Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios

Varios

A Asociación A Xesteira de Couso no vindeiro Recuncho da Palleta

16.03.18

lumepalleiraNo vindeiro Recuncho Da Palleta Gustavo Couto contará coa visita da asociación A Xesteira de Couso.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

   

Pesar polo pasamento de Amado Domingo "Cubero"

14.03.18

cuberoHoxe temos que informar dunha triste nova, esta noite deixounos o facedor da voz de milleiros de gaitas galegas dos últimos case 20 anos, Amado Domingo “Cubero”. Burgalés de nacemento, sentía a gaita galega como algo propio e dedicou parte da súa vida a facer as que moitos consideran as mellores palletas.

A capela ardente permanecerá no Tanatorio Nuevo de la Encina de Ponferrada ata mañá as 17h., cando recibirá sepultura.

Dende a AGG lamentamos fondamente a súa perda.

Que a terra che sexa leve.

   

Derradeiros días para anotarse ao 23 Xantar Gaiteiro

12.03.18

23xantargaiteiro peq-1Lembra!!! o vindeiro domingo día 18 de marzo no 23 Xantar Gaiteiro achegarémonos ata a Fonsagrada e aproveitaremos a celebración para render unha merecida homenaxe a tocadores da comarca da Fonsagrada, compartindo xantar e festa con eles!!!!

Estaremos con
-Manuel Enriquez Fernández ( Nela de Bres ) -Taramundi
-Constante Fernández Castelao ( Constante de Valiña ) Carballido 
-Otilio Fernández García ( Otilio da Burela ) Carballido 
-César Fernández Fernández (César de Montixo ) Leituego 
-Desiderio Sampaio Rico ( Siderio de Vilarmide ) A Pontenova 
-Modesto Arias López ( Modesto de Murias ) Fonsagrada 
-Hilario Lombardia Rodil - Taramundi 
-Antonio Arias ( Corredoira ) Xestoso 
-Manuel Fernández Diaz ( Juano ) San Martín de Suarna 
-Antonio Fernández (Paradiñas ) Pobra de Burón
-Dositeo López Fernández (Dositeo do Fito ) San Martín de Suarna 


Ainda estás a tempo de vir !!!Data límite para a reserva: 14 de marzo.
Mais información e reservas nos teléfonos 986 84 70 74 / 982 22 99 66 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Non faltes!!!!!Esperámoste!!!

   

O 23 Xantar Gaiteiro no vindeiro Recuncho da Palleta

09.03.18

lumepalleiraNo vindeiro Recuncho Da Palleta, Vítor Otero, acompañado de por algúns convidados, falaranos do 23º Xantar Gaiteiro e da máis que merecida homenaxe que a AGG renderá ese día a tocadores da comarca da Fonsagrada.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

   

Rumboia feminista o vindeiro sábado en openradio.es

09.03.18

rumboia - copiaNa semana do 8 de marzo lanzamos unha Rumboia feminista, con música comprometida feita por mulleres. Con Guadi Galego, unha artista que procede da música tradicional e foi evoluindo co paso do tempo, e o seu tema Matriarcas e co grupo Habelas Hainas que, no seu disco Livres e Loucas fixeron esta fermosa versión do Hymne des Femmes.

Lembra escoitalo todos os sábados ás 13.00 horas en http://www.openradio.es/rumboia

   

"IX Curso de Música Tradicional Galega"na Granxa de Barreiros

09.03.18

mus-tradOs próximos días 14 e 15 de abril de 2018 celebrarase na Granxa de Barreiros o "IX Curso de Música Tradicional Galega".

O Curso está destinado a rapaces e rapazas a partir de 18 años e adultos en xeral, músicos, maestros de educación musical, profesionais da música, danza, teatro,... e ten como obxectivo mostrar unha visión completa da música tradicional galega, participando e disfrutando os alumnos dunha visión global do folclore.

Os profesores participantes son os seguintes:

Pepe Vaamonde (Gaita)

Miguel Anxo López Buján "Chino" (percusión)

Javier Feijoó "Chisco" (canto e pandeireta)

Xabier Iglesias Castro (baile)

Ademáis, o domingo 15, de 13 a 14 horas haberá un concertotitulado "As cantigas de Elena" a cargo de: María Vidal (voz),Miryam González (acordeón) e Pipo Alvariño (guitarra).

Mais info: http://www.musica.fingoi.com/index.php/es/noticias/proximos-eventos/235-ix-curso-de-musica-e-baile-tradicional

   

A AGG apoia a folga de mulleres e as nosas oficinas estarán pechadas o 8 de marzo

07.03.18

logo agg variante dia muller-01-01A AGG apoia a folga de mulleres e as nosas oficinas estarán pechadas o 8 de marzo.

espazoapoio 8m2018-1-1080x675

   

O sábado, no programa a Rumboia en Openradio escoitaremos ás Malvela

02.03.18

rumboia - copiaNo vindeio programa da Rumboia, en openradio.es falaremos do grupo Malvela Lembra escoitalo todos os sábados ás 13.00 horas en http://www.openradio.es/rumboia

As Malvela representan a voz das mulleres galegas coas súas cancións da terra. Cando estas mulleres de Sanguiñeda (Mos - Pontevedra) se xuntaron nun curso de canto impartido por Uxía Senlle, non podían imaxinar que chegarían a ser unha referencia da nosa música e que pasearían o seu ritmo e a súa alegría por teatros, festivais, verbenas e televisións. Os seus temas tradicionais e actuais, teñen un afán de irmandade con Portugal que Malvela amosou xa desde o seu primeiro disco.

   

XXIII XANTAR GAITEIRO, O 18 DE MARZO NA FONSAGRADA

23.02.18

23xantargaiteiro peq-1A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s ten o pracer de convidarte ao tradicional Xantar Gaiteiro, que nesta 23ª edición celebrarase no Concello da Fonsagrada o vindeiro 18 de marzo.

Como xa sabes, esta xuntanza ten como finalidade principal a de pasar un día agradable en compaña dos que gostamos da música tradicional, creando así un punto de encontro, de intercambio e de festa. Ademais, queremos aproveitar a celebración para render unha merecida homenaxe a tocadores da comarca da Fonsagrada.

O programa será o seguinte:

12:30h. Visita guiada ao museo etnográfico da Fonsagrada (entrada adultos 1,5 € - menores de 12 anos de balde)

13:15h.Roteiro polos bares.

14:30h. XXIII Xantar Gaiteiro no restaurante O Piñeiral ( Carretera de A Fonsagrada a Lugo LU-530 - KM 3,9 · A Fonsagrada)

16.30h. Homenaxe a tocadores da comarca da Fonsagrada.

MENÚ : 1º- Sopa de Cocido, 2º Cocido (lacon, cachola, butelo, chorizo, garbanzos, grelos e patacas), postre, viño, e café con gotas.

PREZO : 20 euros por persoa que serán entregados ao entrar.( *nen@s ata 12 anos: 10euros )

Para poder asistir ao xantar será necesario a previa inscrición. Data límite para a reserva: 14 de marzo.

Mais información e reservas nos teléfonos 986 84 70 74 / 982 22 99 66 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Non faltes!!!!!Esperámoste!!!

   

Este domingo no Recuncho da Palleta, Cristian Silva presentaranos o seu libro-disco "Manuel Ególatra Básico"

23.02.18

lumepalleiraNo vindeiro Recuncho Da Palleta, dentro do programa Lume na Palleira, Gustavo Couto estará acompañado polo gaiteiro Cristian Silva que nos presentará o seu libro-disco "Manuel Ególatra Básico", do que se sortearán 3 exemplares no programa.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

   

Páxina 7 de 226