quixemos iniciar o percorrido desta mostra neste lugar por ser un espazo emblemático para a gaita e para a música tradicional na nosa provincia, como é a Casa da Gaita e Viascón como berce do gran mestre gaiteiro Ricardo Portela”. Leal insistiu en que “esperamos que con esta mostra se visibilice máis a actividade que aquí se realice e que este museo sexa máis coñecido tanto entre as persoas interesadas na gaita e na música tradicional como entre o público en xeral”.
para ler a nova ao completo preme no título
Páxina 8 de 232