Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios

Varios

Os "Faladoiros Arredor Do Vestir Tradicional" no vindeiro Recuncho da Palleta

11.11.22

lume na palleira okEste domingo, na sección o "Recuncho da Palleta" do "Lume na Palleira", conducido por Emilio Españadero, contaremos con Ramón Dopico e a visita da asociación Brincadeira, organizadora dos "Faladoiros Arredor Do Vestir Tradicional".
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

   

Iniciamos o ciclo "Nomes Propios" no Recuncho da Palleta

28.10.22

 

lume na palleira okEste domingo, na sección o "Recuncho da Palleta" do "Lume na Palleira", conducido por Emilio Españadero, contaremos con Xaime Estévez que nos presentará o ciclo "NOMES PROPIOS", para poñer en valor a xente que leva moitos anos dedicados á formacion no eido da música tradicional, e nesta ocasión contará con Xosé Manuel Oliveira!!!

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

   

XXIV edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas

03.10.22

domingomozas v3 - pqAsociación de Gaiteiras Galegas organiza co patrocinio da area de Cultura do Concello de LugoXXIV edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas o vindeiro domingo 9 de outubro, mostra que contará coas actuacións de 13 grupos de música tradicional galega chegados dende distintas comarcas de Galiza, que encherán da nosa música o casco vello da cidade de Lugo no día máis emblemático das festas do San Froilán.

Os Grupos participantes nesta edición son: Aires do Coutado, Airiños do Eume, Candaira, o Cegho de Matamá e Aldariña de Candeán, Gargallada, Os Monifates, a Murga Cidade de Antioquía, as Pandeireteiras de Cantigas e Agarimos, Os Fondãos do Pífaro, Os Zanfoneiros da Tradescola, Seimeira, a Música de Cecebre e Cinco en Zocas!!!

Pola mañá os grupos sairán dende a Mosqueira ás 11.30 horas e tocarán polas distintas rúas  e prazas do centro urbán amurallado, ata as 13:30h. horas.

Nese momento, e tamén dentro da programación da XXIV edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, dará comezo na Praza de Santa María, o Concerto de A Música de Cecebre (13.30 horas)!!!

Pola tarde repetiranse as actuacións de rúa a partir das 17.00 horas, para logo rematar ás 18.30 horas, e a esa hora, para rematar a mostra, poderemos desfrutar tamén na Praza de Santa María do Concerto de Cinco en Zocas (18.30 horas)!!!

Esta mostra, na que a Asociación de Gaiteiras Galegas  xunta ano tras ano aos mellores grupos de música tradicional de Galicia, ten como finalidade a exaltación da música tradicional galega servindo como medio de difusión para que a nosa música chegue ao maior número de xente posible. É a única mostra deste tipo que se fai nunhas festas patronais e consegue que Lugo sexa referencia en toda Galicia, pois demostra que a nosa música tradicional pode ser a protagonista da festa na rúa.

Esperámoste en Lugo o vindeiro domingo día 9 de outubro para desfrutar coa nosa música tradicional !!!!

   

A TRADESCOLA ABRE O PRAZO DE MATRÍCULA PARA AS AULAS DE MÚSICA, CANTO E BAILE TRADICIONAL O DÍA 5 DE SETEMBRO

01.09.22

trad iniciocurso_2022-2023 - copia2A Tradescola abre o 5 de setembro o prazo de matrícula para o vindeiro curso nas aulas de gaita, zanfona, acordeón, acordeón diatónico, baile tradicional, canto e pandeireta, pandeira, percusión, requinta, e linguaxe musical ademais de aulas específicas para os máis pequenos.

A TRADESCOLA,  o centro de ensino da música, do canto e do baile tradicional galego xestionado pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en Lugo conta no seu equipo docente con 9 dos mellores mestres no eido da música e do baile tradicional, os mestres e mestras implicados no proxecto educativo da Tradescola son: Alberte Núñez(aulas de acordeón e acordeón diatónico)Bruno Villamor (aulas de gaita e requinta), Lucía Eiros (aulas de linguaxe musical), Xabier Iglesias (aulas de baile tradicional e de iniciación á música e o baile tradicional para nen@s), Jose Manuel López (aulas de gaita), Branca Villares( aulas de canto e pandeireta e pandeira), Roberto Rodríguez (aulas de canto e pandeireta), Germán Díaz (aulas de zanfona) e Miguel Anxo López Buján (aulas de percusión tradicional).

As aulas impartiranse nos locais do Centro Lug 2 e nos locais do Centrad de Lugo.

A matrícula permanecerá aberta en horario de 11.30 a 13.30 e de 16.30 a 19.00 horas ata o 16 de setembro nos seus locais na Rúa Pintor Corredoira nº 4 de Lugo.(Centro Lug2) ou no teléfono 982229966.

Se tes algunha consulta, ponte en contacto con nos no teléfono 982229966 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  

ESPERÁMOSTE!!!!

   

Xa están a venda as rifas para o sorteo de instrumentos da mostra de Pardiñas 2022

04.07.22

rifas pardias 22Xa están a venda as rifas para o sorteo de instrumentos de música tradicional AGG - XXIX Mostra de intrumentos de música tradicional Pardiñas 2022 que se celebrará os días 6 e 7 de agosto en Pardiñas, Guitiriz , Lugo.

Os instrumentos que se sortean este ano son: 

Unha gaita de buxo, e un lote de dous punteiros de fabricación aditiva (impresión 3D) (en tonalidades Do e Sol).

Serán froito, a gaita: do traballo colaborativo de "Os canallas", (Alberto Pires, Oli Xiráldez, Benito Queimaliños, Afonso Castro, Patricia González ) que de novo se volven a poñer mans a obra para crear este instrumento único para a ocasión, e o lote de dous punteiros de fabricación aditiva que é unha doazón do obradoiro de Suso Gestal.

Premiazos!!! Non pérdala túa oportunidade de conseguir un destes instrumentos!!!

Para adquirir a túa rifa podes poñerte en contacto con nós nos teléfonos 986.847.074 / 982.229.966 ou a través do mail  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

BASES SORTEO-RIFA XXIX MOSTRA DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS - AGG - PARDIÑAS 2022 (preme no título da nova)

   

Festival Fin de Curso da Tradescola!!

20.06.22

concerto festivalfincurso_webO vindeiro mercores 22 de Xuño a partir das 19.00 h, celebraremos o fin de curso da Tradescola cun concerto de música e baile tradicional que terá lugar no Auditorio municipal Gustavo Freire de Lugo. Actuarán alumn@s dos grupos de adultos da Tradescola acompañados polos seus mestres.
Esperámosvos a tod@s  para disfrutar da nosa cultura tradicional!!! Non faltedes!!! Entrada libre!! #tradescola #agg #findecursodatradescola #musicaebailetradicional

   

No vindeiro Recuncho da Palleta lembraremos a Rosa de Moscoso

17.06.22

lume na palleira okEste domingo, na sección o "Recuncho da Palleta" do "Lume na Palleira", conducido por Emilio Españadero, contaremos con Carme López, e con ela lembraremos a Rosa de Moscoso, moi importante e querida transmisora falecida recentemente. Contaremos ademais, para esa sentida homenaxe, coa participación do compañeiro Rodrigo Cuevas.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

   

Fin de curso Infantil e Xuvenil da Tradescola

14.06.22


cartaz O vindeiro xoves 16 de Xuño a partir das 17.30 h, celebraremos o primeiro dos finais de curso da Tradescola cun concerto de música e baile tradicional que terá lugar no Fondo da Praza Maior de Lugo ( se chove será no Soto da Praza de Abastos de Lugo). Nesta actividade, que conta coa colaboración da Area de Cultura do Concello de Lugo, actuarán alumn@s dos grupos infantiles e xuveniles da Tradescola acompañados polos seus mestres.

Esperámosvos a tod@s para disfrutar da nosa cultura tradicional!!! Non faltedes!!!

   

Pesar polo falecemento de Rosa Garrido, mestra cantadeira de Moscoso (Pazos de Borbén)

10.06.22

rosa e aida de moscoxo-tempo de recolleita 2007Dende a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s queremos manifestar o noso pesar polo pasamento de Rosa Garrido Casqueiro, “Rosa de Moscoso”, figura referencial no canto tradicional galego.

Muller de grande memoria e impresionante voz, exerceu de mestra xenerosa xunto coa súa irmá máis vella, Aida, quen tamén era unha gran pandeireteira. Pola súa casa en Moscoso (Pazos de Borbén-PO), pasaron dende os anos noventa un gran número de compiladores e compiladoras da tradición oral galega. 

Participa soa ou coa súa irmá Aida numerosas veces no programa Luar da TVG, e ambas son protagonistas dun dos primeiros episodios do Alalá, emitido en marzo do 2006. No 2008 estréase o documental Tempo de Recolleita de Félix Blume, no que Rosa comparte protagonismo con compiladores da tradición coma Miro Regueira ou Xurxo Fernandes, e informantes emblemáticas coma Matilde Castro e José Rama de Limiñoa, ou as pandeireteiras belgas Ialma. Son precisamente as Ialma as que convidan a Rosa e a Aida a cantar nese mesmo ano 2008 no Teatro Moliére de Bruxelas. 

Moitas das Escolas de Música Tradicional do noso país ensinan a día de hoxe o repertorio legado por Rosa e por Aida de Moscoso, e grupos coma Ardentía, Davide Salvado, Caldo ou Xabier Díaz teñen empregado repertorio delas nas súas gravacións. A propia voz de Rosa aparece nun corte do proxecto Músicas para Ovay, que o músico coruñés Xosé Lois Romero fixo para este proxecto do bailador Quique Peón. 

Podedes saber máis cousas de Rosa e de Aida no programa Alalá do que foron protagonistas acompañadas tamén do compilador e músico Xisco Feijoo, Alalá nº 5 "Rosa de Moscoso" - TVG - YouTube 

Tamén a podedes escoitar cantar no Soundcloud de Tempo da Recolleita: Stream música de Tempo Da Recolleita | Ouça a músicas, álbuns, playlists gratuitamente online no SoundCloud 

Rosa de Moscoso, un referente do canto tradicional galego, sempre con nós.

Foto: Félix Blume (do documental Tempo da Recolleita)

   

Segunda entrega de "Santa Gaita" no Recuncho da Palleta

10.06.22

lume na palleira okEste domingo, na sección o "Recuncho da Palleta" do "Lume na Palleira", conducido por Emilio Españadero, contaremos con Xaime Estévez que nos traerá a segunda entrega de "Santa Gaita", nesta ocasión centrada nos "Santos de Verán".

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

   

Páxina 6 de 265