Varios
Xornadas de Portas abertas en Brincadeira (publicado o 09/09/2005)
09.09.05
Brincadeira organiza de novo unhas XORNADAS DE PORTAS ABERTASEste ano desenvolveranse os días 24 e 25 setembro, organizando os seguintes obradoiros

Xogos e Agarrados: Sábado de 11 da mañá a 2 da tarde, a cargo de Pablo Díaz, compoñente de Ruote. Que veñan todos a bailar mazurcas, polcas, valses e a enredar e divertirse con xogos cantados.
Mais información
Mencións Honoríficas do Ateneo Ferrolán 2005
23.08.05
Ferrol, a 18 de xullo de 2005Estimado Sr. :
Témolo pracer de comunicarlle o acordo tomado en Xunta Directiva, referente á Institución das Mencións Honoríficas do Ateneo Ferrolán, nas dúas modalidades de Gaita de Ouro e Gaita de Prata “Constantino Bellón” e a concesión das mesmas, motivo polo cal facémoslle chega-la comunicación e as nosas felicitacións en nome de tódolos compoñentes desta Directiva.
A imposición das citadas Mencións terá lugar no festival que se celebrará o próximo mércores día 31 de agosto, as 20 horas, no Auditorio FIMO (Punta Arnela s/n - Ferrol) na Final do XV Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”.
Mais información
Novas descargas engadidas da casete "Marcha do meu Pobo" dos Gait. da Pontevella
04.08.05

Vimos de subir ao Portal, para todos os nosos sócios, no apartado de descargas (categoria audio) a cara B da casette "Marcha do Meu Pobo" que gravaron os Gaiteiros da Ponte Vella de Ourense, no ano 1993.
Na cara A da devandita casete deixaron constáncia do seu bon facer os membros do grupo, mentres que na cara B temos unha auténtica xoia do folclore ourensán: gravacións de Francisco Villarino Ojea (Paco, gaiteiro de Escornabois). Xustamente estas gravacións son as que, co permiso da Asociación Cultural Gaiteiros da Ponte Vella, podedes descargar.
Mais información
Páxina 262 de 263